DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 22 de xullo de 2026 Páx. 40619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición da disolución e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia da baixa por cambio de réxime xurídico e traslado ao Rexistro Xeral de Asociacións da Asociación Gallega de Anestesiología, Reanimación y Dolor (AGARyD) no Depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.

Núm. depósito DEOSE: 82000172.

Feitos:

O Rexistro Xeral de Asociacións, adscrito a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, mediante un escrito do día 30.6.2026, comunica a resolución do día 29.6.2026 pola que se inscribe no mencionado rexistro a Asociación Gallega de Anestesiología, Reanimación y Dolor (AGARyD), polo que se procede a dar de baixa e arquivar o expediente da indicada asociación nesta oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais.

Consideraciones legais e técnicas:

Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, a dirección, a coordinación, o control e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, promoción do emprego de calidade e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (DEOSE), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceiro. O artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, regula o procedemento de tramitación das solicitudes de depósito e establece que a oficina pública competente ditará a resolución que acorde o depósito e a publicidade do acto de inscrición, na que constará a data de depósito e o número de depósito asignado.

Logo de revisar a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, esta secretaría xeral de emprego e relacións laborais, na súa condición de oficina pública competente,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a inscrición da baixa e arquivo, por cambio de réxime xurídico e traslado ao rexistro xeral de asociacións da Asociación Gallega de Anestesiología, Reanimación y Dolor (AGARyD) no depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución poderá ser impugnada directamente ante os órganos xurisdicionais da orde social, segundo o indicado no artigo 15 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais e de acordo co previsto nos artigos 167 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026

Susana Pérez Iglesias
Secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais