De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes, e advírteselles que, de non facelo, entenderase practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Dependencia (rúa Concepción Arenal, nº 7-9), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, transcorrido o prazo que se indica nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter realizadas as emendas, se terán por desistidas das súas solicitudes, logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 y 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A Coruña, 28 de maio de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS210A
|
Número de expediente |
DNI |
Contido do acto |
Data do documento |
|
SC-98204 |
76445702G |
Requirimento de emenda da solicitude |
29.10.2025 |
|
CO-61434 |
35024263R |
Requirimento de emenda da solicitude |
16.1.2026 |
|
CO-159063 |
34481223Z |
Requirimento de emenda da solicitude |
29.12.2025 |
|
CO-155507 |
33056694J |
Requirimento de emenda da solicitude |
23.2.2026 |
|
CO-156149 |
05253070P |
Requirimento de emenda da solicitude |
20.10.2025 |
