DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 1 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Campo Lameiro (expediente IN407A 2026/099-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución do apoio A8L8NTU9//42-1 na LMT SJG806 e instalación RC.

Situación: O Campo Lameiro.

Características técnicas:

Substitución do apoio existente A8L8NTU9//42-1 da liña aérea de media tensión (LMTA) SJG806 por un novo apoio metálico de celosía tipo C-1000/12, debido á instalación dun reconectador telecontrolado. A actuación inclúe a desmontaxe dos curtocircuítos fusibles existentes (36HT08) e o retensado dos vans adxacentes con condutor tipo LA-30.

A instalación está situada no monte Paradela, no concello do Campo Lameiro (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de xullo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2026/099-4.

Denominación: Substitución do apoio A8L8NTU9//42-1 na LMT SJG806 e instalación RC.

Concello: O Campo Lameiro.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

Apoio

ml sub.

m² sub.

1

Monte Paradela

Rústico

36007A020028810000DY

CMVMC de Praderrei

1

2

-

-