DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41284

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha vacante de operaria/o incluída na oferta de emprego público de 2023.

Pola Resolución da Alcaldía do 23 de abril de 2026 aprobáronse a convocatoria e as bases do proceso de selección para a cobertura dunha vacante de operaria/o do Concello da Guarda correspondente á oferta de emprego público de 2023, publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 97, do 25 de maio.

As bases íntegras publicaranse na sede electrónica do Concello da Guarda www.aguarda.sedelectronica.gal

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A Guarda, 10 de xuño de 2026

Roberto José Álvarez Carrero
Alcalde