DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión definitiva do posto de traballo de xefa/e do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento (segunda convocatoria), polo procedemento de libre designación (expediente 49148/220).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 124, do 2 de xullo de 2026, publicáronse as bases reguladoras para a provisión definitiva do posto de traballo de xefa/e do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Vigo, polo procedemento de libre designación.

Consonte o establecido na base cuarta, o prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 2 de xullo de 2026

O alcalde
P. D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación

P. D. (Resolución da Alcaldía do 2.9.2025
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal