Antecedentes:
I. Mediante o Acordo do 10 de novembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro) o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese autonómico o proxecto denominado Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, promovido pola entidade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., no concello de Mos.
II. Polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de abril de 2025 (DOG núm. 91, do 14 de maio), aprobouse definitivamente o PIA Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, o cal figura inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia co número de rexistro ROTPG/OT/1/2025.
III. O artigo 1.1.6 da normativa do PIA establece, de conformidade co previsto no artigo 59 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (LOT), que a aprobación do PIA leva implícita a declaración de utilidade pública e interese social e a necesidade de ocupación dos bens e da adquisición dos dereitos afectados, para os efectos de expropiación, de ocupación temporal ou de imposición ou de modificación de servidumes.
IV. Pola súa parte, o artigo 1.3.1 da normativa do PIA establece, conforme o previsto no artigo 51 da LOT, que a xestión do PIA da Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, se levará a cabo polo procedemento de expropiación forzosa, sendo que a persoa física ou xurídica promotora da actuación terá a consideración de beneficiaria da expropiación.
V. Correspóndelle á Administración autonómica, a través da consellería competente por razón da materia, exercer a potestade expropiatoria en favor da persoa beneficiaria e adoptar todas as resolucións que impliquen exercicio da dita potestade, sen prexuízo da intervención, das facultades e das obrigas que legalmente lle corresponden á persoa beneficiaria.
VI. O procedemento de expropiación forzosa será tramitado de acordo co establecido na normativa vixente en materia de expropiación forzosa pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia como consellería competente por razón da materia a que se refire o proxecto, tendo o Real Club Celta de Vigo, S.A.D., como entidade promotora da actuación, a consideración de beneficiaria da expropiación.
VII. O prezo xusto dos bens e dos dereitos expropiados fixarase polo procedemento de taxación conxunta.
VIII. Mediante a Resolución do 7 de xaneiro de 2026, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes encomendoulle á Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 13.1 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e no artigo 8 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e de funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a xestión das actuacións necesarias en relación co proceso de expropiación dos bens e dos dereitos afectados pola execución do PIA denominado Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360. A dita resolución foi publicada no DOG núm. 16, do 26 de xaneiro de 2026.
IX. Para o desenvolvemento das actuación previstas, o PIA establece tres etapas ou fases de execución diferenciadas. Cada unha das fases de execución corresponde a un ámbito territorial concreto para efectos da súa xestión e da súa execución.
X. A etapa 2 corresponde ao completamento das instalacións e das edificacións da Cidade deportiva Afouteza, ao Centro integral para a capacitación da industria do deporte (CICID) e a Residencia para deportistas e estudantes.
Os terreos afectos á etapa 2 do PIA son os correspondentes a unha superficie de 70.520 m², dos cales 68.051 m² pertencen a 74 predios de titularidade de particulares (incluídos, total ou parcialmente, dentro da delimitación do ámbito do PIA) e os restantes 2.469 m² corresponden á superficie afectada polo monte veciñal en man común da parroquia de Tameiga (Mos).
XI. O procedemento de taxación conxunta encóntrase regulado no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 291 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG).
XII. O contido mínimo do proxecto expropiatorio encóntrase regulado no artigo 292 do RLSG. O Real Club Celta de Vigo, S.A.D., en canto que entidade beneficiaria da expropiación, presentou o Proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución da etapa 2 do proxecto de interese autonómico Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 no concello de Mos (Pontevedra), asinado por técnico competente, e que cumpre cos requisitos formais e de contido establecidos na normativa vixente de aplicación.
XIII. No que se refire ao procedemento de aprobación do proxecto expropiatorio, corresponde a súa aprobación inicial á Administración expropiante. Así mesmo, deberá ser sometido a un trámite de información pública durante un prazo dun (1) mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun diario dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e as reclamacións que consideren oportunas e, en particular, no relativo á titularidade ou á valoración dos seus respectivos dereitos.
Asemade, as taxacións notificaranse individualmente a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens ou dereitos. Para tal efecto, daráselles traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun (1) mes, contado a partir da data de notificación.
Dado que o órgano expropiante non é o municipio, procede escoitar o Concello de Mos durante o prazo dun (1) mes contado desde a notificación.
De conformidade co anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da etapa 2 do proxecto de interese autonómico Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, no concello de Mos, de clave PO/25/208.80.
Segundo. Someter a información pública o dito proxecto, durante o prazo dun (1) mes, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun diario dos de maior circulación da provincia, para que, mediante un escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas (presentado nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e/ou as reclamacións que consideren convenientes, en particular, no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
O contido íntegro do proxecto inicialmente aprobado estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/transparencia/pia/factoria-deporte
Terceiro. Notificarlles as taxacións de xeito individual ás persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no proxecto, mediante traslado literal das correspondentes follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulen as alegacións que consideren convenientes no prazo dun (1) mes a partir da súa notificación.
Ante a eventualidade de que poidan existiren persoas interesadas descoñecidas neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se poida practicar, a publicación desta resolución servirá de notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.
Cuarto. Notificarlle o proxecto expropiatorio aprobado inicialmente ao Concello de Mos para que poida formular as alegacións que considere oportunas no prazo dun (1) mes contado desde a notificación.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026
María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e titulares afectados pola execución da etapa 2 do proxecto de interese autonómico Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, no concello de Mos, de clave PO/25/208.80
|
Predio núm. |
Referencia catastral |
Titular |
Superficie |
Superficie |
Bens afectados |
||
|
Cant. |
Ud. |
Descrición |
|||||
|
1 |
36033A05300648 |
CMVMC de Tameiga (Mos) |
93.9192 |
2.469 |
|||
|
36033A05300587 |
|||||||
|
36033A05309017 |
|||||||
|
2 |
36033A05300652 |
CMVMC de Tameiga (Mos) |
2.154 |
1.932 |
|||
|
3 |
36033A05300595 |
CMVMC de Tameiga (Mos) |
230 |
230 |
|||
|
4 |
36033A05300596 |
CMVMC de Tameiga (Mos) |
639 |
639 |
|||
|
5 |
36033A05300593 |
Manuel Rodríguez Rodríguez |
377 |
377 |
15 |
Pés |
Eucalyptus globulus; D_40; Ht_20,3 |
|
5 |
Pés |
Quercus sp; D_35; Ht_14,0 |
|||||
|
6 |
36033A05300594 |
Alejandro García Portela |
298 |
298 |
7 |
Pés |
Eucalyptus globulus; D_38; Ht_13,4 |
|
1 |
Pés |
Quercus sp; D_35; Ht_15,0 |
|||||
|
7 |
36033A05300653 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
339 |
316 |
|||
|
8 |
36033A05300599 |
Hdros. de Víctor Barros Arjones |
638 |
152 |
8 |
Pés |
Eucalyptus globulus; D_40; Ht_15,5 |
|
9 |
36033A05300679 |
Doral Residencias Gestión Sociosanitaria, S.L. |
288 |
288 |
|||
|
10 |
36033A06700003 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
3.125 |
3.125 |
|||
|
11 |
36033A06700004 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
2.992 |
2.992 |
|||
|
12 |
36033A06700005 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
2.454 |
2.454 |
|||
|
13 |
36033A06700006 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
2.174 |
2.174 |
|||
|
14 |
36033A06700007 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.877 |
1.877 |
|||
|
15 |
36033A06700008 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.878 |
1.878 |
|||
|
16 |
36033A06700009 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
501 |
501 |
|||
|
17 |
36033A06700010 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
301 |
301 |
|||
|
18 |
36033A06700011 |
Hdros. de Saladina González Lorenzo |
107 |
107 |
|||
|
19 |
36033A06700502 |
Cesáreo Rodríguez Rodríguez |
116 |
116 |
|||
|
20 |
36033A06700015 |
Cesáreo Rodríguez Rodríguez |
6.866 |
1.342 |
26 |
Pés |
Eucalyptus globulus; D_42; Ht_20,9 |
|
21 |
36033A06700012 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.779 |
1.704 |
|||
|
22 |
36033A06700013 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.283 |
1.226 |
|||
|
23 |
36033A06700014 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.343 |
1.285 |
|||
|
24 |
36033A06700018 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.531 |
1.461 |
|||
|
25 |
36033A06700019 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.681 |
1.632 |
|||
|
26 |
36033A06700021 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
2.025 |
1.968 |
|||
|
27 |
36033A06700024 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.171 |
1.162 |
|||
|
28 |
36033A06700026 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
2.143 |
2.143 |
|||
|
29 |
36033A06700032 |
