DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40671

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 16 de xullo de 2026 pola que se amplía o crédito para o procedemento PE120B da Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e se convocan para o ano 2026 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos de procedementos PE120A, PE120B, PE120C e PE120E).

BDNS (Identif.): 882125.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882125

Primeiro. Ampliación de crédito orzamentario

Amplíase o importe total do crédito para a financiación das axudas previstas na Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e se convocan para o ano 2026 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos de procedementos PE120A, PE120B, PE120C e PE120E), en concreto para o procedemento:

PE120B nunha contía de 137.000 €, con cargo á aplicación 16.02.723A.770.0 (código de proxecto 2024.00147) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, polo que o importe total da convocatoria de 2026 para o procedemento PE120B sen aumento de capacidade ascende a 2.637.000 €.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para la presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar