DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41657

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de aprobación do Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento sociosanitario en Tameiga.

O Pleno do Concello de Mos, na sesión ordinaria do 29 de xuño de 2026, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar a documentación achegada polo redactor Ángel Jaime Santorio Cuartero o 19.6.2026, con rexistro de entrada número 3779, do Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento sociosanitario en Tameiga, Concello de Mos, promovido por Doralresidencias Gestión Sociosanitaria, S.L., para os efectos de dilixenciar o documento e de proceder á súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico.

Segundo. Comunicarlle o acordo, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do artigo 209 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, e achegar un exemplar en soporte dixital non editable debidamente dilixenciado.

Terceiro. Facultar a secretaria municipal para que dilixencie o documento e para que o remita ao Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

Para os efectos do disposto no punto segundo e terceiro da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada definitivamente estará á disposición das persoas interesadas na ligazón:

https://concellomos-my.sharepoint.com/:f:/g/personal/documentacion_concellomos_es/IgARAW3dsrBGS5CaIDpxFEVGAXNdvssZpfml6eqI2UnH93Q?e=8kbwUT

En aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición administrativa de carácter xeral, contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses, computables a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio ou da recepción da notificación do acordo, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e que sexa conforme a dereito.

Mos, 6 de xullo de 2026

Nidia María Arévalo Gómez
Alcaldesa