Iria Sandra Pérez Fernández |
1.312 |
1.312 |
|||
|
María Sandra Pérez Fernández |
|||||||
|
Óscar Pérez Fernández |
|||||||
|
30 |
36033A06700033 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.226 |
1.226 |
|||
|
31 |
36033A06700020 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
883 |
883 |
|||
|
32 |
36033A06700509 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
206 |
206 |
|||
|
33 |
36033A06700508 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
143 |
143 |
|||
|
34 |
36033A06700025 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
502 |
502 |
|||
|
35 |
36033A06700079 |
María Dolores Campo Rodríguez |
440 |
440 |
|||
|
María José Campo Rodríguez |
|||||||
|
36 |
36033A06700078 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.769 |
1.769 |
|||
|
37 |
36033A06700077 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
2.420 |
233 |
|||
|
38 |
36033A06700113 |
Cesáreo Rodríguez Rodríguez |
275 |
275 |
|||
|
39 |
36033A06700114 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
554 |
554 |
|||
|
40 |
36033A06700116 |
Pacífico Carrera González |
130 |
130 |
|||
|
41 |
36033A06700115 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
347 |
347 |
|||
|
42 |
36033A06700118 |
María Dolores Campo Rodríguez |
409 |
409 |
|||
|
María José Campo Rodríguez |
|||||||
|
43 |
36033A06700117 |
Hdros. de Eduardo Cesáreo Silva Campos |
320 |
320 |
|||
|
44 |
36033A06700119 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
821 |
821 |
|||
|
45 |
36033A06700120 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
866 |
866 |
|||
|
46 |
36033A06700121 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
227 |
227 |
|||
|
47 |
36033A06700512 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
401 |
401 |
|||
|
48 |
36033A06700513 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
796 |
796 |
|||
|
49 |
36033A06700123 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
785 |
785 |
|||
|
50 |
36033A06700124 |
Carmen Rodríguez Rodríguez |
302 |
302 |
|||
|
51 |
36033A06700133 |
Cándida González Campo |
339 |
339 |
|||
|
52 |
36033A06700125 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
840 |
840 |
|||
|
53 |
36033A06700126 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
924 |
897 |
|||
|
54 |
36033A06700127 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
930 |
787 |
|||
|
55 |
36033A06700128 |
Irene Gómez Prado |
825 |
588 |
40 |
Pés |
Eucalyptus globulus; D_25; Ht_26,3 |
|
3 |
Pés |
Pinus pinaster; D_35; Ht_8,19,9 |
|||||
|
56 |
36033A06700129 |
Bernardino Lago |
973 |
587 |
17 |
Pés |
Eucalyptus globulus; D_25; Ht_14,8 |
|
2 |
Pés |
Pinus pinaster; D_35; Ht_21,3 |
|||||
|
57 |
36033A06700130 |
Hdros. de Arsenio Lorenzo Serodio |
909 |
433 |
5 |
Pés |
Eucalyptus globulus; D_25; Ht_20,2 |
|
58 |
36033A06700131 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
899 |
263 |
|||
|
59 |
36033A06700132 |
José María Carrera González |
1.020 |
44 |
|||
|
60 |
36033A06700498 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
401 |
401 |
|||
|
61 |
36033A06700112 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.856 |
1.856 |
|||
|
62 |
36033A06700499 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
372 |
372 |
|||
|
63 |
36033A06700111 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.719 |
1.719 |
|||
|
64 |
36033A06700108 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
3.980 |
3.980 |
|||
|
65 |
36033A06700106 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
510 |
510 |
|||
|
66 |
36033A06700511 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
648 |
648 |
|||
|
67 |
36033A06700510 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
858 |
858 |
|||
|
68 |
36033A06700507 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
892 |
892 |
|||
|
69 |
36033A06700100 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
1.493 |
1.493 |
|||
|
70 |
36033A06700099 |
María Dolores Campo Rodríguez |
795 |
795 |
|||
|
María José Campo Rodríguez |
|||||||
|
71 |
36033A06700095 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
2.743 |
2.743 |
|||
|
72 |
36033A06700092 |
Real Club Celta de Vigo, S.A.D. |
2.046 |
217 |
|||
|
73 |
36033A06700017 |
Clara Mª Rodríguez Fernández |
899 |
103 |
13 |
Pés |
Eucalyptus globulus; D_38; Ht_17,0 |
|
Mª José Rodríguez Fernández |
|||||||
|
Mª Carmen Rodríguez Fernández |
|||||||
|
Ana Rosa Rodríguez Fernández |
|||||||
|
74 |
36033A06700022 |
Eduardo Cambeiro Rivero |
1.020 |
49 |
|||
|
75 |
36033A06700023 |
Digna Barros Rodríguez |
401 |
10 |
|||
