DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40752

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 8 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207B).

BDNS (Identif.): 920748

De conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/920748

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun (1) ano na epígrafe IAE 961.1, e cun centro de traballo ou oficina permanente de, polo menos, un (1) ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese empresarial.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 8 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207B).

Cuarto. Importe

Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade nos orzamentos do ente para 2026 por un importe de 1.200.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria, coa distribución, anualidades e fonte de financiamento que se indican no cadro seguinte:

Aplicación orzamentaria

Anualidade

Código de proxecto

Fonte de finaciamento

Importe

Total

13.A1.432B.770.0

2026

2026 00001

FCA cofinancia

100.000 €

300.000 €

Feder

200.000 €

2027

FCA cofinancia

300.000 €

900.000 €

Feder

600.000 €

Total

1.200.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026

José López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais