DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 22 de xullo de 2026 Páx. 40648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público correspondente ao ano 2026.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de maio de 2026, aprobouse a oferta ordinaria de emprego público correspondente ao ano 2026.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, publícase a oferta ordinaria de emprego público para o ano 2026.

Persoal laboral

Nivel de titulación

Denominación do posto

Categoría laboral

Número de vacantes

Forma de provisión

E. Agrupacións profesionais a que fai referencia a disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro

Auxiliar axuda a domicilio

(85,33 % da xornada laboral)

Auxiliar axuda a domicilio

1

Concurso-oposición

E. Agrupacións profesionais a que fai referencia a disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro

Limpadora casa do concello e outros

Limpadora

1

Concurso-oposición

E. Agrupacións profesionais a que fai referencia a disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro

Auxiliar axuda a domicilio

Auxiliar axuda a domicilio

1

Concurso-oposición

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente o recurso de reposición potestativo perante o alcalde, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo de Lugo, ou á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en lugar distinto, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optara por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interporse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio administrativo.

O Vicedo, 1 de xullo de 2026

José Jesús Novo Martínez
Alcalde