DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40766

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2026 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2.

Logo de presentar a súa renuncia unha vogal titular e unha vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Aldara Míguez González como vogal titular e Alba Flavia Nieto Suárez como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a María José Campos Núñez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística e como vogal suplente a María Dolores Carballal Paradela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal