DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se someten a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Monte Cabeza II e das súas infraestruturas de evacuación, sitos nos concellos de Rodeiro e Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla e Chantada (Lugo) e promovido por Galicia Vento, S.L. (IN408A 2024/025).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Galicia Vento, S.L. (NIF: B27274588).

Enderezo social: lg. Monte Faro Requeixo, 27514 Chantada (Lugo).

Enderezo para efectos de notificacións: rúa de Rosario Pino, 14-16, planta 14, 28020 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Monte Cabeza II.

Nº expediente: IN408A 2024/025.

Concellos afectados: Rodeiro e Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla e Chantada (Lugo).

Potencia que se vai instalar: 40,8 MW.

Potencia evacuable: 39,5 MW.

Produción neta anual: 111.500 MWh/ano.

Prazo de execución previsto:

– Parque eólico Monte Cabeza II: 10 meses.

– LAT 132 kV Apoio 57 (LAT Maxal-Belesar) – SET Soilán II: 2 semanas.

– Subestación Soilán II 30/66/132/220 kV: 8 meses.

Orzamento de execución material (sen IVE):

– Parque eólico Monte Cabeza II: 35.964.406,28 euros.

– LAT 132 kV Apoio 57 (LAT Maxal-Belesar) – SET Soilán II: 42.327,38 euros.

– Subestación Soilán II 30/66/132/220 kV: 6.841.599,07 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

A

584.760,00

4.736.300,00

B

587.331,17

4.737.195,15

C

592.915,95

4.732.030,16

D

591.480,00

4.728.660,00

E

584.760,00

4.731.590,00

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

MC2-01

587.053,00

4.731.149,00

MC2-02

587.023,00

4.731.825,00

MC2-03

587.023,00

4.732.159,00

MC2-04

587.120,00

4.732.546,00

MC2-05

585.203,00

4.734.251,00

MC2-06

585.092,00

4.734.601,00

Coordenadas da torre meteorolóxica:

Torre

meteorolóxica

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

TM

586.670,00

4.732.002,00

Coordenadas do edificio de operación e mantemento:

Edificio operación e mantemento

(vértices)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

A

587.191,30

4.732.047,61

B

587.233,58

4.732.032,22

C

587.224,01

4.732.005,91

D

587.181,72

4.732.021,30

Coordenadas do centro de seccionamento:

Centro de seccionamento

(vértices)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

A

591.071,90

4.729.147,85

B

591.082,32

4.729.156,60

C

591.088,75

4.729.148,94

D

591.078,33

4.729.140,19

Coordenadas da liña de evacuación:

LAT

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

Inicio (apoio 57 LAT Maxal-Belesar, obxecto doutro proxecto)

602.604,82

4.720.780,81

Ap 2

602.692,71

4.720.708,39

Final (Pórtico SET Soilán II)

602.728,36

4.720.699,07

Coordenadas da subestación SET Soilán II:

SET Soilán II

(vértices)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

602.736,46

4.720.736,84

2

602.749,00

4.720.741,89

3

602.844,74

4.720.718,35

4

602.825,84

4.720.641,45

5

602.711,27

4.720.669,62

6

602.728,28

4.720.738,85

Características técnicas principais das instalacións:

1. Parque eólico Monte Cabeza II:

– Seis (6) aeroxeradores tripá modelo Vestas V162 de 6,8 MW de potencia nominal unitaria, 119 metros de altura de buxa e 162 m de diámetro de rotor.

– Seis (6) centros de transformación de potencia aparente 7.500 kVA con nivel de illamento 36 kV, de relación de transformación 0,720/33 kV, que se instalarán no interior de cada aeroxerador contendo un transformador trifásico, cela de protección do transformador e as celas de entrada e saída de liña para continuidade dos circuítos existentes.

– Unha torre meteorolóxica de medición de 120 metros de altura.

– Unha rede colectora formada por dous (2) circuítos trifásicos de tensión nominal 33 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polos aeroxeradores ata o centro de seccionamento e medida, cunha lonxitude total de 11.305,61 m. O cable utilizado para esta rede será de tipo RHZ1L 18/33 kV Al +H16 con diferentes seccións de 150, 630 e 800 mm².

– Un edificio de operación e mantemento cunha superficie de ocupación de 28x45 m2, en que se inclúen o edificio, as vías e as zonas de acceso e de estacionamento.

– Un centro de seccionamento e medida cunha tensión de servizo de 33 kV, que recollerá a enerxía xerada no parque eólico, e estará composto por dúas celas de chegada de liña, unha cela de medida do parque e unha cela de saída para evacuación da enerxía. Contará, ademais, cun transformador de servizos auxiliares, coas súas correspondentes celas de protección e medida, e co correspondente sistema de posta a terra.

– Rede de posta a terra de enlace do parque constituída por un cable de cobre espido de sección 50 mm2, cunha lonxitude aproximada de 11.979 m.

– Liña eléctrica soterrada entre o centro de seccionamento e a subestación Maxal 33/132 kV (obxecto doutro proxecto), composta por cable tipo RHZ1L 18/33 kV Al +H16 cunha sección de 800 mm², cunha lonxitude aproximada de 38 m.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, cimentacións, plataformas de montaxe, gabias de cables, edificio de operación e mantemento e centro de seccionamento e medida.

– Rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica e que se empregará para o control e regulación do parque.

2. Liña eléctrica de alta tensión a 132 kV, con orixe no apoio 57 da LAT 132 kV Maxal-Belesar (obxecto doutro proxecto) e final no pórtico da subestación Soilán II, que constará dun simple circuíto en condutor LA-280 tendido sobre 1 apoio metálico de celosía, e terá unha lonxitude de 148,73 metros.

3. Subestación eléctrica denominada Soilán II, con configuración de tipoloxía illada (AIS), con niveis de tensión de 30, 66, 132 e 220 kV, e que estará constituída, de modo xeral, polos seguintes elementos:

– 3 posicións de transformación 30/220 kV (entrada mediante liñas subterráneas en 30 kV): 2 transformadores de 55 MVA para a interconexión das plantas de almacenamento GRX Belesar I e II e 1 transformador de 45 MVA para a interconexión da planta de almacenamento BESS Belesar. Estas tres plantas de almacenamento son obxecto doutros expedientes.

– 1 posición de transformación-liña 132 kV, con transformador 132/220 kV de 50 MVA, para a interconexión co PE Monte Cabeza II.

– 1 posición de transformación-liña 66 kV, con transformador 66/220 kV de 50 MVA, para unha interconexión de Reserva.

– 1 posición de liña en 220 kV, para a interconexión coa SEC Soilán (obxecto doutro proxecto), mediante saída de liña subterránea, o que permitirá a conexión coa rede de transporte na subestación Belesar 220 kV.

– Sistema de posta a terra común para toda a subestación, formado por unha malla equipotencial.

– Rede de comunicacións, formada por condutor de fibra óptica.

– Elementos electromecánicos para controlar, protexer, distribuír, transformar e monitorizar a enerxía eléctrica nos diferentes niveis de tensión da subestación.

– Instalacións de servizos auxiliares (tres transformadores de tensión en barras de 220 kV, un grupo electróxeno, baterías e armario de baixa tensión).

– Edificio de control e operación.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto das referidas instalacións eléctricas é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto das referidas instalacións eléctricas está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

1. Proxecto de execución composto por:

– Proxecto de execución parque eólico Monte Cabeza II, asinado e visado o 13.4.2026.

– Proxecto de execución LAT 132 kV Apoio 57 (LAT Maxal-Belesar) – SET Soilán II, asinado o 9.4.2026.

– Proxecto de execución Subestación Soilán II 30/66/132/220 kV, asinado o 25.3.2026 e visado o 30.3.2026.

2. Estudo de impacto ambiental, asinado o 8.7.2026.

Esta documentación estará á disposición para a súa consulta nas seguintes dependencias administrativas:

– Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, con cita previa no correo electrónico sxrenovables.medio-ambiente@xunta.gal ou no teléfono 981 54 55 73.

– Servizos de Enerxías Renovables e Infraestruturas dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), con cita previa no correo electrónico renovables.medioambiente.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39, e Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra), con cita previa no correo electrónico cmaot.pontevedra@xunta.gal ou no teléfono 986 80 52 34).

– Casas do concello de Rodeiro, Agolada, Antas de Ulla e Chantada,.

Así mesmo, a documentación estará dispoñible no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Todo o anterior faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático