O Estatuto de Autonomía de Galicia establece, no artigo 27.19, que lle «corresponden á Comunidade Autónoma galega a competencia e o fomento da cultura e da investigación en Galicia», sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten a responsabilidade de promocionar e fomentar a cultura galega, e ten na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) o ente instrumental en que centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas.
A Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio, concíbese, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5, como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.
O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un sector empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares.
A Axencia pretende impulsar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a exportación. As persoas destinatarias da Axencia son as entidades culturais dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.
A Axencia, no desenvolvemento do seu labor a favor do audiovisual, concorda co establecido na Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema (en diante, Lei 55/2007), na súa exposición de motivos cando di que: «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto á súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, está presente en todos os ámbitos da sociedade actual».
Por esta razón, a Axencia mantén unha liña de traballo, considerada estratéxica, que pretende aumentar a capacidade competitiva das empresas culturais galegas e incentivar a creación de traballos sostibles que integren a totalidade da cadea de valor desta industria.
Con esta convocatoria de axudas preténdese apoiar os procesos previos á produción audiovisual de cara a acadar contidos sólidos, ambiciosos e competitivos no mercado global da difusión de cinema e televisión. O obxectivo último é promover proxectos de propiedade industrial galega que contribúan ao fortalecemento do sector nos seus distintos ámbitos.
Esta finalidade encaixa perfectamente coa filosofía en que se enmarca o novo período de programación dos fondos europeos, especialmente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, tal e como se desprende do Considerando 26 do Regulamento (UE) nº 2021/1058, que menciona a importancia dos investimentos nos sectores creativo e cultural, así como os servizos culturais, sempre que contribúan aos obxectivos específicos, que non son outros que a mellora da competitividade das pemes, o crecemento sustentable e a creación de emprego.
En consonancia con iso, a estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de DNSH «non causar un prexuízo significativo» establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 (en diante, Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis (6) obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020:
a) Mitigación ao cambio climático.
b) Adaptación ao cambio climático.
c) Utilización, protección e uso sustentables dos recursos hídricos e mariños.
d) Economía circular.
e) Prevención e control da contaminación.
f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.
Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, que favorezan a consolidación das empresas produtoras e a promoción do talento, dentro das accións cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
1. Convocatoria e bases reguladoras.
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207B).
Segundo o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014 (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior segundo o artigo 107, número 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, número 3, do Tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible nesta convocatoria. De conformidade co artigo 54 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), «co fin de evitar erros manifestos á hora de cualificar un produto como cultural, cada Estado membro establecerá procesos eficaces, como a selección de propostas por unha ou varias persoas encargadas da selección, ou a verificación con respecto a unha lista predeterminada de criterios culturais».
Nesta convocatoria defínense os requisitos para obter o certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) de España, e a fórmula da declaración responsable para acreditar o seu cumprimento.
2. Persoas beneficiarias.
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun (1) ano na epígrafe IAE 961.1, e cun centro de traballo ou oficina permanente de, polo menos, un (1) ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese empresarial.
3. Financiamento.
Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade nos orzamentos do ente no exercicio 2026 por un importe de 1.200.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria, coa distribución, anualidades e fonte de financiamento que se indican no cadro seguinte:
|
Aplicación orzamentaria |
Anualidade |
Código de proxecto |
Fonte de financiamento |
Importe |
Total |
|
13.A1.432B.770.0 |
2026 |
2026 00001 |
FCA cofinancia |
100.000 € |
300.000 € |
|
Feder |
200.000 € |
||||
|
2027 |
FCA cofinancia |
300.000 € |
900.000 € |
||
|
Feder |
600.000 € |
||||
|
Total |
1.200.000,00 € |
||||
As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, que se computará como cofinanciamento nacional, o 30 % cofinanciado con fondos propios da Comunidade Autónoma e o 10 % como investimento privado elixible das persoas beneficiarias.
Concretamente, esta actuación corresponde a:
Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade TIC rexional.
Prioridade P1A. Transacción dixital e intelixente.
Obxectivo específico 1.3. O reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
Tipo de acción (CPSO): 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.
Subtipo de acción (CPSO): 1.3.01.8. Impulso do tecido do sector audiovisual galego e de Galicia como polo de creación e desenvolvemento de proxectos audiovisuais.
Tipo de intervención 021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.
Os indicadores relativos a esta convocatoria son:
Indicador de realización RCO01: Empresas apoiadas (das cales: microempresas, pequenas, medianas e grandes).
Indicador de realización RCO02: Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).
Indicador de resultado RCR02: Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).
4. Solicitudes.
4.1. Para poder ser persoa beneficiaria da subvención deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.
4.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
5. Prazo de duración do procedemento de concesión.
As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva, que non poderá ter unha duración superior aos catro (4) meses contados a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude. En todo caso, a resolución de concesión terá lugar dentro da anualidade 2026.
6. Información ás persoas interesadas.
6.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais:
http://industriasculturais.xunta.gal
b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.
c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal
d) Persoalmente.
e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo:
http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
6.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.
7. Réxime de recursos.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da presidencia do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados desde o seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso administrativo de Santiago de Compostela.
8. Base de datos nacional de subvencións.
En cumprimento do disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003), transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións (BDNS) a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que se debe efectuar á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento da persoa beneficiaria.
9. Rexistro Público de Subvencións.
De acordo co establecido no artigo 14, alínea ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 6 e seguintes da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (en diante, Lei orgánica 3/2018).
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026
José Carlos López Campos
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Feder Galicia 2021-2027, e procédese á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207B)
Artigo 1. Obxecto, finalidade e réxime das axudas
1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207B).
2. Para efectos destas bases, entenderase por desenvolvemento audiovisual o conxunto de accións e tarefas relacionadas coa fase previa á produción, dentro do período subvencionable, de proxectos de longametraxes de ficción, animación ou documental e series de ficción e animación.
3. Estas subvencións serán tramitadas e concedidas en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:
a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.
b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.
c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.
4. De conformidade co artigo 54 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior segundo ao artigo 107, número 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, número 3, do Tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible nesta convocatoria. Estas bases establecen a fórmula de declaración responsable para acreditar o cumprimento dos requisitos para a obtención do certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) de España, así como os criterios que permitirán seleccionar as solicitudes propostas para subvención.
5. Estas axudas son incompatibles con outras axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais que se convoquen no mesmo ano e que estean relacionadas co contido do proxecto que se presenta. Tamén son incompatibles con outras axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o mesmo proxecto.
6. Porén, estas subvencións son compatibles con outras axudas, para o mesmo proxecto, do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas.
7. En todo caso, de acordo co artigo 63.9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), o gasto elixible realizado con cargo a esta convocatoria non se declarará á Comisión para obter axuda doutro fondo ou instrumento da Unión, ou ben para obter a axuda do mesmo fondo no marco doutro programa.
8. A obtención, a concesión ou a solicitude doutras axudas ou subvencións que afecten o proxecto deberá comunicárselle á Agadic tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa. Antes de conceder e pagar a axuda, solicitarase da empresa unha declaración sobre calquera axuda solicitada e recibida para ese mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.
9. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía, que illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007.
10. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 (DOU 30.6.2021, L231), polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (en diante, Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés: Do no significant harm), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgúns dos seis (6) obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.
11. Os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), en especial os relativos á materia ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade, que poidan resultar de aplicación.
Artigo 2. Persoas beneficiarias
1. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que teñan, cando menos, un (1) ano de antigüidade e un (1) ano de actividade sen interrupcións no momento da publicación desta convocatoria. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de, polo menos, un (1) ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolver a súa actividade habitual en Galicia como empresa produtora de proxectos audiovisuais.
1.1. Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dunha persoa prestadora de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dunha persoa titular de canle televisiva privada nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, artigo 4.n).
1.2. Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese económico.
1.3. A persoa solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos:
1.3.1. Ter, cando menos, un acordo ou precontrato cunha persoa que exerza a dirección da obra e/ou cunha persoa que exerza como guionista para o desenvolvemento do proxecto audiovisual.
1.3.2. Posuír, cando menos, a opción de compra sobre os dereitos de propiedade intelectual do concepto, tema, tratamento, guión ou biblia dos contidos que se presentan, ou os dereitos de adaptación cando se trate de obras preexistentes. No caso de existiren acordos de codesenvolvemento entre empresas produtoras, aceptarase unha repartición equitativa de dereitos entre elas. A posesión dos dereitos deberá ter unha duración mínima suficiente para cubrir todo o cronograma de desenvolvemento do proxecto.
2. As persoas solicitantes deberán estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a contida no Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), en función dos seus efectivos, do seu volume de negocio e do seu balance anual.
3. Esta convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007 ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, conforme o establecido no anexo II desta convocatoria.
5. Tampouco poderán obter a condición de persoas beneficiarias as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas
1. Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade nos orzamentos do ente para 2026 por un importe de 1.200.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria, coa distribución, anualidades e fonte de financiamento que se indican no cadro seguinte:
|
Aplicación orzamentaria |
Anualidade |
Código de proxecto |
Fonte de financiamento |
Importe |
Total |
|
13.A1.432B.770.0 |
2026 |
2026 00001 |
FCA cofinancia |
100.000 € |
300.000 € |
|
Feder |
200.000 € |
||||
|
2027 |
FCA cofinancia |
300.000 € |
900.000 € |
||
|
Feder |
600.000 € |
||||
|
Total |
1.200.000,00 € |
||||
2. Estas subvencións terán carácter plurianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados, e pagados, entre a data de presentación da solicitude da axuda e o 1 de outubro de 2027. O período subvencionable, polo tanto, abrangue desde o día da presentación da solicitude ata o 1 de outubro de 2027.
3. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, e tras a declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.
4. Esta convocatoria de axudas ten unha dotación de 1.200.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, que se computará como cofinanciamento nacional, o 30 % cofinanciado con fondos propios da Comunidade Autónoma e o 10 % como investimento privado elixible das persoas beneficiarias.
En particular:
Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade P1A. Transacción dixital e intelixente.
Obxectivo específico 1.3. O reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
Tipo de acción (CPSO) 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.
Subtipo de acción (CPSO) 1.3.01.8. Impulso do tecido do sector audiovisual galego e de Galicia como polo de creación e desenvolvemento de proxectos audiovisuais.
Tipo de intervención 021: Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.
Os indicadores relativos a esta convocatoria son:
Indicador realización: RCO01: Empresas apoiadas (das cales: microempresas, pequenas, medianas e grandes).
Indicador realización RCO02: Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).
Indicador de resultado: RCR02: Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).
5. A intensidade das axudas será do 90 % do orzamento subvencionable. Para efectos de control da intensidade máxima de subvención, terase en conta a totalidade das axudas públicas españolas recibidas para o proxecto.
6. As contías máximas que se poderán acadar segundo o tipo de proxecto son as seguintes:
|
Tipo de proxecto |
Contía máxima por proxecto |
|
Longametraxe de ficción |
25.000 € |
|
Longametraxe de animación |
30.000 € |
|
Serie de ficción/serie de animación |
30.000 € |
|
Longametraxe documental/serie documental |
20.000 € |
7. Unha mesma persoa solicitante, ou as súas empresas vinculadas, poderán obter un máximo de dúas subvencións na modalidade A de proxectos individuais ou un máximo dunha subvención na modalidade B de paquete de proxectos. Aplicarase a mesma limitación cando a persoa solicitante, ou as súas empresas vinculadas, actúen en réxime de codesenvolvemento ou coprodución con outras produtoras.
8. O crédito destinado a cada modalidade é o que se establece no cadro seguinte:
|
Anualidade 2026 |
Anualidade 2027 |
|
|
Modalidade A Proxectos individuais |
100.000 € |
200.000 € |
|
Modalidade B Paquete de proxectos |
200.000 € |
700.000 € |
Para o caso de que non se esgote o crédito destinado a unha das modalidades, poderá realizarse unha nova redistribución entre ambas ao criterio do órgano concedente. Esta alteración da distribución por modalidades non precisará dunha nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto, de ser o caso.
9. No caso de existir solicitudes que, cumprindo todos os requisitos, non consigan o dereito á subvención por esgotarse o orzamento dispoñible, pasarán a formar unha lista de espera formada polas persoas solicitantes que poderían ser susceptibles de recibir a axuda se se efectúa un incremento de crédito, ben por dispoñer de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos, ou ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta liña de axudas.
Artigo 4. Proxectos subvencionables, modalidades de solicitude de axuda e requisitos
1. Serán obxecto de subvención aqueles proxectos audiovisuais sobre os cales realizar traballos previos á súa produción, entendendo como tales os relacionados co guión, o plan de financiamento e a busca de investimento, a xestión de dereitos legais, investigación, elaboración de materiais promocionais e outros adheridos ás actividades propias da fase de desenvolvemento anterior á rodaxe. O destino último dos ditos proxectos audiovisuais será a súa produción para a distribución cinematográfica ou a emisión en televisión e/ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda de ámbito nacional e internacional, e deben poderse encadrar nalgunha das tipoloxías seguintes:
– Proxecto de longametraxe de ficción ou animación.
– Proxecto de longametraxe documental ou serie documental.
– Proxecto de serie de ficción ou animación.
2. Para efectos destas bases, terase en conta o seguinte:
2.1. Os proxectos de longametraxe deberán prever unha duración mínima de 60 minutos e ter como destino final as salas de exhibición cinematográfica.
2.2. Os proxectos de series deberán prever unha duración total mínima de 150 minutos no caso da ficción ou de 100 minutos no caso de animación e documental, e ter como destino a emisión en canles de televisión e/ou plataformas dixitais de vídeo baixo demanda.
3. Establécense dúas modalidades de solicitude de axuda:
Modalidade A – solicitude de axuda para o desenvolvemento de proxectos individuais que se correspondan con algunha das tipoloxías relacionadas no punto 1 deste artigo.
Modalidade B – solicitude de axuda para o desenvolvemento de paquetes de tres ou catro proxectos de iguais ou diferentes tipoloxías de entre as relacionadas no punto 1 deste artigo.
Para poder optar á modalidade B, a persoa solicitante deberá acreditar ter producido desde o ano 2016 polo menos dúas (2) obras previas que coincidan con algunha das tipoloxías que se relacionan no dito punto 1 e que tivesen estrea comercial en salas de cine ou, no caso das series, fosen emitidas en televisión ou en plataforma dixital.
Artigo 5. Gastos subvencionables
1. Serán subvencionables os traballos de desenvolvemento directamente relacionados co proxecto individual, no caso da modalidade A, ou dos diferentes proxectos que integran o paquete, no caso da modalidade B, desde a súa creación ata a fase de produción. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
2. A estes gastos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027 (en diante, Orde HFP/1414/2023).
3. Só se admitirán aqueles gastos realizados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable desta convocatoria, que abrangue desde o momento da presentación da solicitude ata o 1 de outubro de 2027.
Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos se deban efectuar nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A persoa beneficiaria da axuda quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que á persoa beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.
4. Co fin de cumprir co efecto incentivador do artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), os gastos subvencionables non poderán comezar antes da presentación da solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación. De ser así, o proxecto na súa totalidade non sería subvencionable.
5. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:
1) Dereitos e tarefas relacionadas co guión e música. Son os gastos relativos á adquisición de dereitos de autor ou de propiedade intelectual, tanto de adaptación de obra preexistente como de obra orixinal; escritura de guión ou reescritura deste ata a versión definitiva; deseño de personaxes e fondos (animación); dereitos de tradución, sempre que non sexa do galego para o castelán e viceversa; dereitos de imaxes, musicais, documentos sonoros e outros relacionados co desenvolvemento do proxecto que se poidan xustificar.
