DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 1 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2026/084-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Reforma da LMT TIB810 e instalación dun telecontrol no apoio A2QJMLA2//42.

Situación: Barro.

Descricións técnicas:

• Substitución do apoio A2RHSMPO//41, situado na parcela con referencia catastral 36002B503004530000OS, por un apoio de celosía C-2000/22.

• Substitución do apoio A2QJMLA2//42, situado na parcela con referencia catastral 36002B504006380000OM, por un apoio C-3000/18 no cal se instalará un reconectador telecontrolado.

• Substitución de 246 metros da liña de media tensión aérea (LMTA) en condutor LA-56 entre os apoios proxectados.

• Retirada do apoio A2RKSEPB//42-1 e do XS 36HAQ1 e dos vans comprendidos entre o apoio actual A2QJMLA2//42 e o apoio A2SUXIRQ//42-2.

• LMTA a 20 kV, en condutor LA-56, de 108 metros coa orixe no apoio proxectado C-3000/18 e final no apoio existente A2SUXIRQ//42-2.

• Retensado do condutor LAC-56 do van augas arriba do apoio proxectado C-2000/22 e do van augas abaixo do apoio proxectado C-3000/18.

• A instalación está situada nos lugares da Insua e Abergón, no concello de Barro (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de xullo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2026/084-4.

Denominación: Reforma da LMT TIB810 e instalación dun telecontrol no apoio A2QJMLA2//42.

Concello: Barro.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

Apoio

m2

ml sot.

m2 sot.

1

Insua. Barro

Rústico Agrario

36002B503004530000OS

María

1

2

2

Abergón. Barro

Rústico Agrario

36002B504006380000OM

Benigno Fontenla Rúa

2

2