De acordo co artigo 57.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, as adquisicións de terras por compra deberán ser motivadas pola comunidade veciñal titular no cumprimento dos seus fins, no interese xeral das persoas comuneiras, na defensa dos seus montes e dos seus accesos, no mellor aproveitamento dos recursos ou na mellora ou ampliación do monte veciñal en man común, e requirirá da autorización previa da Administración forestal, que deberá resolver a solicitude de compra no período máximo de tres meses. As terras adquiridas mediante compra serán cualificadas polos respectivos xurados provinciais como montes veciñais en man común e non poderán ser obxecto de permuta por un período mínimo de vinte anos.
En relación con isto, na sesión celebrada o día 12.6.2026 polo Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, figuran os seguintes acordos:
– MVMC O Castelo, Chao de Lodeiro, Lagares, Ribeira e Rozas Vellas, pertencente aos veciños da parroquia de Burela, no concello de Burela. Expediente 53_78/2025_33.
O 8.7.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Burela mediante a cal solicita autorización para levar a cabo a adquisición de cinco parcelas lindeiras co seu monte veciñal.
Pola Resolución do 21.7.2025, o Departamento Territorial de Lugo autorizou a compra solicitada.
O 6.4.2026, a comunidade de Burela presentou as escrituras notariais en que formaliza a compravenda de tres predios, que se corresponden coas parcelas catastrais 27068A037002400000ED, 27068A061000420000EK e 27068A061001690000ER.
O 6.5.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico en que se especifica a modificación que se produce como consecuencia da incorporación das ditas parcelas no MVMC O Castelo, Chao de Lodeiro, Lagares, Ribeira e Rozas Vellas, que pasa a ter unha superficie de 115,67 hectáreas.
En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñais en man común os terreos adquiridos pola comunidade, e proceder á actualización correspondente no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes
– MVMC Segade, Costa de Vilar e de Cinza, Castelo, Cotón e Musgallón, pertencente aos veciños da parroquia de Orbazai, no concello de Lugo. Expediente 45_80/2023_18.
O 5.4.2023 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Orbazai mediante a cal solicitan autorización para levar a cabo a adquisición de 9.360 m2 da parcela catastral 27900A2550027.
Pola Resolución do 12.4.2023, o Departamento Territorial de Lugo autorizou a compra solicitada.
O 27.4.2026, a comunidade de Orbazai presentou a escritura notarial pola que formaliza a compravenda do terreo.
O 18.5.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico en que se especifica a modificación que se produce como consecuencia da incorporación do terreo no MVMC Segade, Costa de Vilar e de Cinza, Castelo, Cotón e Musgallón, que pasa a ter unha superficie de 100,90 hectáreas.
En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñais en man común os terreos adquiridos pola comunidade, e proceder á actualización correspondente no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.
― MVMC Corda de Neda, pertencente aos veciños da parroquia de Abeledo, no concello de Abadín. Expediente 112_77/2026_5.
O 12.4.2024 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Abeledo mediante a cal pide autorización para levar a cabo a adquisición de terreos. A solicitude recolle a compra de 3.315 m2 correspondentes ás parcelas catastrais 27001A069005010000FS, 27001A069005020000FZ, 27001A069005030000FU, 27001A069005040000FH e 27001A069005050000FW.
Pola Resolución do 17.4.2024, o Departamento Territorial de Lugo autorizou a compra solicitada.
O 27.2.2026, a comunidade de Abeledo presentou a escritura notarial pola que formaliza a compra dos predios 27001A069005010000FS e 27001A069005020000FZ.
O 12.5.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico en que se especifica a modificación que se produce como consecuencia da incorporación dos predios 27001A069005010000FS e 27001A069005020000FZ no MVMC Corda de Neda, que pasa a ter unha superficie de 444,39 hectáreas.
En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñais en man común os terreos adquiridos pola comunidade, e proceder á actualización correspondente no expediente, de conformidade coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.
Contra este acordo poderase interpoñer, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 10 de xullo de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo
