DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 1 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Forcarei (expediente IN407A 2026/095-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS e CS no lugar de Gaxín.

Situación: Forcarei.

Descricións técnicas:

• Instalación dun apoio de tipo celosía C-2000/14 no tramo LAL80508059 con dous pasos aéreos subterráneos.

• Substitución de 76 metros de condutor LA-56 por LA-110 nos tramos LAL80508059 e LAL80508091, coa orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio existente HV-630/13.

• Retirada dos XS 36HTC3 e XS 36HTC5 situados nos apoios AID089R//254-A1 e AIDW7U16/255, respectivamente.

• Centro seccionamiento (CS) compacto 4L+3TC, manobra exterior con envolvente prefabricada de formigón, situado na parcela con referencia catastral 36018A074002540000XR, alimentado pola LAL805 procedente da subestación Lalín.

• Desde o CS proxectado parten un total de catro novas liñas de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 3x(1×240)mm² KAL+H16 AL, da seguinte maneira:

1. De 100 metros de lonxitude, coa orixe na cela de liña nº 1 do CS proxectado e final no apoio proxectado C-2000/14.

2. De 85 metros de lonxitude, coa orixe na cela de liña nº 2 do CS proxectado e final no apoio existente 2A/14.

3. De 74 metros de lonxitude, coa orixe na cela de liña nº 3 do CS proxectado e final no empalme que se vai realizar sobre a LMTS LES810009964 (LAL80508090)

4. De 100 metros de lonxitude, coa orixe na cela de liña nº 4 do CS proxectado e final no apoio proxectado C-2000/14.

• A instalación está situada no lugar de Cabanas-Gaxín, no concello de Forcarei (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de xullo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2026/095-4.

Denominación: LMTA, LMTS e CS no lugar de Gaxín.

Concello: Forcarei.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

Ocupación temporal

Apoio

(m2)

ml sot.

m2 sot.

m2

1

Camiño. Forcarei

Rústico. Agrario. Matogueira

36018A073000010000XU

Celso
Campos González

2

1

5,75

258