DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 21 de xullo de 2026 Páx. 40395

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 20 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2029 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300L (liña 3)).

BDNS (Identif.): 919840.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/919840

Primeiro. Persoas beneficiarias

As empresas do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia no que se desenvolva o proxecto subvencionado.

Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, agás as epígrafes 30.1 e 30.2, e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar a industria da automoción galega mediante apoios a proxectos de pemes de transformación e modernización produtiva.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 20 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2029 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300L (liña 3)).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 por un importe de 15.000.000 €, coa seguinte distribución plurianual: 100.000 € no ano 2026, 11.900.000 no ano 2027, 1.500.000 no ano 2028 e 1.500.000 no ano 2029.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto (6) día hábil posterior ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026

Aïnhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica