No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 125, do 6 de xullo de 2026, publicáronse as bases reguladoras dos procesos selectivos para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público correspondente ao ano 2026.
A relación das prazas para cubrir corresponden á quenda de promoción interna, e son as que se relacionan a continuación:
– 1 praza de persoal funcionario, escala da Administración xeral, oficial de Administración, subescala administrativa, administrativa/o da Administración xeral.
– 1 praza de persoal funcionario, escala da Administración xeral, oficial de Administración adxunto a Intervención, subescala administrativa, praza administrativa/o adxunta/o a Intervención.
– 1 praza de persoal funcionario, escala da Administración xeral, oficial administrativo de Recadación, subescala administrativa, praza de administrativa/o de Recadación.
Ribadavia, 6 de xullo de 2026
César Manuel Fernández Gil
Alcalde
