Este servizo está a tramitar a solicitude de concesión administrativa presentada polo Concello de Cee para ocupar unha superficie de once con noventa e dous metros cadrados (11,92 m2) de dominio público marítimo-terrestre, para o conxunto da EDAR e área recreativa de Lires, no concello de Cee (A Coruña) (ref. A-2025-184-C).
De conformidade co disposto no artigo 74 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (modificada pola Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei de costas), e no número 8 do artigo 152 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, se somete a información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que considere convenientes.
A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática de Litoral de Galicia:
https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica
As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial da Coruña da Consellería Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03220).
A Coruña, 10 de xullo de 2026
Ignacio Maestro Saavedra
Xefe do Servizo do Litoral da Coruña
