BDNS (Identif.): 919839.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/919839
Primeiro. Persoas beneficiarias
As empresas do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia no que se desenvolva o proxecto subvencionado. Tamén poderán ser persoas beneficiarias as agrupacións de empresas.
Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, agás as epígrafes 30.1 e 30.2, e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.
Segundo. Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar a industria da automoción galega mediante apoios a proxectos de protección do ambiente, incluída a descarbonización.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 20 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2029 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300K (liña 2)).
Cuarto. Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 por un importe de 15.000.000 €, coa seguinte distribución plurianual: 100.000 € no ano 2026, 11.900.000 no ano 2027, 1.500.000 no ano 2028 e 1.500.000 no ano 2029.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto (6) día hábil posterior ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026
Aïnhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituo Galego de Promoción Económica
