Por Resolución do 20 de febreiro de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 42, do 4 de marzo), convocouse a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos de xefe/a de grupo, persoal estatutario de xestión e servizos, de persoal de servizos xerais de atención primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e da Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencia en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicar os postos de xefe/a de grupo, persoal estatutario de xestión e servizos, de persoal de servizos xerais de atención primaria na Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, ás persoas aspirantes seleccionadas que constan no anexo.
Segundo. A persoa aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, no prazo de sete días hábiles se son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Terceiro. A persoa aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, previamente daráselle audiencia á persoa interesada.
Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pontevedra, 9 de xullo de 2026
José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
Postos
|
DNI |
Apelidos e nome |
Postos |
Denominación |
Adscrición |
|
***9965** |
Rodríguez Simal, María del Pilar |
1 |
Xefe/a de grupo Persoal Servizos Xerais |
Servizo de Atención Primaria A Parda (Pontevedra) |
|
***1248** |
Ogando Álvarez, María del Mar |
1 |
Xefe/a de grupo Persoal Servizos Xerais |
Servizo de Atención Primaria Cambados |
|
***5992** |
Fernández Castro, Rafael |
1 |
Xefe/a de grupo Persoal Servizos Xerais |
Servizo de Atención Primaria Vilagarcía de Arousa |
|
***1697** |
Sabarís Villar, María Guadalupe |
1 |
Xefe/a de grupo Persoal Servizos Xerais |
Servizo de Atención Primaria Virxe Peregrina (Pontevedra) |
(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI/NIE/pasaporte/outros para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
