DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41424

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 19 do grupo I (titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico/a), das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

Unha vez rematado o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 19 do grupo I (titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico/a), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 16 de abril de 2025 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 16 de abril de 2025 (DOG núm. 82, do 30 de abril), esta Consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 19 do grupo I (titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico/a), ás persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, as persoas á que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exigidos no artigo 13 do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. O prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e que foron convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) será de 15 días naturais a partir do 15 de setembro, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro).

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

O cesamento deberá efectuarse o día 14 de setembro de 2026.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Titulación

Observ.

1

***1771**

Gómez Tellado, Loreto

2

MAC030040115001105

Titulado/a superior especialista

MA

Laboratorio de Medio Ambiente De Galicia
(A Coruña)

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

A Coruña

I

19

Lic./Grao Farmacia

B10 // B11 // B18

2

***6054**

García-Malvar Suárez, María

3

SAC030000015770047

Titulado/a superior farmacéutico/a

SA

D. X. de Saúde Pública

Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

I

19

3

***6270**

Barca Ramos, Marta

5

SAC030000015770046

Titulado/a superior farmacéutico/a

SA

D. X. de Saúde Pública

Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

I

19

4

***6151**

Mayo Fernández, Serafín

4

SAC030020127001110

Titulado/a superior farmacéutico/a

SA

Laboratorio de Saude Pública de Galicia (Lugo)

Dirección Xeral de Saúde Pública

Lugo

I

19

B10 // B11

5

***2439**

Ulloa Ballesteros, Irene del Valle

1

MAC030040115001110

Titulado/a superior especialista

MA

Laboratorio de Medio Ambiente De Galicia
(A Coruña)

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

A Coruña

I

19

Lic./Grao Farmacia

B10 // B11 // B18

6

***1106**

Garcia Carbajales, María Carmen

Renuncia