DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41214

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 16 de xullo do 2026 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca un concurso público de prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU), na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro), da Xunta de Galicia e na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 16 de xullo de 2026 se convoca un concurso público, por tramitación de urxencia, para a contratación de persoal docente e investigador na seguinte categoría:

• Profesorado asociado de Ciencias da Saúde: 4 prazas.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de xullo de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado da Universidade da Coruña