De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia anúnciase a aprobación e a publicación polo Pleno, con datas do 18 de xuño e do 8 de xullo de 2026, dos informes que a seguir se relacionan:
– Informe de fiscalización dos fondos europeos exercicio 2024 (1502025-02).
– Informe de auditoría exprés da planificación e implantación da tributación por estancias e estadías nos concellos de Galicia [1702025-08].
Ligazón para acceder ao texto completo dos informes:
https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
