DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41286

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO do cambio do uso dotacional sanitario previsto no Plan xeral de ordenación municipal polo uso dotacional asistencial para a parcela 0618346NG7801N0001QE.

O Pleno do Concello de Ribadavia na sesión do 25 de xuño de 2026 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o cambio do uso dotacional sanitario previsto no Plan xeral de ordenación municipal de Ribadavia polo uso dotacional asistencial para a parcela 0618346NG7801N0001QE.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP, no DOG e na páxina web municipal.

Terceiro. Remitir o presente acordo á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto con dous exemplares dilixenciados da modificación.

Cuarto. Tramitar a inscrición da modificación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Contra o presente acordo poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo doutras accións legais que se consideren convenientes.

Ribadavia, 26 de xuño de 2026

César Fernández Gil
Alcalde