De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: desmantelamento naval e industrial |
Procedemento: autorización ambiental integrada |
|
Titular: Brokenboats, S.L. |
Número de rexistro AAI: 2024-IPPC-151-390 |
|
Concello: Cee (A Coruña) |
Expediente: 2024-IPPC-I-151 |
Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
