O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), na sesión realizada o 10 de xullo de 2026, aprobou as bases reguladoras para a cobertura de dúas prazas do grupo operativo da Sociedade (nivel retributivo IV), para as categorías de axente de aparcadoiro, axente de depósito, axente de estación e controlador/a.
As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, ou pódense descargar directamente da páxina www.tussa.gal, no apartado de emprego.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026
José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA)
