DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 40895

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 14 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento IN308D).

A aplicación efectiva do principio de desenvolvemento sustentable no ámbito da minaría non só supón un obxectivo primordial para a Consellería de Economía e Industria senón o marco no que, de conformidade coa Axenda 2030 e cos obxectivos da Unión Europea e a lexislación comunitaria, deben desenvolverse as políticas públicas para o sector da minaría.

O Goberno de Galicia cre nunha minaría segura e sustentable, capaz de crear máis valores e máis emprego para a nosa comunidade, partindo da defensa do estrito cumprimento da legalidade vixente. Así o consolidan as modificacións lexislativas aprobadas nos últimos anos, sempre na busca da excelencia ambiental e na promoción do desenvolvemento sustentable deste sector, en particular coa posta en marcha da Axenda de impulso da minaría sustentable de Galicia (AMSG) 2030, unha ferramenta a modo de folla de ruta que inclúe, na súa iniciativa Programa GreenMIN, incentivos económicos para fomentar a sustentabilidade nas súas dimensións económica, social e ambiental no sector dos recursos naturais en Galicia e, na súa iniciativa Programa para o fomento de sistemas de xestión mineira sustentable e da economía verde, a convocatoria de axudas para as empresas mineiras para a implantación e a certificación nas normas UNE 22480 e UNE 22470.

Neste contexto, cómpre camiñar cara á sustentabilidade do sector mineiro galego, fomentando o desenvolvemento de accións que vaian orientadas a mellorar as prácticas do sector nos ámbitos ambientais e laborais.

As axudas que se regulan e convocan a través desta orde van dirixidas ás empresas que desenvolven a súa actividade no sector da minaría dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, incluído especificamente o subsector das augas minerais, termais e de manancial e as actividades de elaboración de rocha ornamental. Estes incentivos teñen por finalidade fomentar unha minaría sustentable nas súas dimensións económica, social e ambiental, a través de cinco liñas de actuación.

A liña 1 vai dirixida a investimentos destinados a incrementar a protección do ambiente da zona afectada pola actividade mineira por riba dos límites establecidos nas normas da Unión Europea aplicables en materia de protección ambiental, ou ben a aumentar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades na falta de normas da Unión.

A liña 2 vai dirixida a investimentos destinados a mellorar as condicións laborais en materia de seguridade e saúde dos postos de traballo nas explotacións mineiras por riba dos requisitos normativos.

A liña 3 vai dirixida a investimentos destinados a mellorar as condicións laborais das persoas traballadoras en centros de elaboración de rocha ornamental mediante a redución da exposición ao po nos seus postos de traballo por riba dos requisitos normativos.

A liña 4 vai dirixida a investimentos destinados á adquisición de equipamentos de eficiencia enerxética nas empresas do sector mineiro, en especial as que se dediquen ao envasado das augas minerais naturais, así como as empresas de explotación de balnearios.

A liña 5 vai dirixida a investimentos destinados aos procesos de implantación, certificación, seguimento anual e renovación das normas UNE 22480, Sistema de xestión mineira sustentable. Requisitos, e UNE 22470, Sistema de xestión mineiro-mineralúrxica-metalúrxica sustentable. Indicadores, as cales acreditan a implantación dun sistema de xestión mineira sustentable nas empresas do sector mineiro.

As axudas recollidas nesta orde regúlanse tendo en conta as limitacións exixidas polo dereito da Unión Europea, co obxecto de aplicar a exención da obriga da notificación previa á Comisión. Neste sentido, o réxime das axudas para investimentos destinados a actuacións que se encadren na liña 1 e na liña 4 será o réxime de axudas para a protección do ambiente do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ou Regulamento xeral de exención por categorías. En canto ao réxime das axudas aos investimentos destinados a actuacións que se encadren nas liñas 2, 3 e 5, será o do Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

En virtude do exposto e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Bases reguladoras e convocatoria

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para fomentar e incentivar a sustentabilidade, nas súas dimensións económica, social e ambiental, no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse estas axudas para o ano 2026.

3. O código asignado a este procedemento administrativo é IN308D, mediante o cal se facilitarán a identificación e o acceso para a tramitación destas axudas ás persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. As subvencións que se outorguen para as actuacións obxecto desta convocatoria serán con cargo á aplicación orzamentaria 09-04-734A-770.00 (axudas sustentabilidade recursos naturais) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 2.507.869,00 €. A procedencia dos fondos é propia.

O crédito inicial destinado a cada un dos réximes xurídicos de aplicación para as axudas é o seguinte:

Réxime xurídico

Liñas de actuación

Importe

Regulamento (UE) núm. 651/2014

Liña 1 e liña 4

942.869,00 €

Regulamento (UE) 2023/2831 (réxime de minimis)

Liña 2, liña 3 e liña 5

1.565.000,00 €

2. Poderase ampliar o crédito máximo destinado a esta convocatoria cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

4. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

5. En todo caso, a concesión de axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Artigo 3. Solicitudes

1. Para solicitar estas axudas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.

2. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas.

Artigo 4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

2. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a 5 meses desde que remate o prazo para a súa presentación.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións das resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Comunicación á Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

A cesión de datos de carácter persoal que, en virtude do establecido no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado non requirirá o consentimento da persoa afectada.

Artigo 8. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN308D, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería: https://economia.xunta.gal

b) Os teléfonos da dita dirección xeral: 981 95 70 92, 981 95 72 59.

c) https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

d) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 981 90 06 43).

Disposición derradeira primeira. Habilitación

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas,
en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da sustentabilidade
no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais
en Galicia

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. Estas bases regulan a concesión das axudas que teñen por obxecto fomentar e incentivar a sustentabilidade, nas súas dimensións económica, social e ambiental, no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

3. Estas axudas están orientadas a promover actuacións sobre a protección ambiental, a prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde dos traballadores, a mellora da eficiencia enerxética, así como a implantación dun sistema de xestión mineira sustentable.

Artigo 2. Réxime de aplicación

As axudas reguladas por estas bases estarán sometidas a dous réximes diferentes:

a) O réxime das axudas que correspondan a actuacións que se encadren na liña 1 e na liña 4 será o réxime de axudas para a protección do ambiente do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ou Regulamento xeral de exención por categorías.

No que respecta ás axudas da liña 1, refírense ás que aparecen definidas dentro da sección 7 do capítulo III, como axudas ao investimento para a protección do ambiente, incluída a descarbonización (artigo 36).

En canto ás axudas da liña 4, refírense ás que aparecen definidas dentro da sección 7 do capítulo III, como axudas ao investimento destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios (artigo 38).

b) O réxime das axudas que correspondan a actuacións que se encadren nas liña 2, 3 e 5 será o réxime de minimis, conforme o Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, polo que o importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante calquera período de tres anos, e non poderá ser acumulable a outros réximes de minimis, salvo que polo seu importe non superen ese límite.

Segundo o establecido no artigo 2.2 do referido Regulamento (UE) 2023/2831, consideraranse unha única empresa todas as empresas que teñan, polo menos, un dos seguintes vínculos entre si:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios doutra empresa;

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou supervisión doutra empresa;

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra en virtude dun contrato celebrado con ela ou dunha disposición contida nos seus estatutos ou na súa escritura de constitución;

d) Unha empresa, accionista ou socia doutra, controla por si soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda, a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios desta.

As empresas que manteñan calquera das relacións recollidas nas letras a) a d) a través doutra ou outras empresas tamén se considerarán unha única empresa.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:

a) Para as liñas 1, 2, 4 e 5, as empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.

b) Para a liña 3, as empresas privadas con centros de traballo de elaboración de rocha ornamental localizados na Comunidade Autónoma de Galicia e que non estean incluídas na alínea anterior.

Para os efectos desta orde, considéranse actividades de elaboración de rocha ornamental aquelas actividades incluídas na sección C e, en concreto, na clase 23.70 do CNAE.

c) Para a liña 4, as empresas privadas que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia dedicado ao envasado das augas minerais naturais e á explotación de balnearios e que conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento desas actividades, de conformidade coa Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.

2. Para os efectos do disposto nesta orde, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica e do seu modo de financiamento, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

3. Para os efectos desta orde, os conceptos de microempresa, pequena e mediana empresa axustaranse á definición contida no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

a) Na categoría das peme, defínese mediana empresa como unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios individual non excede os 50 millóns de euros (50.000.000 de euros) ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros (43.000.000 de euros).

b) Na categoría das peme, defínese pequena empresa como unha empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros (10.000.000 de euros).

c) Na categoría das peme, defínese microempresa como unha empresa que ocupa menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros (2.000.000 de euros).

4. As persoas beneficiarias non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma e deberán estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

5. As persoas beneficiarias non poderán estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, nin atoparse en situación de crise de acordo co artigo 1.4.c) e artigo 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

6. As persoas beneficiarias destas axudas deberán relacionarse en todo caso por medios electrónicos no marco da xestión destas subvencións, mesmo aquelas que teñan a condición de empresarios persoas físicas, tendo en conta a cualificación técnica e profesional das ditas persoas beneficiarias.

7. As persoas beneficiarias non poderán estar incursas no suposto previsto no artigo 23.4 da Orde do 28 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN308D).

Artigo 4. Actuacións e gastos subvencionables

1. Serán subvencionables cinco liñas de actuación:

Liña 1. Investimentos destinados a incrementar a protección do ambiente da zona afectada pola actividade mineira. En xeral, todos aqueles investimentos destinados a previr ou emendar danos á contorna física ou aos recursos naturais e, especialmente, os destinados á mellora da calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po e ruído.

En todo caso, os investimentos deberán cumprir unha das condicións seguintes:

a) Deberán permitir a execución dun proxecto que redunde nun incremento da protección ambiental das actividades do beneficiario, superando as normas da Unión vixentes, independentemente da existencia de normas nacionais obrigatorias máis estritas que as da Unión, ou

b) Deberán permitir a execución dun proxecto que redunde nun incremento da protección ambiental das actividades do beneficiario na falta de normas da Unión, ou

c) Deberán permitir a execución dun proxecto que redunde nun incremento da protección ambiental das actividades do beneficiario co fin de cumprir normas da Unión que fosen adoptadas pero que aínda non estean en vigor.

Non se concederán axudas no caso de que os investimentos se realicen para que as empresas se limiten a cumprir as normas vixentes da Unión. Poderán concederse, en virtude do presente artigo, axudas que permitan ás empresas cumprir normas da Unión que fosen adoptadas pero que aínda non estean en vigor, sempre que o investimento para o cal se conceda a axuda se realice e termine polo menos dezaoito meses antes da data de entrada en vigor da norma en cuestión.

Así mesmo, non serán obxecto de subvención aqueles investimentos en equipamentos, maquinaria e instalacións de produción industrial que utilicen combustibles fósiles, incluídos os que utilicen gas natural. Isto enténdese sen prexuízo da posibilidade de conceder axudas para a instalación de compoñentes engadidos que melloren o nivel de protección ambiental dos equipamentos, maquinaria e instalacións de produción industrial existentes, caso en que o investimento non terá como resultado a ampliación da capacidade de produción nin un maior consumo de combustibles fósiles.

Liña 2. Investimentos destinados a mellorar as condicións laborais en materia de seguridade e saúde dos postos de traballo nas explotacións mineiras. En xeral, todos aqueles investimentos que actúen sobre os riscos relacionados coa seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía nos postos de traballo e, especialmente, os investimentos destinados á redución da exposición das persoas traballadoras ao po, ao ruído e ás vibracións.

En todo caso, só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora por riba dos requisitos normativos de aplicación.

Liña 3. Investimentos destinados a mellorar as condicións laborais das persoas traballadoras en centros de elaboración de rocha ornamental mediante a redución da exposición ao po nos seus postos de traballo.

En todo caso, só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora por riba dos requisitos normativos de aplicación.

Liña 4. Investimentos destinados á adquisición de equipamentos que permitan mellorar a eficiencia enerxética en ámbitos distintos dos edificios nas empresas do sector mineiro, en especial as empresas que se dediquen ao envasado das augas minerais naturais, así como as empresas de explotación de balnearios.

É dicir, aquelas medidas de eficiencia enerxética dirixidas a reducir os consumos de enerxía final nos procesos produtivos, quedando excluídas as enerxías renovables e as instalacións que teñan como obxecto o acondicionamento do ambiente interior para o confort das persoas.

En todo caso, só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora da eficiencia enerxética que implique un aforro enerxético mínimo dun 10 % respecto do consumo inicial.

Non se concederán axudas para os investimentos que se realicen co fin de cumprir normas da Unión que fosen adoptadas e estean en vigor. Poderán concederse axudas para os investimentos que se realicen co fin de cumprir normas da Unión que se adoptaron pero que aínda non estean en vigor, sempre que o investimento se realice e termine polo menos dezaoito meses antes da entrada en vigor da norma.

Así mesmo, non se concederán axudas á coxeración nin aos sistemas urbanos de calefacción e/o refrixeración, nin para a instalación de equipamentos de enerxía alimentados por combustibles fósiles, incluído o gas natural.

Liña 5. Investimentos destinados aos procesos de implantación e certificación, así como o seu seguimento anual e renovación das normas UNE 22480, Sistema de xestión mineira sustentable. Requisitos, e UNE 22470, Sistema de xestión mineiro-mineralúrxica-metalúrxica sustentable. Indicadores, as cales acreditan a implantación dun sistema de xestión mineira sustentable nas empresas do sector mineiro.

2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.

Serán subvencionables os gastos realizados e efectivamente pagados comprendidos entre a data de presentación da solicitude e a data de xustificación do investimento.

3. Para as actuacións da liña 1 serán gastos subvencionables os custos adicionais de investimento determinados comparando os custos do investimento cos dunha hipótese de contraste sen axuda, da seguinte maneira:

a) Cando a hipótese de contraste consista en realizar un investimento menos respectuoso co ambiente que corresponda á práctica comercial normal no sector ou a actividade de que se trate, os custos subvencionables consistirán na diferenza entre os custos do investimento para o cal se solicita a axuda e os custos do investimento menos respectuoso co ambiente;

b) Cando a hipótese de contraste consista en realizar o mesmo investimento nun momento posterior, os custos subvencionables consistirán na diferenza entre os custos do investimento para o que se concede a axuda e o valor actual neto dos custos do investimento posterior, actualizados ao momento en que se levaría a cabo o investimento que recibe a axuda;

c) Cando a hipótese de contraste consista en manter en funcionamento as instalacións e equipamentos existentes, os custos subvencionables consistirán na diferenza entre os custos do investimento para o que se solicita a axuda e o valor actual neto dos investimentos no mantemento, reparación e modernización das instalacións e equipamentos existentes, actualizados no momento en que se levaría a cabo o investimento que recibe a axuda.

En todas as situacións enumeradas no parágrafo anterior, letras a) a c), a hipótese de contraste corresponderá a un investimento cunha capacidade de produción e un ciclo de vida comparables que cumpra as normas da Unión que xa estean en vigor. A hipótese de contraste será crible á luz dos requisitos legais, das condicións do mercado e dos incentivos xerados polo réxime de comercio de dereitos de emisión da UE.

Cando o investimento para o que se solicita a axuda consista na colocación dun compoñente engadido a unha instalación xa existente e para a que non exista un investimento de contraste menos respectuoso co ambiente, os custos subvencionables serán o total dos custos de investimento.

Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental non serán subvencionables.

Non obstante o disposto nas letras a) a c), os custos subvencionables poderanse determinar sen a identificación dunha hipótese de contraste. No devandito caso, os custos subvencionables serán os custos de investimento directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental e as intensidades de axuda aplicables establecidas no artigo 5.2 reduciranse nun 50 %.

4. Para as actuacións da liña 2 serán gastos subvencionables aqueles directamente relacionados co investimento destinado a mellorar as condicións laborais en materia de seguridade e saúde dos postos de traballo nas explotacións mineiras.

5. Para as actuacións da liña 3 serán gastos subvencionables aqueles directamente relacionados co investimento destinado a reducir a exposición ao po das persoas traballadores nos seus postos de traballo nos centros de elaboración de rocha ornamental.

6. Para as actuacións da liña 4 serán subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. Eses custos determinaranse comparando os custos do investimento cos dunha hipótese de contraste sen axuda, da seguinte maneira:

a) Cando a hipótese de contraste consista en realizar un investimento con menos eficiencia enerxética que corresponda á práctica comercial normal no sector ou a actividade de que se trate, os custos subvencionables consistirán na diferenza entre os custos do investimento para o cal se concede a axuda e os custos do investimento con menos eficiencia enerxética;

b) Cando a hipótese de contraste consista en realizar o mesmo investimento nun momento posterior, os custos subvencionables consistirán na diferenza entre os custos do investimento para o que se concede a axuda e o valor actual neto dos custos do investimento posterior, actualizados ao momento en que se levaría a cabo o investimento que recibe a axuda;

c) Cando a hipótese de contraste consista en manter en funcionamento as instalacións e equipamentos existentes, os custos subvencionables consistirán na diferenza entre os custos do investimento para o que se concede a axuda e o valor actual neto do investimento no mantemento, reparación e modernización das instalacións e equipamentos existentes, actualizados ao momento en que se levaría a cabo o investimento que recibe a axuda.

En todas as situacións enumeradas no parágrafo anterior, letras a) a c), a hipótese de contraste corresponderá a un investimento cunha capacidade de produción e un ciclo de vida comparables que cumpra normas da Unión que xa estean en vigor. A hipótese de contraste será crible á luz dos requisitos legais, das condicións do mercado e dos incentivos xerados polo réxime de comercio de dereitos de emisión da UE.

Cando o investimento consista nun investimento claramente identificable destinado unicamente a mellorar a eficiencia enerxética e para a que non exista un investimento de contraste con menos eficiencia enerxética, os custos subvencionables serán o total dos custos de investimento.

Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionables.

Sen prexuízo do disposto nas letras a) a c), os custos subvencionables poderanse determinar sen a identificación dunha hipótese de contraste. No devandito caso, os custos subvencionables serán o total dos custos de investimento directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética e as intensidades de axuda aplicables establecidas no artigo 5.3 reduciranse nun 50 %.

7. Para as actuacións da liña 5 serán gastos subvencionables os custos en que incorra a persoa solicitante durante o proceso de implantación, certificación, seguimento ou renovación das normas UNE 22480, Sistema de xestión mineira sustentable. Requisitos, e UNE 22470, Sistema de xestión mineiro-mineralúrxica-metalúrxica sustentable. Indicadores, sempre que tales gastos se poidan determinar, sexan necesarios para a execución da actuación e estean soportados por facturas.

Para o caso dos procesos de implantación e certificación, serán subvencionables as actuacións necesarias dirixidas a obter a certificación final, tales como a diagnose inicial, a elaboración de manuais e procedementos, o seguimento da implantación, a formación do persoal da empresa, a auditoría interna que, en todo caso, será realizada por persoal distinto de quen implantou o dito sistema, o plan de accións correctivas, así como a auditoría externa do organismo acreditado por Enac ou por outro organismo nacional de acreditación doutro Estado membro da Unión Europea, para a certificación das normas UNE 22480 e UNE 22470 ou, na súa falta, para as normas ISO 14001 e ISO 9001. En todo caso, o proceso de implantación deberá acadar, como mínimo, a fase da auditoría interna previa á execución do plan de accións correctivas do sistema de xestión mineira sustentable.

Nos procesos de seguimento e renovación do sistema de xestión mineira sustentable serán gastos subvencionables os custos das auditorías de seguimento anual ou de renovación do organismo acreditado por Enac ou por outro organismo nacional de acreditación doutro Estado membro da Unión Europea, para a certificación das normas UNE 22480 e UNE 22470 ou, na súa falta, para as normas ISO 14001 e ISO 9001.

8. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberase achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.

9. En todo caso, só se considerarán subvencionables a maquinaria e os equipamentos de traballo novos.

En caso de adquisición de maquinaria mineira móbil ou semimóbil, só se subvencionará cando sexa de propulsión eléctrica.

Para os efectos desta orde, considerarase maquinaria mineira móbil ou semimóbil de propulsión eléctrica aqueles equipamentos de traballo autopropulsados destinados ás operacións de extracción, carga e transporte en actividades mineiras que leven instalados motores eléctricos para a súa propulsión e sexan alimentados mediante liña eléctrica, xa sexa continua ou a partir dun xerador independente, e/ou leven incorporados acumuladores eléctricos.

Artigo 5. Financiamento e intensidade das axudas

1. Do crédito total consignado para estas subvencións destinaranse 650.000,00 euros para as axudas da liña 1, 900.000,00 euros para as axudas da liña 2, 650.000,00 euros para as axudas da liña 3, 292.869,00 euros para as axudas da liña 4 e 15.000,00 euros para as axudas da liña 5.

Se existe crédito sobrante nunha ou máis liñas de actuación, e no resto das liñas quedasen solicitudes susceptibles de seren subvencionadas sen poderen ser atendidas por esgotamento do crédito inicialmente asignado á liña, distribuirase pola orde de prelación obtida na fase de valoración, de acordo cos criterios establecidos no artigo 15 destas bases, con independencia da liña de actuación a que está vinculada a solicitude, debendo ser previamente atendidas aquelas solicitudes que fosen parcialmente subvencionadas. En caso de empate, a orde de prelación será a da presentación da solicitude.

2. A intensidade máxima da axuda para as actuacións das liñas 1, 2, 3 e 5 desta convocatoria non excederá o 65 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 55 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 45 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 150.000,00 euros para as liñas 1 e 2, 50.000,00 euros para a liña 3 e 3.000,00 euros para a liña 5.

3. A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña 4 desta convocatoria non excederá o 55 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 45 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 35 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 50.000,00 euros.

Artigo 6. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

A percepción destas axudas será compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública ou ente público ou privado, nacional, internacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais. O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, supere o custo total do investimento subvencionable.

A verificación de concorrencia de axudas para a mesma finalidade realizarase sobre os mesmos custos subvencionables, de forma que non se excedan as intensidades permitidas definidas no artigo 5.

A persoa solicitante deberá dar a coñecer, mediante unha declaración responsable, as axudas que obtivese para a actividade subvencionada, tanto ao presentar a solicitude de axudas como en calquera momento ulterior en que se produza esta circunstancia. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, coa xustificación da axuda.

Artigo 7. Procedemento de concesión

As axudas reguladas por estas bases tramitaranse conforme o procedemento de concorrencia competitiva, mediante a comparación das solicitudes presentadas, establecendo unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración que se determinan no artigo 15 destas bases.

Artigo 8. Órganos competentes para a ordenación, instrución e resolución do procedemento de concesión

1. Será competente para convocar e ditar a resolución de outorgamento das axudas a que se refire esta orde a persoa titular da Consellería de Economía e Industria, sen prexuízo das delegacións existentes nesta materia.

2. O órgano responsable da instrución e ordenación do procedemento de concesión e do seguimento das actuacións financiadas será a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión da subvención presentaranse na forma e no prazo que se indiquen na convocatoria.

2. Poderán presentarse ata un máximo de tres solicitudes por persoa solicitante. En cada solicitude indicaranse a liña de actuación en que se encadra a actuación proposta e o centro de traballo onde se vaia desenvolver.

3. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

A) Documentación administrativa.

A.1. Documentación acreditativa de que a empresa realiza:

– Actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, para o cal presentarán os estatutos da sociedade e a modificación destes, debidamente legalizados, se é o caso, ou ben unha acta, escritura ou documento de constitución en que se recolla que o seu obxecto social abarca a actividade para a cal se solicita a subvención (liña 1, liña 2, liña 4 e liña 5).

– Actividades de elaboración de rocha ornamental, para o cal presentarán os estatutos da sociedade e modificación destes, debidamente legalizados, se é o caso, ou ben unha acta, escritura ou documento de constitución en que se recolla que o seu obxecto social abarca a actividade para a cal se solicita a subvención, ou un documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como declaración censual, declaración de vida laboral ou imposto de actividades económicas (liña 3).

– Actividades reguladas pola Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, para o cal presentarán os estatutos da sociedade e a modificación destes, debidamente legalizados, se é o caso, ou ben unha acta, escritura ou documento de constitución en que se recolla que o seu obxecto social abarca a actividade para a cal se solicita a subvención (liña 4).

A.2. Quen asine a solicitude en nome dunha persoa xurídica solicitante deberá acreditar a súa condición de representante legal da citada persoa xurídica, ou ben acreditar a representación en que actúa mediante un poder suficiente que o habilite para realizar en nome da persoa representada todas as actuacións que se prevexan nestas bases reguladoras. Este mesmo poder deberá ser achegado por quen asine a solicitude en nome dunha persoa física solicitante.

B) Documentación técnica.

Memoria técnico-económica descritiva da actuación datada e asinada por unha persoa técnica competente. A memoria adecuarase ao modelo que se inclúe como anexo III e incluirá os puntos do seguinte índice:

1. Tipoloxía da actuación subvencionable.

2. Datos do centro de traballo onde se realiza a actuación. A Administración reserva para si a facultade de comprobar as autorizacións/concesións, rexistros e/ou comunicacións previas de carácter preceptivo necesarias para o desenvolvemento da actividade.

3. Diagnose da situación actual, identificación e xustificación da liña de actuación elixida. Ademais, para as liñas 1, 2 e 3 indicarase e xustificarase a problemática prioritaria que se pretende resolver coa actuación proposta e se a dita actuación ten unha incidencia positiva simultánea noutras problemáticas distintas da sinalada como prioritaria.

4. Descrición técnica das medidas propostas.

5. Xustificación, segundo corresponda, do incremento ou mellora das condicións ambientais, laborais ou de eficiencia enerxética (liña 1, liña 2, liña 3 e liña 4).

6. Orzamento detallado.

7. Calendario de execución.

8. Cálculo da axuda solicitada segundo os gastos subvencionables.

9. Anexos:

– Fotografías do lugar onde se prevé realizar a actuación. No caso de substitución de equipamentos existentes, deberanse achegar tamén fotografías.

– Se é o caso, ficha técnica do fabricante do equipamento, en que se inclúan os seus datos de produtividade e consumo enerxético.

– Ofertas de provedores desagregadas por conceptos e, de ser o caso, co cálculo de custos unitarios e indicación dos criterios empregados para chegar a eles: 3 ofertas/orzamentos de distintos provedores cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, e unha oferta/orzamento dun provedor para os demais casos. No caso de que a elección entre as 3 ofertas non recaia na proposta máis vantaxosa, deberá xustificalo expresamente nunha memoria. Todo iso conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Se é o caso, a hipótese de contraste correspondente ás situacións enumeradas no artigo 4.3.a) a c) e no artigo 4.6.a) a c) destas bases reguladoras (liña 1 e liña 4).

– Plano de situación onde se indique a localización da actuación que se vai realizar, esquemas ou esbozo que permitan unha axeitada interpretación da actuación, etc.

– Documentos acreditativos do cumprimento dos criterios de valoración recollidos no artigo 15 das bases.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consultas ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal).

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa solicitante, se é o caso.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 13. Instrución do procedemento

1. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, a través da Subdirección Xeral de Recursos Minerais, examinará as solicitudes e documentos anexos presentados e, se for o caso, requirirá a persoa interesada para que emende a falta ou deficiencia na información facilitada ou achegue os documentos preceptivos no prazo de 10 días desde a recepción da notificación, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse a persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. En todo caso, considérase requisito preceptivo cubrir a información requirida nestas bases e nos seus anexos co contido mínimo necesario que permita a súa valoración.

Non se admitirán modificacións á alza do investimento subvencionable sinalado na solicitude inicial (anexo II).

3. Realizado o trámite anterior, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais remitirá o expediente xunto co seu informe, que incluirá a proposta de solicitudes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria establecidos nestas bases, á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. As solicitudes que non cumpran os requisitos exixidos contidos nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 14. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados no artigo 15 destas bases. Na devandita avaliación determinaranse a orde de prelación das solicitudes e os gastos subvencionables, establecendo o investimento subvencionable e o importe da subvención para cada unha delas.

A orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos poderase exceptuar no caso de que, unha vez finalizado o prazo de presentación, o crédito consignado na convocatoria fose suficiente para atender a todas elas.

2. A Comisión de Valoración estará composta polos seguintes membros, designados polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas:

– A persoa titular da Xefatura do Servizo de Xestión Mineira ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente ou presidenta.

– Unha persoa técnica titulada de minas do Servizo de Enerxía e Minas de cada departamento territorial da Consellería de Economía e Industria, que actuará como vogal.

– Unha persoa representante da Subdirección Xeral de Recursos Minerais, que actuará como secretaria da comisión.

Respecto de todos os membros da Comisión de Valoración será designado un suplente.

Así mesmo, poderán asistir, con voz pero sen voto, aqueles enxeñeiros ou enxeñeiras da Subdirección Xeral de Recursos Minerais que participasen na tramitación das solicitudes presentadas.

3. Para unha mellor avaliación das solicitudes, a Comisión de Valoración poderá solicitar xustificadamente da Subdirección Xeral de Recursos Minerais que se requiran cantos informes sexan necesarios para valorar as solicitudes presentadas, e que se requira das entidades solicitantes información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa coa solicitude.

4. A Comisión de Valoración poderá adoptar de forma motivada cantos criterios considere necesarios para lograr a máxima eficiencia na asignación dos recursos.

5. O resultado da valoración será recollido nun informe aprobado pola Comisión, que será asinado polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

6. A Comisión de Valoración axustarase no seu funcionamento ao disposto nos artigos 15 e seguintes da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Artigo 15. Criterios de valoración

1. Para as actuacións da liña 1, a puntuación máxima que pode alcanzar cada solicitude será de 100 puntos. A valoración das solicitudes farase de acordo cos criterios que se indican a seguir e na orde que se establece:

Criterio de valoración

Puntuación máxima

Parámetros/elementos de valoración

Baremo

(puntos)

A. Tipo de problemática prioritaria que se resolverá coa actuación proposta: máximo 45 puntos

(Suma da puntuación segundo o tipo de problemática prioritaria das indicadas nas epígrafes A.1.1, A.1.2, A.1.3 ou A.1.4 que corresponda, máis 5 puntos adicionais, da epígrafe A.2, no caso de ter incidencia positiva simultánea nalgunha outra das problemáticas da epígrafe A.1 ademais de na prioritaria)

A.1.1. Redución de emisións de material particulado á atmosfera

40 puntos

Separación de material particulado do fluxo de aire: actuación en filtración e evacuación á atmosfera

15 puntos

Extracción de material particulado xerado na fonte: actuación en postos de traballo ou proceso

20 puntos

Sistema integral de control: actuación na extracción de material xerado na fonte e na separación do fluxo de aire

40 puntos

Outras actuacións distintas das anteriores, pavimentacións, asfaltados, etc.

10 puntos

A.1.2. Redución de emisións acústicas á atmosfera

30 puntos

Eliminación ou redución do ruído nas fontes sonoras ou emisores acústicos

15 puntos

Minimización da propagación ou transmisión do ruído emitido

10 puntos

Sistema integral de control: actuación na fonte e na propagación

30 puntos

A.1.3. Mellora da xestión da auga nas diferentes etapas da actividade mineira

30 puntos

Investimentos para reducir verteduras ao medio natural

20 puntos

Sistemas de control automatizado da xestión da auga

25 puntos

Sistema integral de xestión: circuíto pechado e control automatizado

30 puntos

A.1.4. Outras problemáticas diferentes das anteriores

10 puntos

10 puntos

A.2. Incidencia positiva simultánea da actuación proposta noutras problemáticas

5 puntos

A actuación proposta pode resolver outras das problemáticas, ademais da prioritaria ou principal

5 puntos

B. Calidade técnica da proposta

10 puntos

Excelente grao de detalle e precisión en toda a información proporcionada na memoria presentada, con indicación, para a problemática que se debe resolver, dos obxectivos e fitos claros e específicos.

10 puntos

Bo grao de detalle na información proporcionada na memoria.

5 puntos

C. Incremento do nivel de protección ambiental xustificado no punto 5 da memoria técnico-económica (anexo III)

10 puntos

Incremento menor do 50 %

5 puntos

Incremento igual ou maior do 50 %

10 puntos

D. Saúde laboral e prevención de riscos laborais

10 puntos

Certificación do sistema integrado de xestión (SIG) da saúde e seguridade ocupacional ISO 45001 ou similar

10 puntos

E. Cualificación da empresa como peme ou micropeme, de conformidade co anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño

10 puntos

Mediana

5 puntos

Pequena

8 puntos

Microempresa

10 puntos

F. Responsabilidade social e territorial: contribución ao desenvolvemento sustentable

5 puntos

Dispoñer da certificación de sistemas de xestión mineira sustentable (Aenor): UNE 22470 e UNE 22480, ou certificado conforme o estándar IQNETSR10 ou similar

5 puntos

Dispoñer dun selo de garantía ou certificado que asegure que os produtos utilizados proceden de condicións de traballo dignas e mercados a un prezo xusto que apoian o desenvolvemento sustentable.

5 puntos

Conflict-free: acreditación de non comercializar nin participar na cadea de subministración de minerais de conflito

5 puntos

G. Integración laboral das persoas con discapacidade

5 puntos

Para empresas cun número inferior a 50 traballadores, ter polo menos 1 traballador con discapacidade

5 puntos

Para empresas con 50 ou máis traballadores, superar o límite legal establecido do 2 %

5 puntos

H. Incorporación da variable de xénero

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección da empresa sexa unha muller

5 puntos

Que máis do 45 % do órgano de administración ou dirección da empresa sexan mulleres

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección técnica da actuación subvencionada sexa unha muller

5 puntos

Ter definido un plan de igualdade no suposto de non ser obrigatorio

5 puntos

Dispoñer do distintivo Marca galega de excelencia en igualdade ou similar

5 puntos

2. Para as actuacións da liña 2, a puntuación máxima que se pode alcanzar por cada solicitude será de 100 puntos. A valoración das solicitudes farase de acordo cos criterios que se indican a continuación e na orde que se establece:

Criterio

Puntuación máxima

Parámetros/elementos de valoración

Baremo

(puntos)

A. Tipo de problemática prioritaria que se resolverá coa actuación proposta: máximo 45 puntos

(Suma da puntuación segundo o tipo de problemática prioritaria das indicadas nas epígrafes A.1.1, A.1.2, A.1.3 ou A.1.4 que corresponda, máis 5 puntos adicionais, da epígrafe A.2, no caso de ter incidencia positiva simultánea nalgunha outra das problemáticas da epígrafe A.1 ademais de na prioritaria)

A.1.1. Redución da exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo

40 puntos

Investimento en recolocación e/ou acondicionamento das instalacións para a mellora das condicións de exposición ao po dos postos de traballo

15 puntos

Investimento na substitución de equipamentos de traballo para mellorar os niveis de exposición ao po

20 puntos

Investimento en sistemas integrais con emprego de tecnoloxías innovadoras para captación do po

40 puntos

Outras actuacións distintas das anteriores, pavimentacións, asfaltados, etc.

10 puntos

A.1.2. Redución da exposición ao ruído e ás vibracións dos traballadores nos seus postos de traballo

30 puntos

Investimento na recolocación e/ou acondicionamento de instalacións para a mellora das condicións acústicas e de vibracións dos postos de traballo

10 puntos

Investimento na substitución de equipamentos de traballo para mellorar os niveis de exposición ao ruído e ás vibracións

15 puntos

Investimento en sistemas integrais con emprego de tecnoloxías innovadoras asociadas á redución da exposición ao ruído e ás vibracións

30 puntos

A.1.3. Mellora da seguridade dos postos de traballo

30 puntos

Investimento en medidas que eviten atrapamentos, golpes, etc. na utilización por parte das persoas traballadoras de equipamentos de traballo fixos que teñan partes móbiles (cintas transportadoras, muíños, etc.)

30 puntos

Investimento en medidas que diminúan o risco de acceso das persoas traballadoras ás instalacións e equipamentos de traballo para os labores de mantemento, reparación, etc.

20 puntos

Investimento en medidas que diminúan o risco de caída de rochas desprendidas e atrapamentos por derrubamentos ou envorcamento de bloques.

20 puntos

Outros investimentos en medidas de seguridade

10 puntos

A.1.4. Outras problemáticas diferentes ás anteriores

10 puntos

10 puntos

A.2. Incidencia positiva simultánea da actuación proposta noutras problemáticas

5 puntos

A actuación proposta pode resolver outras das problemáticas, ademais da prioritaria ou principal

5 puntos

B. Calidade técnica da proposta

10 puntos

Excelente grao de detalle e precisión en toda a información proporcionada na memoria presentada con indicación, para a problemática que se debe resolver, dos obxectivos e fitos claros e específicos.

15 puntos

Bo grao de detalle na información proporcionada na memoria.

10 puntos

C. Saúde laboral e prevención de riscos laborais

10 puntos

Certificación do sistema integrado de xestión (SIG) da saúde e seguridade ocupacional ISO 45001 ou similar

10 puntos

D. Cualificación da empresa como peme ou micropeme, de conformidade co anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño

15 puntos

Mediana

5 puntos

Pequena

10 puntos

Microempresa

15 puntos

E. Responsabilidade social e territorial: contribución ao desenvolvemento sustentable

5 puntos

Dispoñer da certificación de sistemas de xestión mineira sustentable (Aenor): UNE 22470 e UNE 22480, ou certificado conforme o estándar IQNETSR10 ou similar

5 puntos

Dispoñer dun selo de garantía ou certificado que asegure que os produtos utilizados proceden de condicións de traballo dignas e mercados a un prezo xusto que apoian o desenvolvemento sustentable.

5 puntos

Conflict-free: acreditación de non comercializar nin participar na cadea de subministración de minerais de conflito

5 puntos

F. Integración laboral das persoas con discapacidade

5 puntos

Para empresas cun número inferior a 50 traballadores, ter polo menos 1 traballador con discapacidade

5 puntos

Para empresas con 50 ou máis traballadores, superar o límite legal establecido do 2 %

5 puntos

G. Incorporación da variable de xénero

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección da empresa sexa unha muller

5 puntos

Que máis do 45 % do órgano de administración ou dirección da empresa sexan mulleres

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección técnica da actuación subvencionada sexa unha muller

5 puntos

Ter definido un plan de igualdade no suposto de non ser obrigatorio

5 puntos

Dispoñer do distintivo Marca galega de excelencia en igualdade ou similar

5 puntos

3. Para as actuacións da liña 3, a puntuación máxima que pode alcanzar cada solicitude será de 100 puntos. A valoración das solicitudes farase de acordo cos criterios que se indican a continuación e na orde que se establece:

Criterio

Puntuación máxima

Parámetros/elementos de valoración

Baremo

(puntos)

A. Tipo de problemática prioritaria que se resolverá coa actuación proposta: máximo 45 puntos

(Suma da puntuación segundo o tipo de problemática prioritaria da indicada na epígrafe A.1 que corresponda, máis 5 puntos adicionais, da epígrafe A.2, no caso de ter incidencia positiva simultánea noutras problemáticas ademais de na prioritaria)

A.1. Redución da exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo

40 puntos

Investimento en instalacións para a mellora das condicións de exposición ao po dos postos de traballo

15 puntos

Investimento na substitución de equipamentos de traballo para mellorar os niveis de exposición ao po

20 puntos

Investimento en sistemas integrais con emprego de tecnoloxías innovadoras para captación do po na orixe

40 puntos

A.2. Incidencia positiva simultánea da actuación proposta noutras problemáticas

5 puntos

A actuación proposta pode resolver outras das problemáticas, ademais da prioritaria ou principal

5 puntos

B. Calidade técnica da proposta

15 puntos

Excelente grao de detalle e precisión en toda a información proporcionada na memoria presentada con indicación, para a problemática que de debe resolver, dos obxectivos e fitos claros e específicos.

15 puntos

Bo grao de detalle na información proporcionada na memoria.

10 puntos

C. Saúde laboral e prevención de riscos laborais

10 puntos

Certificación do sistema integrado de xestión (SIG) da saúde e seguridade ocupacional ISO 45001 ou similar

10 puntos

D. Cualificación da empresa como peme ou micropeme, de conformidade co anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño

15 puntos

Mediana

5 puntos

Pequena

10 puntos

Microempresa

15 puntos

E. Responsabilidade social e territorial: contribución ao desenvolvemento sustentable

5 puntos

O centro de traballo atópase nun termo municipal de menos de 5.000 habitantes.

5 puntos

O centro de traballo atópase nun termo municipal de entre 5.000 e 20.000 habitantes.

3 puntos

O centro de traballo atópase nun termo municipal de máis de 20.000 habitantes.

1 punto

F. Integración laboral das persoas con discapacidade

5 puntos

Para empresas cun número inferior a 50 traballadores, ter polo menos 1 traballador con discapacidade

5 puntos

Para empresas con 50 ou máis traballadores, superar o límite legal establecido do 2 %

5 puntos

G. Incorporación da variable de xénero

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección da empresa sexa unha muller

5 puntos

Que máis do 45 % do órgano de administración ou dirección da empresa sexan mulleres

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección técnica da actuación subvencionada sexa unha muller

5 puntos

Ter definido un plan de igualdade no suposto de non ser obrigatorio

5 puntos

Dispoñer do distintivo Marca galega de excelencia en igualdade ou similar

5 puntos

4. Para as actuacións da liña 4, a puntuación máxima que pode alcanzar cada solicitude será de 100 puntos. A valoración das solicitudes farase de acordo cos criterios que se indican a seguir e na orde que se establece:

Criterio

Puntuación máxima

Parámetros/elementos de valoración

Baremo

(puntos)

A. Mellora da eficiencia enerxética

Redución do consumo de enerxía xustificada no punto 5 da memoria técnico-económica (anexo III)

60 puntos

Calcularase de xeito proporcional coa fórmula: P=(Ei/Emax)×60

Onde Ei=(Eof-10)

Eof, eficiencia da oferta que se valora

Emax=(Eofm-10)

Eofm, eficiencia máxima ofertada de entre todas as solicitudes admitidas.

60 puntos

B. Calidade técnica da proposta

10 puntos

Excelente grao de detalle e precisión en toda a información proporcionada na memoria presentada con indicación, para a problemática que se debe resolver, os obxectivos e fitos claros e específicos.

10 puntos

Bo grao de detalle na información proporcionada na memoria.

5 puntos

C. Sistemas de xestión enerxética

5 puntos

Certificación de sistema de xestión enerxética ISO 50001 ou similar

5 puntos

D. Cualificación da empresa como peme ou micropeme, de conformidade co anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño

10 puntos

Mediana

5 puntos

Pequena

8 puntos

Microempresa

10 puntos

E. Responsabilidade social e territorial: contribución ao desenvolvemento sustentable

5 puntos

Dispoñer de certificación de sistemas de xestión mineira sustentable (Aenor): UNE 22470 e UNE 22480, ou certificado conforme o estándar IQNETSR10 ou similar

5 puntos

Dispoñer dun selo de garantía ou certificado que asegure que os produtos utilizados proceden de condicións de traballo dignas e mercados a un prezo xusto que apoian o desenvolvemento sustentable.

5 puntos

Conflict-free: acreditación de non comercializar nin participar na cadea de subministración de minerais de conflito

5 puntos

F. Integración laboral das persoas con discapacidade

5 puntos

Para empresas cun número inferior a 50 traballadores, ter polo menos 1 traballador con discapacidade

5 puntos

Para empresas con 50 ou máis traballadores, superar o límite legal establecido do 2 %

5 puntos

G. Incorporación da variable de xénero

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección da empresa sexa unha muller

5 puntos

Que máis do 45 % do órgano de administración ou dirección da empresa sexan mulleres

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección técnica da actuación subvencionada sexa unha muller

5 puntos

Ter definido un plan de igualdade no suposto de non ser obrigatorio

5 puntos

Dispoñer do distintivo Marca galega de excelencia en igualdade ou similar

5 puntos

5. Para as actuacións da liña 5, a puntuación máxima que pode alcanzar cada solicitude será de 100 puntos. A valoración das solicitudes farase de acordo cos criterios que se indican a seguir e na orde que se establece:

Criterio

Puntuación máxima

Parámetros/elementos de valoración

Baremo

(puntos)

A. Tipo de actuación proposta: máximo 60 puntos

A.1. Implantación e certificación das normas UNE 22480 e UNE 22470

60 puntos

Implantación/auditoría interna

30 puntos

Certificación

30 puntos

A.2. Seguimento anual ou renovación das normas UNE 22480 e UNE 22470

15 puntos

15 puntos

B. Saúde laboral e prevención de riscos laborais

10 puntos

Certificación do sistema integrado de xestión (SIG) da saúde e seguridade ocupacional ISO 45001 ou similar

10 puntos

C. Cualificación da empresa como peme ou micropeme, de conformidade co anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño

15 puntos

Mediana

5 puntos

Pequena

10 puntos

Microempresa

15 puntos

D. Responsabilidade social e territorial: contribución ao desenvolvemento sustentable

5 puntos

Dispoñer dun certificado conforme o estándar IQNETSR10, ou similar

5 puntos

Dispoñer dun selo de garantía ou certificado que asegure que os produtos utilizados proceden de condicións de traballo dignas e mercados a un prezo xusto que apoian o desenvolvemento sustentable.

5 puntos

Conflict-free: acreditación de non comercializar nin participar na cadea de subministración de minerais de conflito

5 puntos

E. Integración laboral das persoas con discapacidade

5 puntos

Para empresas cun número inferior a 50 traballadores, ter polo menos 1 traballador con discapacidade

5 puntos

Para empresas con 50 ou máis traballadores, superar o límite legal establecido do 2 %

5 puntos

F. Incorporación da variable de xénero

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección da empresa sexa unha muller

5 puntos

Que máis do 45 % do órgano de administración ou dirección da empresa sexan mulleres

5 puntos

Que a persoa responsable da dirección técnica da actuación subvencionada sexa unha muller

5 puntos

Ter definido un plan de igualdade no suposto de non ser obrigatorio

5 puntos

Dispoñer do distintivo Marca galega de excelencia en igualdade ou similar

5 puntos

6. No caso de empate nas puntuacións, como criterio de desempate terase en conta a puntuación obtida no criterio de valoración establecido en primeiro lugar, e así sucesivamente.

7. Os termos e datos obxecto de valoración, coa excepción daqueles criterios cuxa avaliación se realice mediante fórmulas e os que lle corresponda comprobar ao órgano instrutor, deberán detallarse e/ou xustificarse adecuadamente mediante os documentos acreditativos, certificacións ou declaracións responsables correspondentes. En caso contrario, poderán non ser tidos en conta pola Comisión de Valoración, que así o fará constar. Todas as declaracións que se presenten para a acreditación de criterios de valoración deberán estar asinadas por quen represente legalmente a persoa solicitante, ou acredite a representación suficiente para o efecto, consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2, destas bases reguladoras.

Así mesmo, aqueles criterios técnicos como son o tipo de problemática prioritaria que se resolverá coa actuación proposta, a incidencia positiva simultánea noutras problemáticas, o incremento do nivel de protección ambiental e a mellora da eficiencia enerxética, para seren tidos en conta pola Comisión de Valoración deberán ser xustificados nos puntos correspondentes da memoria técnico-económica (anexo III).

8. En ningún caso poderán valorarse aquelas medidas ou accións cuxo cumprimento veña imposto pola lei.

Artigo 16. Trámite de audiencia

1. Unha vez valoradas as solicitudes segundo o disposto no artigo anterior, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, á vista do informe da Comisión de Valoración, formulará a correspondente proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que será notificada ás persoas interesadas para que no prazo de 10 días poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

A proposta de resolución provisional incluirá todas as solicitudes admitidas a trámite, tanto as propostas para a concesión de subvención como aquelas para as que se propón o seu rexeitamento ou se acepta a súa desistencia. De ser o caso, a proposta de resolución provisional tamén recollerá unha lista de reserva, que terá en conta a orde de prelación determinada pola Comisión de Valoración, na cal consten aquelas solicitudes admitidas a trámite que presentaron toda a documentación administrativa requirida na orde e que cumpren todos os requisitos para seren beneficiarias que, logo de cubrir o importe pendente daquelas solicitudes que fosen resoltas parcialmente por esgotamento do crédito, serán atendidas ben co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia respecto das actuacións propostas para subvención, ben co crédito sobrante doutras liñas, ou ben co posible incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións.

2. De conformidade co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderase prescindir do trámite de audiencia a que se refire o número anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

3. Transcorrido o prazo de alegacións e unha vez examinadas, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas formulará a correspondente proposta de resolución definitiva.

Artigo 17. Resolución

1. Unha vez formulada a proposta de resolución definitiva, a conselleira de Economía e Industria ditará a correspondente resolución do procedemento, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a persoa solicitante ou relación de persoas solicitantes a que se lles concede a subvención, a puntuación obtida no proceso de valoración, a actuación que se subvenciona, o importe do investimento subvencionable e a contía da axuda concedida e, se é o caso, a causa de denegación.

2. Así mesmo, as persoas beneficiarias das subvencións das liñas 2, 3 e 5 serán informadas sobre o carácter de minimis da axuda, facendo unha referencia expresa ao Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea ES, serie L, do 15 de decembro de 2023.

Artigo 18. Prazo de resolución e notificación

1. O prazo máximo para a resolución do procedemento e a súa notificación será de 5 meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes, que se computará segundo o establecido no artigo 30 da Lei 39/2015. Se transcorrido o devandito prazo, o órgano competente para resolver non notificase a dita resolución, as persoas interesadas estarán lexitimadas para entender desestimada a súa solicitude.

2. A resolución de concesión notificaráselle á persoa solicitante conforme o disposto nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo da devandita notificación, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das axudas concedidas, con expresión do programa, concepto orzamentario, titular e finalidade da axuda.

Artigo 19. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou, se non for expresa, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

A persoa beneficiaria da subvención queda obrigada a:

a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención, mediante a modalidade de conta xustificativa con entrega do informe dun auditor.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás persoas beneficiarias en cada caso.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro desta orde.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, tanto na súa forma como na súa duración, e consistirán na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente (Consellería de Economía e Industria), e nas inscricións relativas ao financiamento público (actuación subvencionable e o importe da axuda) en carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación, todo iso en función do tipo de actuación subvencionable.

i) Reintegrar os fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.

k) Manter os investimentos subvencionados e conservar toda a documentación relacionada coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco anos desde a súa concesión, en caso de bens inscritibles nun rexistro público e dous anos para o resto. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos dentro dese prazo de cinco anos, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre e cando a actividade económica se manteña en Galicia durante este período mínimo.

l) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa ás persoas beneficiarias na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 21. Subcontratación

1. Permítese a subcontratación, total ou parcial, pola entidade beneficiaria das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A entidade beneficiaria non poderá concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con empresas ou persoas vinculadas con ela ou cos seus órganos directivos e xestores, agás que concorran as circunstancias previstas no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 22. Xustificación da subvención

1. Para cobrar a subvención concedida, as persoas beneficiarias deberán presentar electronicamente, no prazo máximo do 1 de decembro de 2026 (incluído), unha solicitude de pagamento mediante o modelo normalizado do anexo IV, asinada polo responsable legal da entidade ou por unha persoa con poderes suficientes para iso, consonte o indicado no artigo 9.3, punto A.2, destas bases reguladoras, que incluirá o indicado nas seguintes alíneas:

a) Declaración responsable relativa:

– Ao gasto realizado e ao cumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

– A que o investimento foi executado conforme o indicado na solicitude, que a actuación cumpre coa normativa vixente, que se obtiveron todas as autorizacións e licenzas preceptivas, e que se cumpriu co especificado no artigo 20.h) das bases da convocatoria en relación coa publicidade do financiamento.

– A outras axudas concedidas ou solicitadas para a actuación ou conceptos para os cales se solicita esta subvención.

– Ás axudas de minimis concedidas ou solicitadas (só para o caso de axudas das liñas 2, 3 e 5).

b) Relación clasificada dos gastos e investimentos das actividades realizadas obxecto de axuda, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento, así como as cantidades inicialmente orzadas e as desviacións producidas. A relación de gastos figurará por orde cronolóxica.

2. A solicitude de pagamento irá acompañada da seguinte documentación:

a) Memoria técnica xustificativa do cumprimento da actuación subvencionada e das condicións impostas na concesión da subvención asinada por un técnico competente.

A memoria adecuarase ao modelo que se inclúe como anexo V e incluirá os puntos do seguinte índice:

1) Descrición das actuacións realizadas.

2) Incremento ou mellora, segundo corresponda, das condicións ambientais, laborais ou de eficiencia enerxética (liña 1, liña 2, liña 3 e liña 4).

3) Descrición dos resultados alcanzados, de ser o caso, na implantación do sistema de xestión mineira sustentable (só para a liña 5).

4) Declaración responsable en que se indique se o investimento realizado permitiu, no caso de actuacións da liña 1, ir alén das normas da Unión en materia de protección ambiental ou ben se permitiu aumentar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades, na falta de normas da Unión. Para o caso de actuacións das liñas 2 e 3, se permitiu mellorar por riba dos requisitos normativos as condicións laborais en materia de seguridade e saúde dos traballadores nos seus postos de traballo. Para o caso de actuacións da liña 4, se permitiu unha mellora da eficiencia enerxética que implique un aforro enerxético mínimo dun 10 % respecto do consumo inicial.

5) Anexos: fotografías, planos e outros.

b) Informe resultante do proceso da auditoría interna previa á execución do plan de accións correctivas do sistema de xestión mineira sustentable e/ou a certificación ou informe de verificación, seguimento anual ou de renovación emitidos polo organismo acreditado por Enac, ou por outro organismo nacional de acreditación doutro Estado membro da Unión Europea, para a certificación das normas UNE 22480 e UNE 22470 ou, na súa falta, para as normas ISO 14001 e ISO 9001 (só para a liña 5).

c) Informe dun auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas.

A actuación profesional do auditor de contas someterase ao disposto nas normas de actuación aprobadas mediante a Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, previstos no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

3. As persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta, ou cando a normativa aplicable exixa o consentimento expreso para a comprobación de datos e non autorizase a súa consulta, deberá indicalo nos recadros habilitados no formulario (anexo IV) e achegar os documentos.

4. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que a persoa beneficiaria presentase a documentación solicitada, a Consellería de Economía e Industria requirirá a persoa beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá as persoas beneficiarias das sancións que conforme a lei correspondan.

5. Os órganos competentes da Consellería de Economía e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. No caso de que non sexan remitidos pola persoa beneficiaria dentro do prazo que se sinale, poderá entenderse que renuncia á subvención e declararase a perda do dereito ao cobramento, segundo o procedemento establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de proceder ao seu pagamento, realizarán as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

2. A comprobación material da efectiva realización da actuación levaraa a cabo o persoal técnico designado para o efecto polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución da concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto.

Artigo 24. Comprobación de subvencións

1. O órgano concedente comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente e quedará constancia no expediente mediante unha acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración coma pola persoa beneficiaria, consonte o artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Incumprimento, renuncia, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. No caso de que a persoa beneficiaria desexe renunciar á axuda concedida, deberá enviar un escrito por medios electrónicos comunicando este feito, co fin de proceder ao remate do expediente.

4. A renuncia á axuda despois de transcorrido o prazo dun mes desde a notificación da resolución de concesión, ou a non presentación da documentación xustificativa nos prazos establecidos na orde, comportará que a persoa solicitante non poderá presentar unha nova solicitude de axuda para as mesmas actuacións que foran obxecto de concesión de subvención conforme esta orde na convocatoria de 2027.

5. Á persoa beneficiaria das subvencións reguladas nestas bases seralle de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 26. Control

1. A Consellería de Economía e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, dos servizos da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 27. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Malia o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía e Industria.

Artigo 28. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior; no Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e na demais normativa de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file