DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 21 de xullo de 2026 Páx. 40420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 7 de xullo de 2026, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00380-O-2026 e dous máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra nos expedientes sancionadores número PO-00380-O-2026 e dous máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra, sito no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 7 de xullo de 2026

Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00380-O-2026

9660-FNB

76987548Q

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
26.2.2026; 10.46.00; N-556; 7,9

Artigo 141.25 en relación 140.1 LOTT

Artigo 143.1.k) en relación letra f LOTT

801 euros

PO-00954-O-2026

2122-BJL

Z1589325F

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %
27.4.2026; 09.26.00; AP-9; 128,2

Artigo 140.23 LOTT Artigo 197.26 ROTT

Artigo 143.1.c) LOTT Artigo 201.h) ROTT Artigo 143.1 LOTT

2.001 euros

PO-02557-O-2025

0431-JRR

52500572J

Exceso de peso superior ao 5 %
13.8.2025; 02.34.00; Porto de Marín-Lonxa; 0,0

Artigo 142.2 LOTT

Artigo 143.1.c) LOTT

301 euros