A Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a cobertura de dúas prazas de persoal de investigación.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles nas páxinas web https://www.fundacioninibic.es e http://www.inibic.es
O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos 10 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 21 de xullo de 2026
Patricia Rey Pérez
Directora da Fundación Pública Galega
de Investigación Biomédica INIBIC
