DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xullo de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 2026_2AV e doce máis).

Na sesión que tivo lugar o día 12.6.2026, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e realizar as oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– Procedemento de deslindamento núm. 2026_2AV.

MVMC Santo Estevo (expediente 11_82), pertencente aos veciños dos lugares de Santo Estevo, Acevro e Ínsua, na parroquia de Rececende, e MVMC Foxas (expediente 13_82), pertencente aos veciños de Foxas, na parroquia da Pontenova. Ambos os montes no concello da Pontenova.

Os días 24.1.2026 e 2.3.2026, a comunidade de Santo Estevo presentou unha solicitude relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza coa comunidade de Foxas para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Posteriormente, en resposta ao requirimento de emenda efectuado por esta Administración, a comunidade solicitante achegou a documentación requirida e o expediente conta coa a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das asembleas das comunidades implicadas.

O 27.5.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Santo Estevo: 88,63 ha.

• MVMC Foxas: 22,23 ha. Esta modificación ten en conta a revisión do esbozo previa, recollida no expediente 2025_58RE.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_70AV.

MVMC Bendilló (expediente 119_75), pertencente aos veciños do lugar de Bendilló, da parroquia de Bendilló, e MVMC Chao da Casa (expediente 13_76), pertencente aos veciños do lugar de Chao da Casa, na parroquia de Vilaster. Ambos os montes no concello de Quiroga.

O 29.10.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Bendilló, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 5.6.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 28.5.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Bendilló: 63,39 ha.

• MVMC Chao da Casa: 67,19 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_71AV.

MVMC Bendilló (expediente 119_75), pertencente aos veciños do lugar de Bendilló, e MVMC Vilar de Mondelo (expediente 113_75), pertencente aos veciños do lugar de Vilar de Mondelo. Ambos na parroquia de Bendilló, do concello de Quiroga.

O 29.10.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Bendilló, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 27.2.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Bendilló: 62,31 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Chao da Casa, recollido no expediente 2025_70AV.

• MVMC Vilar de Mondelo: 493,93 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_89AV.

MVMC Chao da Casa (expediente 13_76), pertencente aos veciños do lugar de Chao da Casa, na parroquia de Vilaster, e MVMC Biscobio (expediente 24_73), pertencente aos veciños dos lugares de Centeais e Ferreira, na parroquia de Montefurado. Ambos os montes no concello de Quiroga.

O 27.11.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Chao da Casa, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 5.6.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 29.5.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Chao da Casa: 69,07 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Bendilló, recollido no expediente 2025_70AV.

• MVMC Biscobio: 519,98 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_84AV.

MVMC Vilar de Mondelo (expediente 113_75), pertencente aos veciños do lugar de Vilar de Mondelo, e MVMC Serra da Artesiña (expediente 112_75), pertencente aos veciños dos lugares de Bendilló e Chao da Casa. Ambos os montes na parroquia de Bendilló, do concello de Quiroga.

O 17.11.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Vilar de Mondelo, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 3.3.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Vilar de Mondelo: 534,50 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Bendilló, recollido no expediente 2025_71AV.

• MVMC Serra da Artesiña: 188,66 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_87V.

MVMC Vilar de Mondelo (expediente 113_75), pertencente aos veciños do lugar de Vilar de Mondelo, na parroquia de Bendilló, e MVMC Feais (expediente 21_76), clasificado a favor dos veciños do lugar de Feais, na parroquia de Cereixido. Ambos os montes no concello de Quiroga.

Polo Acordo do 28.6.2006, o Xurado concedeu o aproveitamento do monte Feais á comunidade de Cereixido, en concepto de titulares provisionais, nos termos recollidos no artigo 20 da Lei 13/1989.

O 24.11.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Vilar de Mondelo, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza coa comunidade de Cereixido para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 5.6.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 4.3.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Vilar de Mondelo: 529,64 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Serra da Artesiña, recollido no expediente 2025_84AV.

• MVMC Feais: 294,33 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_76AV.

MVMC Xuguiño (expediente 17_76), pertencente aos veciños do lugar de Xuguiño, e MVMC Castelo e Novais (expediente 18_76), pertencente aos veciños dos lugares de Castelo e Novais. Ambos os montes na parroquia de Sequeiros, do concello de Quiroga.

O 31.10.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Xuguiño, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 5.6.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 27.5.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Xuguiño: 77,52 ha.

• MVMC Castelo e Novais: 126,96 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_86AV.

MVMC Castelo e Novais (expediente 18_76), pertencente aos veciños dos lugares de Castelo e Novais, da parroquia de Sequeiros, e MVMC Piguereiro (expediente 25_73), pertencente aos veciños dos lugares de Caspedro, O Hospital, Outeiro, Ribeira de Arriba, San Xulián de Arriba, San Xulián de Abaixo e O Souto, da parroquia do Hospital. Ambos no concello de Quiroga.

O 24.11.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Castelo e Novais, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 12.3.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Castelo e Novais: 128,18 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Xuguiño, recollido no expediente 2025_76AV.

• MVMC Piguereiro: 147,90 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_77AV.

MVMC Xuguiño (expediente 17_76), pertencente aos veciños do lugar de Xuguiño, da parroquia de Sequeiros, e MVMC Paradaseca (expediente 56_76), pertencente aos veciños da parroquia de Paradaseca. Ambos os montes no concello de Quiroga.

O 3.11.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Xuguiño, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 26.5.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 27.5.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Xuguiño: 102,23 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Castelo e Novais, recollido no expediente 2025_76AV.

• MVMC Paradaseca: 658,52 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_111AV.

MVMC Paradaseca (expediente 56_76), pertencente aos veciños da parroquia de Paradaseca, e MVMC Val do Campelo (expediente 114_75), pertencente aos veciños da parroquia de Bendollo. Ambos os montes no concello de Quiroga.

O 11.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Paradaseca, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 5.6.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 13.3.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Paradaseca: 648,37 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Xuguiño, recollido no expediente 2025_77AV.

• MVMC Val do Campelo: 565,62 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_112AV.

MVMC Paradaseca (expediente 56_76), pertencente aos veciños da parroquia de Paradaseca, e MVMC Piguereiro (expediente 25_73), pertencente aos veciños dos lugares de Caspedro, O Hospital, Outeiro, A Ribeira de Arriba, San Xulián de Arriba, San Xulián de Abaixo e O Souto, da parroquia do Hospital. Ambos no concello de Quiroga.

O 11.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Paradaseca, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 13.3.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Paradaseca: 649,10 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Val do Campelo, recollido no expediente 2025_111AV.

• MVMC Piguereiro: 147,13 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_113AV.

MVMC Paradaseca (expediente 56_76), pertencente aos veciños da parroquia de Paradaseca, e MVMC Eiras e Reboredo (expediente 54_76), pertencente aos veciños dos lugares da Campa do Val, Fisteus, A Goia, Vilaboa e Vilameá, da parroquia de Fisteus. Ambos no concello de Quiroga.

O 11.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Paradaseca, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 5.6.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 13.3.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Paradaseca: 661,84 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co MVMC Piguereiro, recollido no expediente 2025_112AV.

• MVMC Eiras e Reboredo: 452,61 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento núm. 2025_74AV.

MVMC Vilanuíde (expediente 16_76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilanuíde, e MVMC Anguieiros (expediente 22_76), pertencente aos veciños dos lugares dos Anguieiros, na parroquia de Montefurado. Ambos no concello de Quiroga.

O 30.10.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Vilanuíde, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 5.6.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 9.6.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

• MVMC Vilanuíde: 257,61 ha.

• MVMC Anguieiros: 165,80 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos poderase interpoñer, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 10 de xullo de 2026

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo