Mediante a Resolución da Alcaldía do día 13 de xullo de 2026, aprobáronse as bases que regulan a convocatoria para cubrir, a través de persoal laboral fixo descontinuo, dúas prazas de profesorado de Música para a Escola de Música Municipal.
As bases íntegras foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 164, do 20 de xullo de 2026.
O prazo de presentación das instancias será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello.
A Pontenova, 20 de xullo de 2026
Darío Campos Conde
Alcalde presidente
