DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 22 de xullo de 2026 Páx. 40573

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 231, do 28 de novembro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 23 de abril de 2026 (DOG núm. 80, do 30 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 231, do 28 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. En sesión que tivo lugar o 26 de xuño de 2026, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, unha vez revisadas as reclamacións presentadas, anular a pregunta 29 do primeiro exercicio do proceso selectivo. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva número 151.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria para o primeiro exercicio do proceso selectivo:

a) Cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos.

b) Na quenda libre, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións totais ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por cinco (5) o número de prazas convocadas, sempre que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, pola Resolución deste tribunal, do 8 de xuño de 2026, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación deste primeiro exercicio:

– Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida co criterio anterior se consideran igualmente aprobadas.

– O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos. Asignaráselles a valoración de cincuenta (50) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 50 e os 100 puntos.

Terceiro. Realizada a corrección en sesión do 7 de xullo de 2026, acadou a puntuación mínima de 50 puntos un total de 5 persoas aspirantes.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica

Quinto. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026

Marcos Rodríguez Rey
Presidente do tribunal