DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41660

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión definitiva do posto de traballo de xefatura do Servizo de Normalización Lingüística polo procedemento de concurso específico (expediente 48762/220).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 125, do 3 de xullo de 2026, publicáronse as bases reitoras do concurso específico para a provisión do posto de xefa/e do Servizo de Normalización Lingüística.

Consonte o establecido na base segunda, o prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 3 de xullo de 2026

O alcalde
P. D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P. D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal