DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xullo de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 2025_49AV e trece máis).

Na sesión celebrada o día 12.6.2026, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– Procedemento de deslindamento 2025_49AV.

MVMC Gilfonso ou Cabalar (expediente 1/99), pertencente aos veciños da parroquia do Pereiro, no concello de Alfoz do Castrodouro; e MVMC Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa, pertencente aos veciños da parroquia de Montouto, no concello de Abadín.

O 18.8.2025 tivo entrada unha solicitude, presentada pola comunidade do Pereiro, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza coa comunidade de Montouto para establecer a liña divisora entre os seus respectivos montes veciñais. Achega a acta de deslindamento, os planos topográficos e as certificacións de aprobación por parte das asembleas das comunidades implicadas. O 1.9.2025, a comunidade promotora incorporou ao expediente a acta de conciliación formalizada ante o Xulgado de Paz de Abadín. Posteriormente, o 15.12.2025, a comunidade de Montouto presentou unha solicitude nos mesmos termos, o que consolida o mutuo acordo no procedemento.

O 2.3.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Gilfonso ou Cabalar: 250,39 ha.

– MVMC Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa: 1.551,55 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_75AV.

MVMC Cociña, Tola e Trigal (expediente 95_77), pertencente aos veciños dos lugares Cociña, Tola e Trigal; e MVMC Piñeiro, pertencente aos veciños do lugar de Piñeiro. Ambos os montes están na parroquia de Galegos, do concello de Navia de Suarna.

O 30.10.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Cociña, Tola e Trigal, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 11.6.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 18.2.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Cociña, Tola e Trigal: 196,36 ha.

– MVMC Piñeiro: 151,98 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_108AV.

MVMC Abradelo (expediente 99_76), pertencente aos veciños do lugar de Abradelo, na parroquia do Real (San Cristovo); e MVMC Gundriz (expediente 72_75), pertencente aos veciños do lugar de Gundriz, na parroquia de Gundriz. Ambos os montes están no concello de Samos.

O 10.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Abradelo, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 2.3.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 4.6.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Abradelo: 351,11 ha.

– MVMC Gundriz: 627,74 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_107AV.

MVMC Pasantes (expediente 76_79), pertencente aos veciños do lugar de Pasantes, na parroquia e concello de Triacastela; e MVMC Gundriz (expediente 72_75), pertencente aos veciños do lugar de Gundriz, na parroquia de Gundriz, no concello de Samos.

O 10.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Pasantes, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 2.3.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Pasantes: 333,78 ha.

– MVMC Gundriz: 626,60 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento anterior co MVMC Abradelo, recollido no expediente 2025_108AV.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_101AV.

MVMC Ribón (expediente 100_77), pertencente aos veciños dos lugares de Murias de Camín e Ribón, na parroquia de Ribón; e MVMC Busmor, pertencente aos veciños dos lugares Quintá e Ribón, das parroquias de Moia e Ribón, respectivamente. Ambos os montes están no concello de Navia de Suarna.

O 4.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Murias de Camín e Ribón, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 27.2.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Ribón: 288,48 ha. Esta modificación ten en conta a revisión do esbozo previa, recollida no expediente 2025_66RE.

– MVMC Busmor: 144,77 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_95AV.

MVMC Santa María (expediente 77_78), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Mariña do Incio; e MVMC Foilebar, parcela O Pico de Leizán e A Louseira (expediente 1_2000), pertencente aos veciños da parroquia de Foilebar. Ambos os montes están no concello do Incio.

O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Santa Mariña do Incio, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. O 19.2.2026 presentaron unha mellora da solicitude. A documentación final achegada conta coa acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 5.6.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 12.3.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Santa María: 224,26 ha.

– MVMC Foilebar: 27,87 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_96AV.

MVMC San Pedro (expediente 60_75), pertencente aos veciños do lugar de San Pedro, na parroquia de Riocereixa; e MVMC Riocereixa, pertencente aos veciños do lugar de Riocereixa, na parroquia do mesmo nome. Ambos os montes están no concello de Pedrafita do Cebreiro.

O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de San Pedro, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 26.2.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC San Pedro: 175,59 ha. Esta modificación ten en conta a revisión do esbozo previa, recollida no expediente 2025_85RE.

– MVMC Riocereixa: 351,08 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_126AV.

MVMC Vilares (expediente 31_75), pertencente aos veciños da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz; MVMC Pena do Lobo (expediente 132_79), pertencente aos veciños de Escuadra de Penarredonda, da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba; e MVMC Santa Cruz (expediente 29_75), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Cruz de Parga, no concello de Guitiriz.

O 15.12.2025, a comunidade de Vilares presentou unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo coas comunidades de Escuadra de Penarredonda e Santa Cruz, respectivamente, para establecer a liña divisoria que separa os seus montes. Posteriormente, en resposta ao requirimento de emenda efectuado por esta Administración, a comunidade solicitante achegou a documentación requirida e o expediente conta coas actas de deslindamento, os planos topográficos, as actas de conciliación e as certificacións de aprobación por parte das asembleas das comunidades implicadas.

O 17.2.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Vilares: 886,98 ha. Esta modificación ten en conta a revisión do esbozo previa, recollida no expediente 2025_68RE.

– MVMC Pena do Lobo: 162,88 ha.

– MVMC Santa Cruz: 829,33 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_114AV.

MVMC Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Telleira e Biduedo (expediente 147_80), pertencente aos veciños da parroquia de Frontón; e MVMC Costa Falgueira, Telleira, Biduedo, Pena Pombeiro e Pedrouzo, pertencente aos veciños da parroquia de Pombeiro, agás Bazal, Cascaxide, A Piúca, A Torre, O Torrón e Vilamirón. Ambos os montes están no concello de Pantón.

O 11.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Frontón, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 3.3.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Hervededo, Costa Reboiras, Espiñeiro, C. Telleira e Biduedo: 475,41 ha.

– MVMC C. Falgueira, Telleira, Biduedo, Pena Pombeiro e Pedrouzo: 329,48 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_92AV.

MVMC San Pedro (expediente 134_75), pertencente aos veciños da parroquia de San Pedro do Incio, no concello do Incio; e MVMC Ferreiros (expediente 1_75), pertencente aos veciños da parroquia de Ferreiros, agás Veneira de Roques, no concello da Pobra do Brollón.

O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de San Pedro do Incio, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 3.3.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC San Pedro: 615,56 ha.

– MVMC Ferreiros: 410,40 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_115AV

MVMC Veneira (expediente 2_75), pertencente aos veciños da Veneira de Roques, na parroquia de Ferreiros, e MVMC Ferreiros (expediente 1_75), pertencente aos veciños da parroquia de Ferreiros, agás A Veneira de Roques. Ambos os montes están no concello da Pobra do Brollón.

O 11.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade da Veneira de Roques, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 3.3.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Veneira: 263,16 ha.

– MVMC Ferreiros: 414,42 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento anterior co MVMC San Pedro, recollido no expediente 2025_92AV.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_93AV.

MVMC Trascastro (expediente 78_78), pertencente aos veciños da parroquia de Trascastro, no concello do Incio; e MVMC Saa (expediente 9_75), pertencente aos veciños da parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón.

O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Trascastro, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 3.3.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Trascastro: 959,52 ha.

– MVMC Saa: 1.271,39 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_94AV.

MVMC Trascastro (expediente 78_78), pertencente aos veciños da parroquia de Trascastro; e MVMC San Pedro (expediente 134_75), pertencente aos veciños da parroquia de San Pedro do Incio. Ambos os montes están no concello do Incio.

O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Trascastro, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 25.2.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Trascastro: 985,40 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento anterior co MVMC Saa, recollido no expediente 2025_93AV.

– MVMC San Pedro: 589,32 ha. Esta modificación ten en conta o deslindamento anterior co MVMC Ferreiros, recollido no expediente 2025_92AV.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Procedemento de deslindamento 2025_62AV.

MVMC San Paio (expediente 6_82), pertencente aos veciños do lugar de San Paio, na parroquia de Cubilledo; e MVMC Fonteo (expediente 55_77), pertencente aos veciños da parroquia de Fonteo. Ambos os montes están no concello de Baleira.

O 30.9.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de San Paio, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación por parte das asembleas de ambas as comunidades.

O 11.3.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC San Paio: 152,13 ha.

– MVMC Fonteo: 247,57 ha.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos poderase interpoñer, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 10 de xullo de 2026

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo