Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Instalación de RC no apoio A7EDS9P6//81 na LMT SJG806.
Situación: O Campo Lameiro.
Descricións técnicas:
• Substitución do apoio A7EDS9P6//81 por un apoio tipo celosía C-1000/12, no cal se instala un reconectador que substitúe o XS 36HAC5.
• Retensado de 133 metros da liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor tipo LA 56, coa orixe no apoio existente de formigón A7ED2SMU//80 e final no apoio existente de formigón A7EBJWND//82.
• A instalación está situado no lugar de Piolla, no concello do Campo Lameiro (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 1 de xullo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2026/086-4.
Denominación: Instalación de RC no apoio A7EDS9P6//81 na LMT SJG806.
Concello: O Campo Lameiro.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
Apoio (m2) |
ml sot. |
m2 sot. |
|||||
|
1 |
Piolla |
Rústico |
36007A045002120000DO |
Descoñecido |
2 |
||
