DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 22 de xullo de 2026 Páx. 40601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2026/093-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e nos artigos 44 e 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Subestación Tomiño 132/20 kV 2×30 MVA.

Situación: Tomiño.

Descricións técnicas:

– Subestación formada por un parque híbrido de 132 kV, dous transformadores de potencia 132/20 kV de 30 MVA e un parque blindado de 20 kV.

– O parque de 132 kV terá unha configuración de simple barra seccionada, realizado mediante módulos con tecnoloxía híbrida convencional-blindada (tipo HIS), constituído por dúas posicións de liña, dúas posicións de transformador (T-I e T-II), unha de axuste lonxitudinal e unha posición de medida de tensión de barras (un xogo de tres de transformadores de tensión). Os transformadores 132/20 kV de 30 MVA serán trifásicos aptos para montaxe en intemperie.

– O parque de 20 kV terá unha configuración de dobre barra, realizado mediante celas blindadas con illamento libre de SF6 (SF6-Free) para interior, constituído por cinco posicións de liña (dúas de liña dedicada), dúas posicións de trafo (T-I e T-II), dúas posicións de trafo de servizos auxiliares (T-I/SS.AA e T-II/SS.AA), unha posición de axuste transversal de barras e unha posición de medida de tensión de barras (dobre xogo de transformadores de tensión).

– A instalación está situada nas parcelas con referencias catastrais 36054A056001900000ED, 36054A056002010000EA, 36054A056002020000EB, 36054A056002030000EY, 36054A056002040000EG, 36054A056002050000EQ e 36054A056002060000EP, no concello de Tomiño (Pontevedra).

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra; Edificio Administrativo Campolongo, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 125 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de xuño de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra