DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41420

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 13 de abril de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e se abre o prazo posesorio dos postos adxudicados no concurso de traslados convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, do 13 de abril de 2026 (DOG núm. 71, do 17 de abril), resolveuse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024.

De acordo co punto terceiro desa resolución, diferíronse os prazos posesorios ata a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

Por outra banda, no anexo II da dita resolución publícanse os postos adxudicados ás persoas participantes no concurso de traslados. Non obstante, no dito anexo figuran quince (15) postos afectados por procedementos xudiciais seguidos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Co fin de preservar os dereitos das persoas adxudicatarias que se viron afectadas pola execución destas sentenzas, estas tomarán posesión nun posto de similares características aos que lles foron adxudicados na Resolución do 13 de abril de 2026 e con idénticos efectos.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas segundo o artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, e de conformidade co previsto na base XI da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. En virtude dos procedementos xudiciais seguidos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, modificar o anexo II da Resolución do 13 de abril de 2026 e excluír os postos que se indican no anexo I desta resolución. As persoas afectadas tomarán posesión, de xeito simultáneo ao resto de persoas adxudicatarias, en postos de similares características aos adxudicados, e con idénticos efectos.

Segundo. A apertura do prazo de toma de posesión que se establece no punto terceiro da Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 13 de abril de 2026.

De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidade públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 14 de setembro de 2026.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 15 de setembro de 2026.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, ante esta mesma dirección xeral, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Adxudicacións que se modifican

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Subgrupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Anta

Cruz

Avelino

***8160**

AP

2377

EI.C99.10.000.32001.041

Subalterno/a

EM

Ourense

10

9.452

Arias

Rivas

María Luisa

***4600**

C2

1402

PS.C99.10.000.36560.571

Operador/a entrada de datos

PS

Vigo

14

22.367

Coego

Montoto

Javier

***2541**

C1

3015

PE.C04.00.001.15770.039

Xefatura negociado rexist. titul. náuticas de lecer

PE

Santiago de Compostela

18

17.573

Freijo

Amigo

Susana

***7771**

C2

170

PR.C99.30.000.27640.002

Xefatura de grupo

PR

Vilalba

14

19.011

Iglesias

Ramos

Beatriz

***9064**

AP

71

PR.C02.00.006.15770.105

Subalterno/a

PR

Santiago de Compostela

10

15.603

Luengos

García

María Sabela

***9216**

C2

1658

FC.A29.10.000.27001.150

Unidade de apoio administrativo

FC

Lugo

18

18.817

Méndez

Vázquez

Alejandra

***1810**

AP

1691

FC.A29.10.000.36560.169

Subalterno/a

FC

Vigo

10

11.779

Mera

Torneiro

Lucía

***4327**

C1

1656

FC.A29.10.000.27001.120

Unidade de apoio administrativo

FC

Lugo

18

19.126

Núñez

Canda

Ana Isabel

***7207**

C2

414

ED.C99.10.000.27001.187

Xefatura grupo

ED

Lugo

14

18.778

Pascual

Grasa

María Eugenia de

***1828**

A1

2326

EI.C05.00.001.15770.006

Xefatura sección estruturas comerciais

EM

Santiago de Compostela

25

27.670

Pena

Ferreiro

Montserrat

***2335**

C2

2711

IN.O19.10.000.27001.044

Xefatura negociado

EM

Lugo

18

21.915

Puga

Barreiros

Mª Milagros

***6610**

A1

2385

EI.C99.10.000.32001.520

Técnico/a instrutor/a en formación ocupacional

EM

Ourense

24

26.180

Rodríguez

Buide

María Isabel

***0640**

C2

30

PX.A29.10.000.27001.005

Xefatura negociado turismo I

PX

Lugo

18

23.290

Rodríguez

Díaz

Fátima

***4144**

AP

420

ED.C99.10.000.27001.522

Subalterno/a

ED

Lugo

10

11.753

Val

Arias

Clodio Policarpo

***3784**

C2

408

ED.C99.10.000.27001.089

Xefatura negociado II

ED

Lugo

18

22.108

Relación de consellerías:

Código

Consellería

ED

Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EM

Emprego, Comercio e Emigración

FC

Facenda e Administración Pública

PE

Mar

PR

Presidencia, Xustiza e Deportes

PS

Política Social e Igualdade

PX

Presidencia da Xunta de Galicia