Nos casos en que se produza a adquisición de dereitos de autor ou de propiedade intelectual, a persoa beneficiaria deberá acreditar a súa titularidade, a súa alta como un activo intanxible na súa contabilidade e cumprir os requisitos de mantemento previstos no Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
2) Gastos de persoal. Consideraranse subvencionables os gastos do persoal co cal se subscriba un contrato específico para a realización da actividade subvencionada tanto se a relación é mercantil como laboral, e se correspondan con algún dos seguintes perfís profesionais: produción executiva, guionista, dirección da obra, dirección de produción, responsable de casting, responsable de localizacións, documentalista, dirección de animación e dirección de storyboard ou videoboard. Así mesmo, poderase imputar o custo do persoal administrativo, atendendo á súa dedicación ás actividades do proxecto, mediante unha certificación dos custos, debidamente asinada pola persoa responsable de persoal e pola persoa traballadora, onde se acreditará, mediante unha relación detallada, a porcentaxe de dedicación ao proxecto e ao custo total imputado (retribucións e seguridade social) por ela, e sempre que se poida acreditar que o seu centro de traballo está localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Só se recoñecerá como custo a produción executiva realizada por persoas físicas ou por persoas xurídicas cuxo obxecto social inclúa especificamente, sen prexuízo doutros, o de produción executiva.
Cando os traballos de desenvolvemento estean a cargo de persoal propio da empresa, tanto nos contratos, mediante modificación ou addenda, como nas nóminas, deberá figurar a correspondente categoría profesional desempeñada durante o período subvencionable.
Cando o persoal proposto para levar a cabo algunha tarefa propia do desenvolvemento coincida con persoal directivo da empresa produtora, o gasto correspondente non poderá superar o 15 % da totalidade dos gastos de persoal elixibles.
3) Gastos de asesoría ou consultoría. Enténdese por gastos de asesoría ou consultoría todos os gastos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, tales como asesoramento na escritura do guión, asesoramento para estratexias de promoción e comercialización de contidos audiovisuais, asesoramento legal e financeiro relacionado cos dereitos do proxecto e a súa estrutura de financiamento, asesoramento en traballos de investigación e outras asesorías propias das tarefas de desenvolvemento directamente vinculadas ao proxecto que se poidan xustificar.
4) Gastos de elaboración de materiais. Estes gastos refírense á realización do teaser do proxecto; elaboración do storyboard; páxina web, elaboración de dossieres e outros materiais directamente relacionados con cada proxecto que se deberán especificar e xustificar. O importe da elaboración do teaser dun proxecto non poderá superar o 25 % do seu orzamento subvencionable.
5) Loxística e participación en mercados e/ou foros de desenvolvemento. Baixo esta epígrafe recóllense os gastos de viaxe, aloxamento e manutención derivados de traballos de localización de escenarios, así como da asistencia a reunións e foros de negocio propios das tarefas de desenvolvemento que se realicen durante o período subvencionable e se xustifiquen adecuadamente. Así mesmo, serán gastos subvencionables os de inscrición en foros de negocio e foros de formación cando asistan os responsables da produción executiva, dirección ou guión do proxecto.
O custo de aloxamento e manutención non poderá superar o importe de 150 euros/día, cun máximo de cinco (5) días de estadía.
Só se admitirán como gastos de viaxe os desprazamentos realizados en transporte público (avión, tren e autobús), con tarifas de clase turista.
6. Consideraranse custos indirectos subvencionables aqueles que non están vinculados ou que non se poden vincular directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización. Para estes efectos, terán a consideración de custos indirectos os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de alugamento de espazos de traballo, apoio informático durante o período subvencionable, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. O custo imputable por este concepto será o importe resultante de lles aplicar unha porcentaxe do 7 % aos custos directos subvencionables do proxecto.
7. De conformidade co artigo 29.7 da Lei 9/2007 e a Orde HFP/1414/2023, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros de demora, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais. En concreto, non serán computados como gasto subvencionable o importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos de carácter recuperable.
8. Non terán a consideración de gastos subvencionables:
a) Os gastos suntuarios, entendéndose por tales aqueles que non achegan valor ao proxecto, as gratificacións, os agasallos protocolarios, os premios nin os gastos relativos aos servizos de representación e protocolo.
b) Os gastos derivados da compra de activos fixos, propiedade ou dispositivos electrónicos de consumo, nin outros gastos que supoñan un incremento patrimonial da persoa beneficiaria.
c) A facturación realizada entre as empresas que codesenvolven o proxecto audiovisual, de ser o caso.
d) Os gastos de asesoría en actividades, permanentes ou periódicas, relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa, como son os servizos rutineiros de asesoría laboral, contable, legal ou os servizos xurídicos periódicos, nin outros non vencellados directamente ao obxecto do proxecto.
e) Os gastos derivados da asistencia aos foros e mercados incluídos nas subvencións específicas da Agadic que se convoquen nos anos 2026 e 2027. Así mesmo, quedan excluídos aqueles gastos derivados da participación en foros de formación europeos polos que co mesmo proxecto xa se obtivese subvención da Agadic.
Artigo 6. Subcontratación
1. De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con outras empresas produtoras a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social da empresa produtora coa cal se pretenda contratar a actividade.
2. Non se considera subcontratación a contratación de calquera actividade ou servizos de produción con profesionais ou empresas en cuxo obxecto social non se inclúa a produción cinematográfica.
3. Só se admitirá a subcontratación con profesionais ou empresas en cuxo obxecto social se inclúa a produción cinematográfica das seguintes actividades, que deberán estar perfectamente xustificadas dentro do proxecto: autoría do proxecto (dirección e/ou guión), dirección de produción, dirección de localizacións e dirección de casting. Cando a actividade subcontratada garde relación coa autoría do proxecto, a persoa física subcontratada deberá estar de alta tamén na epígrafe fiscal correspondente á actividade desempeñada e con máis dun (1) ano ininterrompido en activo.
4. En ningún caso a persoa beneficiaria poderá concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos comprendidos no artigo 27.7 da Lei 9/2007.
No referente á contratación de empresas vinculadas á persoa beneficiaria, ademais de respectar o establecido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, só se computarán para os efectos de xustificación da subvención os gastos dun máximo dunha empresa vinculada á persoa beneficiaria, cun límite máximo dun 20 % do importe da axuda. A persoa beneficiaria deberá solicitar a autorización do órgano concedente con carácter previo ao compromiso de gasto.
Considerarase que existe vinculación nos supostos previstos no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
Artigo 7. Presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Na solicitude (anexo II) constan as seguintes declaracións responsables:
3.1. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas, para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
3.2. Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e que se aceptan as condicións e obrigas recollidas nesta convocatoria.
3.3. Declaración responsable de non está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003.
3.4. Declaración responsable de que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007.
3.5. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009 (en diante, Decreto 11/2009), e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
3.6. Declaración responsable de que é coñecedor/a de que as persoas provedoras non poderán estar asociadas nin vinculadas coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas conforme a definición establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), e de conformidade co recollido no artigo 27.7 da Lei 9/2007 ou no artigo 43 do Decreto 11/2009, coa excepción recollida no artigo 6.4 destas bases reguladoras referida á subcontratación.
3.7. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda e garantir a súa sustentabilidade financeira.
3.8. Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación económica pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
3.9. Declaración responsable de que a empresa non é considerada unha empresa en crise, conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC).
A Agadic realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as persoas beneficiarias non incorren nas circunstancias previstas na normativa aplicable para a cualificación de empresa en crise.
3.10. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
3.11. Declaración responsable de que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e do aboamento dos gastos subvencionables durante o prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento polo órgano concedente, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Este prazo quedará interrompido se se inicia un procedemento xudicial ou por pedimento da Comisión da UE.
3.12. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude a través do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA).
3.13. Declaración responsable de que cumplirá la normativa comunitaria, estatal y autonómica de aplicación, en particular la normativa en materia de subvenciones, así como la normativa vigente sobre igualdad, accesibilidad de personas con discapacidad y la normativa ambiental exigible.
Declaración responsable de que el proyecto financiado cumple con lo establecido en el artículo 9 del Reglamento (UE) 2021/1060 (RDC), sobre principios horizontales en materia de igualdad, accesibilidad y derechos fundamentales.
3.14. Declaración responsable de que cumpre co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis (6) obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.
3.15. Declaración responsable de que o proxecto non se iniciou antes da presentación da solicitude de axuda.
3.16. Declaración responsable de que cumpre os criterios da definición de peme establecidos pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC).
3.17. Declaración responsable de que cumpre os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
3.18. Declaración de que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA).
3.19. Declaración de que a persoa solicitante cumpre cos requisitos de produtora independente tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007.
3.20. Declaración de que a persoa solicitante, ou algunha das persoas responsables da dirección da obra ou da escrita do guión coas cales asinase un acordo ou precontrato para o desenvolvemento, é titular dos dereitos suficientes de propiedade da obra, de acordo co establecido no artigo 24.2 da Lei 55/2007, e con esta convocatoria.
3.21. Declaración das características e condicións do proxecto segundo a ficha recollida no anexo IV destas bases, relativas a lingua galega como VO prevista para o proxecto, autoría vinculada profesionalmente con Galicia, autoría novel, autoría feminina, historial en canto a obras previas producidas da empresa solicitante, experiencia autoral con base en obras anteriores.
Para estes efectos, terase en conta o seguinte:
– Considerarase que a autoría está vinculada con Galicia cando as persoas propostas para desempeñar os postos de guionista ou responsable da dirección da obra poidan acreditar, cando menos, un dos seguintes aspectos: ter desempeñado as mesmas funcións en, polo menos, dous (2) proxectos audiovisuais de produción galega realizados con anterioridade a esta convocatoria, ter realizado formación regrada en Galicia, ter Galicia como lugar de nacemento ou residencia habitual.
– Considerarase que as persoas autoras cumpren coa condición de novel sempre que non exercesen a mesma función que se indica na solicitude en ningunha obra anterior que coincida coa tipoloxía de proxectos desta convocatoria.
Artigo 8. Prazo para presentar as solicitudes e emenda
1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes, contadodesde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, a persoa interesada será requirida para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase, ademais, que, de non o facer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.
Artigo 9. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:
– Documentación xeral:
1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
1.4. Documentación acreditativa de estar comprendida na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición establecida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual. Para estes efectos, a persoa solicitante deberá achegar as contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou o Modelo 200 do imposto de sociedades do último exercicio fiscal.
A Agadic realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as cales se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.
1.5. Documentación acreditativa de que a persoa solicitante posúe os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira da súa obtención ou opción de compra para levar a cabo o desenvolvemento do proxecto.
Toda a documentación administrativa anterior terá a consideración de obrigatoria para os efectos de admisión de solicitudes.
– Documentación técnica común para as modalidades A e B:
1.6. Dossier do proxecto individual en formato de documento único indexado segundo a mesma orde de numeración e nomenclatura, que conteña os seguintes puntos:
1.6.1. Datos identificativos do proxecto individual: título, xénero, versión lingüística orixinal da obra. Deberán constar os nomes das persoas responsables da dirección e da autoría do guión, indicando se están ou non vinculadas profesionalmente con Galicia.
1.6.2. Descrición das intencións artísticas e creativas por parte das persoas autoras, así como das referencias, aspectos singulares e outros que se consideren relevantes.
1.6.3. Descrición breve e concisa dos valores de produción do proxecto, na cal se definan o público obxectivo, a capacidade para chegar a novas audiencias, o orzamento ideal para levar a cabo a produción del, a viabilidade de realización, as intencións en canto á coprodución e distribución, as intencións en canto á internacionalización do proxecto e outros aspectos que se consideren relevantes.
1.6.4. Estratexia de desenvolvemento, cronograma de realización dos traballos, relación e currículo das persoas propostas para levar a cabo os traballos de desenvolvemento do proxecto individual.
1.6.5. Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha páxina.
1.6.6. Guión ou tratamento secuencial do proxecto cando se trate dunha longametraxe de ficción ou animación. Cando se trate dunha longametraxe documental, poderase entregar un tratamento ou unha escaleta. No caso das series de ficción, animación ou documentais, haberá que achegar, xunto co guión ou o tratamento secuencial do primeiro capítulo, un mapa de tramas. No caso de proxectos que obtivesen subvención á escrita de guión por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais, haberá que presentar o guión da longametraxe ou o guión co mapa de tramas se se trata dunha serie.
1.6.7. Acreditación documental de ter efectuado o correspondente pagamento da escrita do guión, tratamento ou escaleta que se presenta a esta convocatoria, de ser o caso. Na súa falta, haberá que achegar o acordo específico acadado coas persoas autoras para realizar a dita presentación.
1.7. Orzamento de gastos de desenvolvemento do proxecto individual segundo o modelo do anexo III.
1.8. Ficha do proxecto individual segundo o modelo do anexo IV.
1.9. Documentación que acredita os datos achegados na ficha do proxecto segundo se indica a continuación:
1.9.1. Contratos en firme ou cartas de compromiso asinadas coas persoas profesionais relacionadas. No caso das persoas responsables da dirección e do guión, deberán figurar as cantidades económicas acordadas para realizar as tarefas de desenvolvemento.
1.9.2. A acreditación da autoría vinculada profesionalmente con Galicia para efectos destas bases realizarase a través dalgunha das seguintes opcións: copia do DNI ou certificado de empadroamento, ficha da base de datos de películas cualificadas do ICAA onde figuren as obras e o nome das persoas de referencia, certificación das empresas produtoras galegas en que as persoas desempeñasen algunha función ou títulos ou certificados obtidos ao realizar formación regrada en Galicia.
1.9.3. A acreditación do historial das persoas propostas como autoras farase exclusivamente mediante as fichas que constan na base de datos de películas cualificadas do ICAA (https://sede.mcu.gob.es/CatalogoICAA) cando se trate de obras cinematográficas españolas, ou de certificación das compañías produtoras cando se trate de series para TV e/ou plataformas, ou de películas cinematográficas realizadas fóra de España. No caso de acreditar series web, achegarase unha ligazón de acceso aberto ás canles en que se emitan, nas cales figuren os títulos de crédito.
1.9.4. A acreditación do historial da produtora en canto a longametraxes e curtametraxes producidas con anterioridade, só se admitirá mediante as fichas das películas que constan na base de datos de películas cualificadas do ICAA (https://sede.mcu.gob.es/CatalogoICAA). Se as obras anteriores estivesen cualificadas no estranxeiro, admitirase documentación equivalente. No caso das series, achegarase documentación de valor probatorio que certifique a participación da empresa. Non se admitirán imaxes dos títulos de crédito se non van acompañadas dunha ligazón que permita o acceso á obra.
– Documentación técnica específica para a modalidade B de paquete de proxectos:
1.10. Descrición da estratexia da empresa en canto á escolla de proxectos, segundo os aspectos que se definen no artigo 16.1.2.A1 destas bases.
1.11. Voluntariamente poderase achegar unha ligazón a unha presentación do proxecto individual a cargo das persoas autoras do proxecto individual.
1.12. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para unha mellor defensa do proxecto.
Con relación ao punto 1.6 deste artigo, o órgano instrutor comprobará a presentación do dossier como documento único, pero non realizará a comprobación do seu contido. O dossier non poderá ser obxecto de modificación ou mellora ao longo da fase de instrución do procedemento, previa á reunión da Comisión de Valoración.
2. Os documentos presentados en branco non se considerarán defectos emendables, senón que continuarán coa súa tramitación para os efectos da instrución do expediente.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 10. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– NIF da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– Imposto de actividades económicas (IAE).
– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias á AEAT.
– Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Comprobación de concesións de subvencións e axudas públicas concedidas.
– Consulta de titulares reais ao Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes. Será causa de perda do dereito ao cobramento da axuda a negativa por parte da entidade solicitante a facilitarlle estes datos ao órgano convocante das axudas.
Artigo 11. Publicación e notificación das resolucións e actos administrativos
1. Publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, a resolución da convocatoria.
2. Así mesmo, de forma complementaria, poderase efectuar a notificación de todos os actos administrativos de acordo co establecido nos puntos seguintes.
3. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (en diante, Lei 4/2019), as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
5. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
6. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
7. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 13. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (en diante, Lei 1/2016), e no artigo 15 da Lei 9/2007.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a proporcionar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 14. Instrución do procedemento
1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:
1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.
1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.
1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.
2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ou a profesionais ou a persoas expertas consultadas.
En todo caso, a Dirección da Agadic poderá requirirlles ás persoas solicitantes que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.
Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e do seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.
Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.
Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación administrativa necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración.
Artigo 15. Comisión de Valoración
1. Para a avaliación das solicitudes presentadas constituirase unha Comisión de Valoración, nomeada pola persoa titular da Dirección da Agadic, que será o órgano colexiado encargado de valorar as propostas de acordo cos criterios fixados nestas bases.
2. A Comisión de Valoración estará formada polas seguintes persoas:
– Tres profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos cultural e/ou audiovisual, das cales unha exercerá a presidencia da Comisión e terá voto de calidade en caso de empate.
– Unha persoa técnica pertencente ao cadro de persoal da Agadic.
– Unha persoa pertencente ao cadro de persoal da Agadic, que exercerá a secretaría da Comisión.
3. Para a composición da Comisión terase en conta o establecido no artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
4. A condición de persoa membro da Comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituída en ningún caso. As persoas que formen parte da Comisión declararán por escrito a ausencia de conflito de intereses na correspondente convocatoria e absteranse se se da algunha das circunstancias do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
5. A Comisión de Valoración, previamente á cualificación das solicitudes, elaborará unha acta en que concrete os criterios artísticos, de calidade e viabilidade definidos nestas bases para aplicalos de xeito coherente e homoxéneo. Así mesmo, tras a súa avaliación deixarase constancia documental das puntuacións.
6. A Comisión poderá solicitar das persoas solicitantes cantos datos e acreditacións xulgue necesarios para unha máis correcta avaliación dos proxectos.
7. Rematada a avaliación, a Comisión emitirá un informe en que relacione as solicitudes por orde de prelación e indique a puntuación asignada a cada unha delas de xeito motivado, segundo cada modalidade. Redactarase unha acta que reflicta as deliberacións e os acordos da Comisión para a súa elevación ao órgano instrutor.
Artigo 16. Criterios de valoración
1. Os criterios de valoración establécense atendendo á modalidade de solicitude, segundo se especifica:
1.1. Modalidade A de proxectos individuais:
|
Criterios técnicos |
25 puntos |
|
A. Proxecto para rodar en VO galega na súa totalidade |
5 puntos |
|
B. Promoción do novo talento e da igualdade no ámbito da creación galega (nesta epígrafe computarán só aquelas persoas profesionais que poidan acreditar a súa vinculación profesional con Galicia ou a condición de novel segundo se especifica no artigo 7.3.20 desta bases). Unha mesma persoa non poderá puntuar por dirección e guión. |
Máximo 8 puntos |
|
B1. Primeiro proxecto para as persoas autoras nalgunha das modalidades de proxecto obxecto desta convocatoria. |
Máximo 4 puntos |
|
– Primeiro proxecto como persoa directora, sempre que a función se exerza integramente. |
2 puntos |
|
– Primeiro proxecto como guionista, sempre que a súa porcentaxe de autoría sexa, como mínimo, do 50 % |
2 puntos se a autoría é integramente novel 1 punto se a autoría se comparte con persoa non novel ou non vinculada con Galicia |
|
B2. Dirección e/ou guión a cargo de mulleres. A dirección computará se está integramente a cargo dunha muller; no caso do guión, a autoría non poderá ser inferior ao 50 % e só computará se é compartida con outra muller. |
Máximo 4 puntos |
|
– Directora sempre que se exerza integramente. |
2 puntos |
|
– Guionista sempre que a porcentaxe de autoría sexa, cando menos, do 50 % e se comparta con outra muller. |
2 puntos |
|
C. Historial da produtora e das persoas autoras segundo obras anteriores realizadas |
Máximo 12 puntos |
|
C1. Historial da produtora en canto a longametraxes e series producidas con anterioridade. Poderase computar por un máximo de 5 longametraxes ou series en que se dese, cando menos, unha das condicións seguintes: a) Que fosen seleccionadas ou finalistas nalgún dos festivais e outros certames de premios audiovisuais de recoñecido prestixio que se recollen no anexo VI. b) Obras realizadas en coprodución internacional. c) Que acadasen distribución comercial en salas de cine ou fosen emitidas en televisión ou plataformas VOD. NOTAS: Cada obra non poderá puntuar máis dunha vez aínda que acadase máis dunha das condicións anteriores. |
Máximo 5 puntos 1 punto por cada longametraxe ou serie |
|
C2. Experiencia e traxectoria das persoas autoras con base en obras anteriores: – Curtametraxes, webseries, longametraxes ou series para TV nas cales exercesen a dirección da obra. – Longametraxes e series para TV/plataformas VOD nas cales exercesen como guionistas. Non computará a coautoría se é inferior ao 50 %. Se nunha mesma longametraxe ou serie as funcións de dirección e guión recaesen de forma íntegra na mesma persoa, acadarase un máximo de 1,5 puntos por cada obra; noutro caso, unha mesma persoa non computará por máis dunha función en cada obra. No caso das curtametraxes e webseries, só puntuará ter exercido a dirección íntegra da obra. |
Máximo 7 puntos |
|
– Dirección. 1 punto por cada longametraxe ou serie dirixida, computando un máximo de tres obras 0,25 puntos por cada curtametraxe ou webserie dirixida, computando un máximo de catro obras. |
Máximo 4 puntos |
|
– Guionista. 1 punto por cada longametraxe ou serie, computando un máximo de tres obras. No caso das series, puntuará a persoa guionista que figure como creadora dela. |
Máximo 3 puntos |
|
Criterios artísticos e de viabilidade |
40 puntos |
|
D. Calidade do proxecto |
Máximo 20 puntos |
|
D1. Calidade e orixinalidade do guión ou do tratamento secuencial achegado, interese e creatividade do contido, proposta artística, contribución á diversidade audiovisual e aspectos singulares e innovadores con respecto a obras xa existentes. Terase en conta a definición do público obxectivo e o potencial para chegar a un público diverso, en especial ás novas xeracións. |
Máximo 15 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados |
|
D2. Viabilidade do proxecto e potencial de internacionalización en canto á coprodución e distribución. |
Máximo 5 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados. |
|
E. Estratexia de desenvolvemento e adecuación do orzamento |
Máximo 20 puntos |
|
Avaliación do plan de desenvolvemento deseñado para o proxecto e a súa idoneidade. Tamén se terán en conta a descrición das tarefas previstas e o equipo proposto para levalas a cabo. |
Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación |
|
Adecuación do orzamento: teranse en conta o deseño do orzamento de desenvolvemento, a coherencia e equilibrio na distribución das partidas e a súa adecuación ás tarefas e ao equipo proposto. Valorarase tamén a estimación do orzamento para levar a cabo a produción do proxecto. |
Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación |
A puntuación total mínima que se deberá obter para que a solicitude resulte subvencionable é de 35 puntos para proxectos de ficción e animación e de 25 puntos para proxectos de documentais.
1.2. Modalidade B de paquete de proxectos.
A puntuación dos bloques A) e B) está referida a unha valoración global do paquete de propostas audiovisuais, cos criterios que se establecen a continuación:
|
BLOQUE A) Estratexia global da solicitude presentada |
20 puntos |
|
|
A1. Estratexia da empresa en canto á selección de proxectos |
Máximo 10 puntos (con motivación) |
|
|
Valor engadido do conxunto de proxectos presentado para mellorar a posición competitiva da entidade solicitante. Valorarase a capacidade da empresa para adaptarse a un panorama audiovisual competitivo e cambiante con base no conxunto de proxectos presentados e os seus xéneros, formatos, temáticas, así como a promoción do talento e a incorporación de novos territorios como parte da súa estratexia. |
||
|
A2. Historial da empresa |
Máximo 10 puntos |
|
|
Historial da produtora en canto a longametraxes e series producidas con anterioridade, sempre que así figure nos títulos de crédito. Poderase computar por un máximo de 5 longametraxes ou series nas cales se dese, cando menos, unha das condicións seguintes: a) Que fosen seleccionadas ou finalistas nalgún dos festivais e outros certames de premios audiovisuais de recoñecido prestixio que se recollen no anexo VI. b) Obras realizadas en coprodución internacional. c) Que acadasen distribución comercial cun mínimo de 12.000 espectadores en España. (longametraxes de ficción/animación) ou de 2.000 espectadores (longametraxes documentais). d) Que tivesen repercusión en televisións e principais plataformas VOD que operen en España. Cada obra non poderá puntuar máis dunha vez aínda que acadase máis dunha das condicións anteriores. |
2 puntos por cada longametraxe ou serie |
|
|
BLOQUE B) Promoción do galego, do talento creativo galego e igualdade |
20 puntos |
|
|
B1. Promoción do galego como VO de rodaxe |
Máis do 50 % dos proxectos terán o galego como lingua orixinal de rodaxe nunha porcentaxe superior ao 50 %. |
4 puntos |
|
B2. Actividade habitual en Galicia |
Máis do 50 % das persoas profesionais propostas para os roles de dirección e guión desenvolven a súa actividade habitual en Galicia. |
8 puntos |
|
B3. Igualdade |
Máis do 50 % das persoas propostas para os roles de dirección e guión son mulleres. |
4 puntos |
|
B4. Talento emerxente |
Máis do 50 % das persoas propostas para os roles de dirección e guión son profesionais noveis (primeiro proxecto) . |
4 puntos |
A puntuación do bloques C) e D) será o resultado de calcular a media das puntuacións de cada proxecto individual independente que forme parte do paquete de propostas audiovisuais. A Comisión de Valoración puntuará cada proxecto segundo os criterios establecidos no seguinte cadro:
|
Versión orixnal da obra, calidade e viabilidade de cada proxecto |
40 puntos |
|
C) Calidade do proxecto |
Máximo 20 puntos |
|
C1. Calidade e orixinalidade do guión ou do tratamento secuencial achegado, interese e creatividade do contido, proposta artística, contribución á diversidade audiovisual e aspectos singulares e innovadores con respecto a obras xa existentes. Terase en conta a definición do público obxectivo e o potencial para chegar a un público diverso, en especial ás novas xeracións. |
Máximo 15 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados. |
|
C2. Viabilidade do proxecto e potencial de internacionalización en canto á coprodución e distribución. |
Máximo 5 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados. |
|
D) Estratexia de desenvolvemento e adecuación do orzamento |
Máximo 20 puntos |
|
Avaliación do plan de desenvolvemento deseñado para o proxecto e a súa idoneidade. Tamén se terán en conta a descrición das tarefas previstas e o equipo proposto para levalas a cabo. |
Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación. |
|
Adecuación do orzamento: teranse en conta o deseño do orzamento de desenvolvemento, a coherencia e equilibrio na distribución das partidas e a súa adecuación ás tarefas e ao equipo proposto. Valorarase tamén a estimación do orzamento para levar a cabo a produción do proxecto. |
Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación. |
A puntuación mínima total para a modalidade B establécese en 35 puntos.
Artigo 17. Audiencia
1. Efectuada a valoración, a Comisión levantará a acta e realizará un informe en que se concretará o seu resultado, á vista do cal o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional debidamente motivada e que lles deberá ser notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007.
2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figure no procedemento ou non se vaian ter en conta na resolución outros feitos ou probas aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución terá carácter definitivo.
Artigo 18. Resolución da convocatoria
1. Tras a comprobación polo órgano instrutor do cumprimento dos requisitos por cada solicitude, elevará a proposta de resolución á Presidencia da Agadic para que dite a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.
2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic deberá ditar resolución expresa, no prazo de quince (15) días desde a data de elevación da proposta de resolución.
3. A resolución de concesión expresará, cando menos, os seguintes datos:
a) A identificación da persoa beneficiaria da axuda.
b) O importe global da axuda e a desagregación do dito importe por anualidades.
4. A Presidencia do Consello Reitor tamén deberá ditar resolución expresa, tras a proposta do órgano instrutor, das solicitudes inadmitidas e desestimadas; en ambos os casos deberase reflectir a causa da non admisión e da desestimación.
5. En todo caso, deberáselle notificarse a cada persoa beneficiaria un documento en que deberán figurar, como mínimo, a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención e obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que se deban obter coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo cal se establecen as condicións de axuda (DECA).
6. A aceptación da axuda, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións que se publicará no portal da Dirección Xeral de fondos Europeos do Ministerio de Facenda co contido do previsto no artigo 49.3 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
7. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor, no cal conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.
8. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de catro (4) meses, contados a partir do día seguinte ao da presentación das solicitudes, e en todo caso a resolución de concesión terá lugar dentro da anualidade 2026. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.
9. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015. Con todo, a notificación individual de concesión da axuda irá acompañada tamén da publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://agadic.gal, con indicación da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.
10. Esta resolución poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpoñer os recursos establecidos no artigo 33 destas bases.
Artigo 19. Aceptación e renuncia da subvención
1. A aceptación da resolución de concesión da axuda (DECA) deberá facerse de maneira expresa a través do modelo achegado pola Agadic á persoa beneficiaria. O dito documento deberá ser asinado pola persoa representante legal da persoa beneficiaria nun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da recepción do DECA. A falta desta aceptación expresa terá como consecuencia a perda do dereito á obtención da axuda e o arquivamento do expediente.
Esta obriga de aceptación expresa da resolución de concesión (DECA) farase extensiva a calquera modificación que lle sexa comunicada á persoa beneficiaria.
2. No caso de que a subvención concedida for inferior ao importe solicitado, as persoas beneficiarias poderán remitirlle á Agadic un novo orzamento estimado de gastos (anexo III) adaptado á subvención concedida que, como máximo, se reaxustará pola diferenza entre ambas as cantidades. A reformulación do orzamento deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os requisitos exixibles para a súa concesión. Esta documentación deberase remitir no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde a notificación da resolución de concesión.
3. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015. A persoa titular da dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, de conformidade coa disposición adicional primeira desta resolución, ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.
Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as persoas beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.
b) Xustificar ante a Axencia Galega das Industrias Culturais, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables, e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e o desfrute da subvención.
c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.
d) Subministrarlle á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016.
e) Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular o Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC) e o Regulamento (UE) nº 2021/1058, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.
f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que poidan realizar as unidades con competencias en materia de fondos europeos a nivel rexional, nacional ou comunitario, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Autoridade de Xestión, a DG REGIO, a OLAF, a Fiscalía Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas nos artigos 74 e 77 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para tal fin, a persoa beneficiaria deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos que integran o expediente da operación conforme a normativa aplicable, así como da documentación xustificativa da realización e do aboamento dos gastos subvencionables, durante, polo menos, un período de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
g) Comunicarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.
h) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable supoñerá a non admisión das cantidades desviadas.
i) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto pola Agadic, a Xunta de Galicia e a Unión Europea, durante a realización do proxecto. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, segundo o previsto nos artigos 47, 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), a persoa beneficiaria deberá:
1. Recoñecer o apoio na súa páxina web oficial, cando exista, e nas contas de redes sociais nas cales se aluda á produción audiovisual e sexan administradas pola persoa beneficiaria, destacando a axuda económica da Unión Europea.
2. Presentar unha declaración que destaque de forma visible a axuda da Unión Europea, en todos os documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación que xere a entidade beneficiaria.
3. Exhibir, en lugar ben visible para o público, polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación, onde se destaque a axuda con fondos da Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información adecuada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, en lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.
Este cartel deberá estar presente na sede do centro de traballo principal da entidade solicitante.
4. Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elaboren no marco da actuación. Este material deberá estar á disposición da Xunta de Galicia ou das institucións da Unión Europea se así o solicitan.
5. Respectar, en todo caso, as directrices contidas no documento sobre «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf), e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
En todas as obrigas anteriores deberá empregarse o emblema europeo xunto cunha declaración sinxela en relación co cofinanciamento, que mencione o apoio recibido da Unión Europea («Cofinanciado pola Unión Europea»), e o logotipo de fondos Europeos. Estes emblemas e logotipos, listos para o seu uso, poderán descargarse na seguinte ligazón:
https://www.conselleriadefacenda.gal/documents/20696201/20982442/Logos_web.zip
Os requisitos de comunicación destas axudas e as súas instrucións estarán á disposición de todas as persoas beneficiarias na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (https://industriasculturais.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.
k) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución.
l) Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e do aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, durante un período de cinco (5) anos a partir de 31 de decembro do ano en que efectúe o último pagamento o órgano concedente, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Este prazo quedará interrompido se se inicia un procedemento xudicial ou por pedimento da Comisión da UE.
m) As persoas beneficiarias da subvención para o desenvolvemento dun paquete de proxectos audiovisuais, modalidade B, deberán incorporar ás tarefas de desenvolvemento, en réxime de prácticas ou de contratación laboral, como mínimo unha (1) persoa guionista novel, segundo a condición que se recolle nestas bases. Esta persoa terá acceso ao proceso de desenvolvemento de todos os proxectos que integran o paquete obxecto de subvención. Deberá remitirse copia da documentación acreditativa das contratación ou prácticas realizadas coa documentación da subvención.
n) Facilitar os datos do titular real dos perceptores de financiamento da Unión, no caso de que requirida a dita información ás autoridades competentes, non se poida dispoñer dela.
ñ) Aceptar, de maneira expresa, a resolución de concesión (DECA), segundo o indicado no artigo 18.1 destas bases reguladoras. Esta obriga farase extensiva a calquera modificación da resolución de concesión (DECA) que lle sexa comunicada.
o) Comprometerse a aplicar o principio de «non causar prexuízo significativo ao ambiente (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.
p) Co fin de garantir o dereito á tramitación efectiva de reclamacións relativas á operación, regulado no artigo 69.7 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), a persoa beneficiaria deberá comunicar calquera reclamación ou litixio que afecte a operación, promovido por propia iniciativa, ou por calquera cidadán ou parte interesada, sen prexuízo da posibilidade de utilizar as canles de denuncia e os procedementos de presentación de reclamacións e queixas implantados no ámbito da Xunta de Galicia e da Administración xeral do Estado, e da posibilidade de presentar a reclamación directamente ante a Comisión Europea.
q) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.
Artigo 21. Modificación da resolución
1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión e deben obter a autorización previa da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.
2. O feito de que xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.
3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria se se cumpren os seguintes requisitos:
a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.
b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación da persoa beneficiaria, nin dane dereitos de terceiros.
c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de concorreren na concesión inicial, non poderían supoñer a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.
Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, alteracións nos importes dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión que non superen o 20 %, sempre que se compensen os incrementos duns con diminucións doutros e que esta circunstancia non modifique o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.
4. A solicitude de modificación debe ser formulada pola persoa representante legal da persoa beneficiaria expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.
Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, non se admitirán cambios con data anterior á da entrada no Rexistro da solicitude de modificación.
5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, de conformidade coa disposición adicional primeira desta resolución, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia á persoa interesada. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle á persoa interesada.
6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución do importe da subvención concedido nas diferentes anualidades, sempre que se realice, como mínimo, cun (1) mes de antelación á data de xustificación da anualidade en que se pretende facer efectiva á redistribución.
7. A solicitude de redistribución de cantidades deberá ser motivada e ir acompañada dunha memoria de estado de execución dos traballos.
8. A resolución da aceptación da solicitude de redistribución efectuarase unha vez comprobada a dispoñibilidade orzamentaria e considerarase como modificación da resolución de concesión (DECA).
Artigo 22. Xustificación da subvención
1. Esta convocatoria réxese, para efectos da súa xustificación, polo establecido no artigo 54 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), o que significa que a persoa beneficiaria deberá xustificar todos os custos directos subvencionables descritos no artigo 5 destas bases a custo real e, para cubrir o resto de custos subvencionables da operación, aplicarase un tipo fixo do 7 % de forma directa, cuxo cálculo se efectuará sobre o importe resultante da xustificación dos custos directos considerada correcta.
2. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais na resolución de concesión da subvención e responder, de maneira indubidable, á natureza da actividade subvencionada.
3. O investimento xustificado, para cada anualidade, deberá coincidir cos importes subvencionables previstos na resolución da concesión ou nas súas modificacións ou reasignacións efectuadas e debidamente autorizadas polo órgano xestor. Cando o importe xustificado, e aceptado como elixible polo órgano concedente, sexa inferior á contía elixible establecida na resolución de concesión, o importe da subvención minorarase proporcionalmente.
4. Só se considerará gasto realizado o que foi efectivamente realizado e pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.
5. A falta de presentación da xustificación nos prazos establecidos ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007 comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015.
6. Establécense os seguintes prazos de xustificación por anualidades:
Anualidade 2026: desde a resolución definitiva de concesión ata o 30 de novembro de 2026; esta última será a data límite de xustificación para a dita anualidade, así como para os pagamentos á conta e os pagamentos anticipados.
Anualidade 2027: desde o 1 de decembro de 2026 ata o 1 de outubro de 2027; esta última data será a data límite para realizar os gastos no período indicado.
Artigo 23. Conta xustificativa
A persoa beneficiara entregará unha conta xustificativa que deberá incluír a declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos. Deberase acreditar, así mesmo, na conta xustificativa o cumprimento de todas as obrigas do artigo 20. A conta xustificativa deberá incluír:
a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. A memoria deberá ir acompañada da seguinte documentación xustificativa:
a1. Guión definitivo, no caso de longametraxe, e guión de dous capítulos e a biblia do proxecto, no caso de series de TV.
a2. O contrato definitivo de compra dos dereitos de guión.
a3. Xustificante de inscrición do proxecto no Rexistro de Propiedade Intelectual.
a4. Orzamento estimado de produción e plan de financiamento da produción, coas diferentes entradas comprometidas ou en negociación, debidamente xustificadas.
a5. Plan de localizacións e calendario de produción previstos.
a6. Materiais de produción e promoción elaborados, se os gastos están consignados no orzamento presentado coa solicitude.
a7. Plan de márketing, se o gasto está consignado no orzamento presentado coa solicitude.
b) Unha memoria económica abreviada, xustificativa do custo das actividades realizadas, que incluirá unha relación clasificada dos gastos correspondentes a cada proxecto de desenvolvemento, con identificación da persoa provedora, número de factura, base impoñible, data de emisión e data de pagamento. Así mesmo, indicará as desviacións producidas nos conceptos de gasto elixible establecidos na resolución de concesión ou modificacións autorizadas. A dita memoria deberá seguir a orde do anexo III desta convocatoria.
Os gastos de persoal laboral que fosen efectivamente realizados e pagados no período subvencionable determinado na resolución de concesión da axuda deberán acreditarse documentalmente mediante:
– Certificación dos custos de persoal debidamente asinada, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ás actividades do proxecto, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e seguridade social) segundo a dedicación de cada persoa traballadora ás actividades do proxecto.
– Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao proxecto subvencionado, asinadas por cada persoa traballadora e a persoa responsable da entidade, segundo o formulario normalizado.
– Declaración asinada pola persoa responsable de Recursos Humanos, cos importes mensuais de retencións do IRPF das persoas traballadoras dedicadas ás actividades do proxecto, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe considerarase xustificado coa presentación da citada declaración, e as entidades quedan obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo dun mes desde a data límite de xustificación establecida na convocatoria.
– Copias das nóminas das persoas traballadoras dedicadas ás actividades do proxecto e copias dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores e o concepto, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste nun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen as distintas persoas traballadoras incluídas, que deberá estar selada pola entidade bancaria.
– Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, as entidades quedarán obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo dun mes desde a data límite de xustificación establecida na convocatoria.
– No caso de persoal de nova contratación, deberá achegarse copia do contrato de traballo e informe de vida laboral.
– Xustificación da comunicación por escrito ao persoal traballador de que parte do seu salario está cofinanciado pola Unión Europea.
– Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo a esta axuda, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 por cento.
c) A persoa beneficiaria presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, das diferentes administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo V).
d) Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, Lei 9/2017), para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres (3) ofertas de diferentes persoas provedoras con carácter previo á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de persoas provedoras que os subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia asinado por unha persoa experta independente.
As tres (3) ofertas ou orzamentos das persoas provedoras deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:
a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares, e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.
b) Non vinculación: as persoas provedoras das tres (3) ofertas non poderán estar vinculadas entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 e o artigo 43.2 do Decreto 11/2009 que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC). Excepcionalmente, permitirase a subcontratación cunha empresa vinculada segundo o recollido no artigo 6.4 destas bases reguladoras, respectando en todo caso o disposto na alínea d) do artigo 27.7 da Lei 9/2007.
c) Identificación da persoa ofertante e da persoa destinataria: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos da persoa emisora ou da persoa destinataria cando, ao criterio dos servizos técnicos da Agadic, se considere que están clara e inequivocamente identificadas a persoa ofertante e a persoa destinataria.
d) Data: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión.
Non serán admisibles as ofertas emitidas por persoas provedoras que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros). Para estes efectos, poderán considerarse indicios de falta de capacidade, entre outros, a ausencia de actividade relacionada co obxecto da oferta, a existencia de incidencias rexistrais relevantes ou a desproporción manifesta e non xustificada entre a dimensión do provedor e o alcance ou importe do encargo.
Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, considerarase subvencionable o importe da oferta elixida, logo de motivación sucinta de que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.
Artigo 24. Pagamento
1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión, e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas nesta resolución; todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, para o cal se observarán o establecido na Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, así como o acordo do Consello da Xunta de Galicia que exime de constitución de garantías as persoas beneficiarias destas axudas.
2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o gasto realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola persoa beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.
3. O pagamento de cada anualidade realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención e realizadas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada polos órganos competentes da Axencia.
4. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención, ademais dunha declaración das axudas públicas solicitadas ou recibidas para o proxecto segundo o anexo V da convocatoria.
5. Previamente ao pagamento, as persoas beneficiarias acreditarán que están ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e que non son persoas debedoras por resolución de procedencia de reintegro.
Para estes efectos, se a persoa beneficiaria se opón á consulta ou denega expresamente a autorización para que sexa o órgano xestor quen recade esta información, deberá achegar as ditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 9.2.
Conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, se as actuacións de oficio realizadas polo órgano instrutor dan como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, serán requiridas para que regularicen a súa situación e presenten por si mesmas os correspondentes certificados.
6. Pagamentos anticipados. As entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida, en virtude do disposto no artigo 63.3 do Decreto 11/2009, que establece que o Consello da Xunta poderá autorizar unha porcentaxe maior á determinada no decreto. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada e non poderá exceder o importe de subvención da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. O pagamento anticipado poderá ser solicitado ata cun (1) mes de antelación ao prazo de xustificación da anualidade.
7. Pagamentos á conta. Poderanse realizar pagamentos á conta respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62.1 do Decreto 11/2009.
8. En aplicación do artigo 62.2 do Decreto 11/2009, o importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, de ser o caso, se concedesen non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados.
9. Constitución de garantías. As persoas beneficiarias que soliciten, e ás cales se lles concedan, pagamentos anticipados ou pagamentos á conta quedarán exoneradas de constituír as garantías previstas no Decreto 11/2009, logo de aprobación do Consello da Xunta, de conformidade co seu artigo 67.4.
Artigo 25. Perda do dereito ao cobramento da subvención
1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.
2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboase a axuda.
3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.
Artigo 26. Causas de reintegro
1. A persoa beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos mentres dure a axuda. Pola contra, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.
2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos no artigo 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.
3. Son causas de reintegro as seguintes:
a) A falsidade, inexactitude ou omisión dos datos proporcionados pola persoa beneficiaria que sirvan de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedirían.
b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.
c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.
d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 20 desta resolución.
e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro recollidas no artigo 20.f) destas bases reguladoras, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
f) Non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.
g) A obtención de financiamento de distintas orixes ou a concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.
h) Cando, como consecuencia de incumprimento parcial, o gasto subvencionable sexa inferior ao 50 % do concedido.
i) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.
Artigo 27. Gradación dos incumprimentos
1. Serán causa de reintegro total da axuda e, de ser o caso, da perda do dereito ao cobramento, os seguintes supostos:
a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.
b) O incumprimento total e manifiesto dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión de axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e de comprobación da xustificación. No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, casos en que se deberá, se é o caso, reintegrar as cantidades percibidas, incluídas as aboadas en concepto de anticipo, na dita proporción. Se, como consecuencia da xustificación da execución material do proxecto subvencionable, o incumprimento supere o 60 % do mesmo, nos termos en que se propuxo para recibir a axuda, entenderase que non se acadaron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, o dito incumprimento será considerado total e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.
c) O incumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 dará lugar ao reintegro total da axuda.
d) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Agadic, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e/ou control financeiro, que poidan realizar as unidades con competencias en materia de fondos europeos a nivel rexional, nacional ou comunitario, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Autoridade de Xestión, a DG REGIO, a OLAF, a Fiscalía Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas nos artigos 74 e 77 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para tal fin, a persoa beneficiaria deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos que integran o expediente da operación conforme a normativa aplicable, así como da documentación xustificativa da realización e do aboamento dos gastos subvencionables, durante, polo menos, un período de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
e) Non comunicarlle á Agadic a modificación das circunstancias que fundamentan a concesión da subvención.
f) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.
g) O incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axuda, para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional. Procederase de xeito análogo coa percepción doutras subvencións públicas incompatibles coa subvención prevista nestas bases reguladoras.
h) Non depositar na Agadic o material especificado nestas bases no tempo e na forma que estas determinen.
i) Ausencia total de publicidade do financiamento do proxecto.
j) O incumprimento da normativa en materia de prazos de pagamento a persoas provedoras nos pagamentos do gasto subvencionado supoñerá a consideración dese/s elemento/s como inadecuadamente xustificados e dará lugar ao axuste proporcional da subvención correspondente ao proxecto, agás o disposto no número 2 seguinte deste mesmo artigo.
k) Non facilitar os datos do titular real das persoas perceptoras de financiamento da Unión Europea, no caso de que, consultados estes ao RCTIR, non se obtivesea información solicitada.
2. Nos seguintes casos de incumprimento reducirase o importe da axuda da seguinte maneira:
a) O incumprimento da aplicación das medidas de publicidade en relación co financiamento Feder establecido no artigo 20.i) supoñerá a perda de ata un 3 % da subvención concedida.
b) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable apropiado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder, que suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.
A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.
A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a persoa beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.
No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.
Artigo 28. Procedemento de reintegro
1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecen os motivos que se indican no artigo 25 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.
2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.
3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicaráselle ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, e no artigo 77 e seguintes do Decreto 11/2009.
4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.
5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.
Artigo 29. Control
1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.
2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento as comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere pertinentes para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.
3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente as persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.
4. Ademais do anterior, as persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control que realice a Agadic para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que poidan realizar as unidades con competencias en materia de fondos europeos a nivel rexional, nacional ou comunitario, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Autoridade de Xestión, a DG REGIO, a OLAF, a Fiscalía Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas nos artigos 74 e 77 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para tal fin, a persoa beneficiaria deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos que integran o expediente da operación conforme a normativa aplicable, así como da documentación xustificativa da realización e do aboamento dos gastos subvencionables, durante, polo menos, un período de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
Artigo 30. Medidas antifraude
Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do sistema interno de información da Agadic ou do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:
https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx e/ou https://industriasculturais.xunta.gal/es/transparencia (no formulario que se desexe utilizar, anónimo ou con identificación, seleccionarase a epígrafe «Canles específicas» e, dentro dela, elixirase a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.
Artigo 31. Normativa aplicable
1. Será de aplicación a seguinte normativa:
1.1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e, supletoriamente, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.
1.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
1.3. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
1.4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
1.5. Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema; Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, que a desenvolve, e Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, que modifica o anterior.
2. As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou trasposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:
2.1. Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.
2.2. Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.
2.3. Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.
2.4. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se trasponen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
2.5. Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
2.6 Real decreto lexislativo 1/2023, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral das persoas con discapacidade e a súa inclusión social.
Artigo 32. Publicidade
No prazo máximo de tres (3) meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, a persoa beneficiaria, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención.
Artigo 33. Recursos administrativos
A resolución da convocatoria poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, se prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.
b) Recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.
Disposición adicional primeira. Delegación de competencias
En aplicación da disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, de delegación de competencias na persoa titular da dirección da Agadic, que establece que «o réxime de delegación en materia de axudas e subvencións públicas será o que se estableza, de ser o caso, nas correspondentes resolucións de convocatoria», deléganse na persoa titular da dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais as modificacións, aceptacións das renuncias presentadas e outras incidencias das axudas previstas nesta orde, tales como redistribucións de anualidades, acordos de inicio e resolucións de procedementos de reintegros e perdas de dereito total ou parcial ao cobramento da subvención.
Disposición adicional segunda. Habilitación para o desenvolvemento
Facúltase a persoa titular da dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
