Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no grupo I categoría 4, grupo II categoría 7 e grupo III categoría 2 de persoal laboral fixo da Axencia Galega de Innovación, convocados pola Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), e, unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, esta dirección
DISPÓN:
Primeiro.
1. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que son emprazadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino, de acordo coa Resolución do 18 de decembro de 2024, da Comisión de Selección designada para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I categoría 4, no grupo II categoría 7 e no grupo III categoría 2, de persoal laboral fixo, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, a súa orde de prelación e a proposta de nomeamento.
2. Non se convocan ao acto de elección de destino, ao superar o proceso de estabilización convocado pola Consellería de Facenda e Administración Pública (Resolución do 22 de decembro pola que se convoca proceso extraordinario de estabilización; DOG núm. 244, do 26 de decembro) e presentar a renuncia expresa á praza na Axencia Galega de Innovación, as seguintes persoas aspirantes: Rosa María Díaz Burgos (DNI ***0933**), Julio Fernández Garabal (DNI ***9149**), María Teresa Ortiz de Cosca Cao (DNI ***7948**) e María del Pilar Díaz Burgos (DNI ***0933**).
Así mesmo, exclúense do proceso as seguintes persoas:
– Beatriz Montero Fernández (DNI ***6421**), ao renunciar ao proceso de selección convocado pola Axencia Galega de Innovación.
– Rodrigo Díaz Castro (DNI ***0479**), ao non cumprir o requisito da base I.2.5.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes, relacionadas no anexo I, elixirán as prazas do grupo ao que acceden de conformidade co indicado nesta resolución e nas instrucións do acto de elección destino.
Terceiro. As persoas aspirantes de cada un dos grupos soamente poderán elixir os postos que figuran no anexo II para o seu grupo.
Cuarto. Convocar as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo segundo o anexo I ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, rúa Airas Nunes, s/n, Conxo-Santiago de Compostela. A data e a hora de celebración do acto de elección de destino serán publicadas na páxina web da Axencia. Non obstante, as persoas que deban participar tamén recibirán unha comunicación individual no correo electrónico que sinalaron na solicitude de participación no proceso selectivo.
Quinto. As normas de desenvolvemento do acto de elección de destino publicaranse na páxina web da Axencia Galega de Innovación.
Sexto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán elixir, en primeiro lugar, entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller posto».
No caso de «Renuncia» ao posto, a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo da Axencia no grupo ao que accede. A devandita exclusión non suporá dereito a indemnización. O seu lugar será ocupado pola seguinte persoa aspirante, consonte a orde de prelación derivada das puntuacións do proceso selectivo que figuran como anexo da Resolución do 18 de decembro de 2024, da Comisión de Selección designada para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización da Axencia Galega de Innovación.
A renuncia deberá presentala por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. No obstante o anterior, tamén poderá presentar a renuncia de xeito presencial no momento da celebración do acto de elección de destino.
No caso de «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará un dos postos correspondentes ao grupo ao que accede de acordo coas instrucións que se diten para o desenvolvemento do acto de elección de destino.
Sétimo. As persoas aspirantes que figuran na relación de aprobados deste proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021 e adquiran a condición de persoal laboral fixo da Axencia Galega de Innovación, de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán permanecer en servizo activo no grupo e categoría ao que accedan un mínimo de dous anos desde a toma de posesión, antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.
Oitavo. Ás persoas aspirantes que non se presenten ao acto de elección de destino seranlles adxudicados os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número de prelación obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os postos que quedasen sen adxudicar.
Noveno. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Dirección da Axencia Galega de Innovación (Airas Nunes, s/n, Conxo-Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Décimo. A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da dirección da Axencia e publicarase no DOG.
Tal e como se recolle no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, nos procesos de estabilización unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico.
Deste xeito, para este proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, deben terse en conta as seguintes consideracións:
1. Aspirantes que figuran na relación de aprobados do proceso convocado pola Axencia Galega de Innovación e na dos procesos selectivos convocados pola Administración xeral da Xunta de Galicia ou por outros entes instrumentais.
Se unha persoa aspirante se atopa incluída na relación de aprobados no proceso convocado pola Axencia Galega de Innovación e na dos procesos selectivos convocados pola Administración xeral da Xunta de Galicia ou por outros entes instrumentais, deberá optar exclusivamente por un deles e renunciar expresamente aos demais. A renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación de esta resolución no DOG ou de xeito presencial o día do acto de elección de destino.
2. Toma de posesión previa ou resultados pendentes noutros procesos de estabilización.
No caso de que, no momento deste acto de elección de destino, a persoa aspirante xa tomase posesión dun posto como persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo derivado da superación doutro proceso selectivo de estabilización convocado ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, tanto na Administración xeral da Xunta de Galicia como nun ente instrumental do sector público autonómico, deberá presentar a renuncia expresa e voluntaria á condición de funcionario de carreira ou, se e ó caso, persoal laboral fixo, mediante escrito presentado no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación desta resolución. En caso contrario, a persoa aspirante será excluída deste acto de elección de destino. A renuncia farase efectiva o día da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de nomeamento e adxudicación de destino definitivo.
Igualmente, se a persoa aspirante participa en varios procesos selectivos de estabilización, pero na data deste acto de elección de destino aínda non se publicasen os resultados doutros procesos en que participou, poderá realizar a elección correspondente neste acto. Agora ben, se resulta incluída posteriormente na relación de aspirantes que superaron outro proceso de estabilización, deberá optar definitivamente por un só dos postos e renunciar expresamente ao outro, sempre que non se tivese producido aínda a toma de posesión derivada deste acto. Esta renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación da nova relación de aprobados. Se xa tomou posesión dun dos postos, será de aplicación o disposto no parágrafo primeiro deste punto.
Décimo primeiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a dirección da Axencia Galega de Innovación no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que deben participar
na elección de destino
Grupo I categoría 4 (29 prazas).
|
Nº de orde de elección de destino |
Apelidos e nome |
NIF |
|
1 |
Vieito Raña, Roberto |
***3839** |
|
2 |
Castaño Torrado, Berta |
***7897** |
|
3 |
Rodríguez Couto, Raúl |
***6640** |
|
4 |
Leis Calvo, Consuelo Edelia |
***6233** |
|
5 |
Álvarez Rodríguez, Laura |
***8868** |
|
6 |
Fernández González, Manuel |
***6015** |
|
7 |
Torres Rodríguez, José Ramón |
***9518** |
|
8 |
Castelo Liñares, Verónica |
***0573** |
|
9 |
Moledo García, María Jesús |
***2284** |
|
10 |
Rohrer Sobrino, Enrique Alejandro |
***1640** |
|
11 |
Méndez Pardo, María Hortensia |
***2900** |
|
12 |
Torres Rodríguez, María Teresa |
***0687** |
|
13 |
Deus Deus, Evaristo |
***0744** |
|
14 |
Polo Prieto, Elena |
***8648** |
|
15 |
Barreiro Rodríguez, María Carmen |
***6359** |
|
16 |
Marcote Canosa, María Nieves |
***9951** |
|
17 |
Carballedo Penelas, Carlota |
***1802** |
|
18 |
Figueiras Martínez, Remedios |
***8690** |
|
19 |
López Ben, Silvia |
***9535** |
|
20 |
Barrio Blanco, Sandra |
***9368** |
|
21 |
Vaamonde Rivero, Carlos Alberto |
***9336** |
|
22 |
Domínguez Orihuela, Darío |
***9082** |
|
23 |
Vilar Blanco, Noelia |
***1382** |
|
24 |
Rey Rivas, Carmen María |
***1683** |
|
25 |
Casas Polo, Ángel |
***6954** |
|
26 |
París Lestón, Manuel María |
***8169** |
|
27 |
López Beiro, Dolores Coromoto |
***4492** |
|
28 |
Neira Barral, María |
***9994** |
|
29 |
Rodríguez Espasandín, Laura |
***9606** |
Grupo II categoría 7 (9 prazas).
|
Nº de orde de elección de destino |
Apelidos e nome |
NIF |
|
1 |
López Gutiérrez, David |
***8059** |
|
2 |
Freire Formoso, Lucía |
***3121** |
|
3 |
Suárez Bouzas, Juan Vicente |
***8834** |
|
4 |
Vázquez Castro, María Esther |
***7139** |
|
5 |
Buiturón Pose, María Vanesa |
***1980** |
|
6 |
Conde Casais, Sonia María |
***3441** |
|
7 |
Rodríguez Quiroga, Lucía |
***3738** |
|
8 |
Santomil Mosquera, David |
***1168** |
|
9 |
Vence Rosende, Manuel |
***9423** |
Grupo III categoría 2 (4 prazas).
|
Nº de orde de elección de destino |
Apelidos e nome |
NIF |
|
1 |
Fuentes Magán, Arturo |
***6166** |
|
2 |
Aspérez Montes, María del Carmen |
***3453** |
|
3 |
García García, Beatriz |
***6630** |
ANEXO II
Prazas ofertadas
|
Nº de praza |
Código |
Denominación |
Grupo/ categoría |
Centro destino |
Consellería/entidade |
Concello |
|
1 |
ED.A21.00.000.15770.201 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
2 |
ED.A21.00.000.15770.202 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
3 |
ED.A21.00.000.15770.203 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
4 |
ED.A21.00.000.15770.204 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
5 |
ED.A21.00.000.15770.205 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
6 |
ED.A21.00.000.15770.206 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
7 |
ED.A21.00.000.15770.207 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
8 |
ED.A21.00.000.15770.208 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
9 |
ED.A21.00.000.15770.209 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
10 |
ED.A21.00.000.15770.210 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
11 |
ED.A21.00.000.15770.211 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
12 |
ED.A21.00.000.15770.212 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
13 |
ED.A21.00.000.15770.213 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
14 |
ED.A21.00.000.15770.214 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
15 |
ED.A21.00.000.15770.215 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
16 |
ED.A21.00.000.15770.216 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
17 |
ED.A21.00.000.15770.217 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
18 |
ED.A21.00.000.15770.218 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
19 |
ED.A21.00.000.15770.219 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
20 |
ED.A21.00.000.15770.220 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
21 |
ED.A21.00.000.15770.221 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
22 |
ED.A21.00.000.15770.222 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
23 |
ED.A21.00.000.15770.223 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
24 |
ED.A21.00.000.15770.224 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
25 |
ED.A21.00.000.15403.201 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Dirección |
Gain |
Ferrol |
|
26 |
4050447 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Área Innovación Empresarial |
Igape |
Santiago de Compostela |
|
27 |
4050448 |
Titulado/a superior |
I.04 |
Área Innovación Empresarial |
Igape |
Santiago de Compostela |
|
28 |
EC302EXT15770001 |
Titulado/a superior |
I.04 |
D.X. Estratexia Industrial e Solo Empresarial |
Economía e Industria |
Santiago de Compostela |
|
29 |
EC302EXT15770002 |
Titulado/a superior |
I.04 |
D.X. Estratexia Industrial e Solo Empresarial |
Economía e Industria |
Santiago de Compostela |
|
30 |
ED.A21.00.000.15770.241 |
Titulado/a medio |
II.07 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
31 |
ED.A21.00.000.15770.242 |
Titulado/a medio |
II.07 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
32 |
ED.A21.00.000.15770.243 |
Titulado/a medio |
II.07 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
33 |
ED.A21.00.000.15770.244 |
Titulado/a medio |
II.07 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
34 |
ED.A21.00.000.15770.245 |
Titulado/a medio |
II.07 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
35 |
ED.A21.00.000.15403.211 |
Titulado/a medio |
II.07 |
Dirección |
Gain |
Ferrol |
|
36 |
ED.A21.00.000.15403.212 |
Titulado/a medio |
II.07 |
Dirección |
Gain |
Ferrol |
|
37 |
ED.A21.00.000.15403.213 |
Titulado/a medio |
II.07 |
Dirección |
Gain |
Ferrol |
|
38 |
4050449 |
Titulado/a medio |
II.07 |
Área Innovación Empresarial |
Igape |
Santiago de Compostela |
|
39 |
ED.A21.00.000.15770.251 |
Administrativo/a |
III.02 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
40 |
ED.A21.00.000.15770.252 |
Administrativo/a |
III.02 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
41 |
ED.A21.00.000.15770.253 |
Administrativo/a |
III.02 |
Dirección |
Gain |
Santiago de Compostela |
|
42 |
ED.A21.00.000.15403.221 |
Administrativo/a |
III.02 |
Dirección |
Gain |
Ferrol |
Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre as prazas que se relacionan no anexo II desta resolución segundo a orde acadada no proceso selectivo.
Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas. A representación poderá acreditarse mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.
Para estes efectos, entenderase acreditada a representación realizada mediante apoderamento apud acta efectuada por comparecencia persoal ou comparecencia electrónica na correspondente sede electrónica, ou a través da acreditación da súa inscrición no Rexistro Electrónico de Apoderamentos da Administración pública competente.
