De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, resolveuse adxudicarlles destinos nos órganos que se relacionan no anexo aos/ás integrantes do corpo de médicos forenses nomeados/as funcionarios/as de carreira pola Orde do 6 de xullo de 2026, tendo en conta o seguinte:
Primeiro. Os/as funcionarios/as do corpo de médicos forenses aos/ás que se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segundo. O persoal funcionario interino que actualmente ocupe prazas que lles fosen adxudicadas aos aspirantes aprobados cesará o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.
Terceiro. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, aqueles/as participantes que teñan xa a condición de funcionarios/as de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.
Cuarto. Os/as funcionarios/as do corpo de médicos forenses aos cales se lles outorga destino en virtude desta resolución non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
Quinto. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a Resolución do 29 de maio de 2026 non adxudicadas nesta resolución manteñen a súa condición de desertas, sen prexuízo de que se poidan anunciar como vacantes nun concurso ordinario, se non se promulga oferta de emprego público ou no caso de que a oferta pública de emprego que corresponda non faga necesario o anuncio de todas as desertas existentes.
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia competente, no prazo de dous meses, segundo o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto adxudicado |
Código do posto |
|
1 |
***8413** |
Pérez González, Vanesa |
Imelga. Subdirección Territorial de Ourense |
XG9251820032001305.00 |
|
2 |
***0021** |
Arca Insua, Lucía |
Imelga. Subdirección Territorial da Coruña |
XG9251820015001306.00 |
