DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40765

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de xullo de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 133, do 17 de xullo de 2026, é preciso facer a seguinte corrección:

Na páxina 39.942, onde di:

«Tribunal titular:

Presidencia:

– Juan José Nieto Montero, profesor titular da Área de Dereito Financeiro e Tributario na Universidade de Santiago de Compostela».

Debe dicir:

«Tribunal titular:

Presidencia:

– Juan José Nieto Montero, catedrático da Área de Dereito Financeiro e Tributario na Universidade de Santiago de Compostela».