O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.
O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.
O artigo 18.11 do Regulamento xeral de estradas de Galicia (RXEG) dispón que os cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forma parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles, que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente.
O 15 de xaneiro de 2026, o Concello de Carballo e a Axencia Galega de Infraestruturas asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo a «humanización dun treito urbano da AC-552, avenida de Fisterra». A cláusula terceira deste convenio recolle o compromiso do Concello de Carballo de asumir a titularidade do dominio público viario do tramo da AC-552 entre os puntos quilométricos 31+900 e 32+920.
O treito da estrada AC-552 obxecto de transferencia ten o seu inicio no p.q. 31+900 da AC-552, onde finaliza unha transferencia anterior do 5 de xuño de 2009 a este concello e finaliza no p.q. 32+970 da AC-552, pasada a rotonda de acceso principal ao parque comercial A Revolta. Discorre, salvo nun treito duns 50 metros na súa marxe esquerda, por solo clasificado como urbano polo planeamento vixente no Concello de Carballo.
Corríxese o valor indicado no convenio respecto do punto quilométrico final, fixándose no p.q. 32+970, por ser o que se corresponde coas coordenadas UTM ETRS89 f29N (x=524.245 / y=4.783.426) recollidas no propio convenio.
A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, e tendo en conta que o treito obxecto de transferencia non implica interrupción de ningún itinerario, xa que a estrada AG-55 constitúe unha alternativa viaria cun mellor nivel de servizo ao treito da estrada AC-552 entre o p.q. 29+420 e o p.q. 56+460, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.
De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Panificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de xullo de dous mil vinte e seis,
DISPOÑO:
Artigo 1
Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Carballo do seguinte treito da estrada AC-552 da Rede autonómica de estradas de Galicia, xunto co seu dominio público viario:
|
Nº |
Treito |
Inicio |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso29N) |
Final |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso29N) |
Lonxitude (m) |
|
1 |
Treito AC-552: Carballo (rúa do río Anllóns)-parque comercial A Revolta |
p.q. 31+900 da AC-552 |
X = 524.948 y = 4.784.172 |
p.q. 32+970 da AC-552 |
X = 524.245 y = 4.783.426 |
1.055 |
Artigo 2
Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño (DOG núm. 129, do 8 de xullo), para cambiar os datos da estrada AC-552, que quedarán reflectidos do seguinte xeito:
|
Clave |
Denominación |
Treito |
PQi |
PQf |
Lonxitude treito (km) |
Lonxitude total (km) |
Categoría funcional |
Clase de estrada |
Provincia |
|
AC-552 |
A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550 |
A Coruña (A Grela) -Bértoa |
0+000 |
29+420 |
29,42 |
87,90 |
Estruturante |
Estrada convencional |
A Coruña |
|
AC-552 |
A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550) |
Bértoa-Carballo |
29+420 |
31+000 |
1,58 |
87,90 |
Local |
Estrada convencional |
A Coruña |
|
AC-552 |
A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550) |
Carballo (parque comercial A Revolta)-Baio leste (AG-55) |
32+970 |
56+460 |
23,49 |
87,90 |
Local |
Estrada convencional |
A Coruña |
|
AC-552 |
A Coruña (A Grela) - Cee (AC-550) |
Baio leste (AG-55) - Baio (AC-404) |
56+460 |
57+200 |
0,74 |
87,90 |
Complementaria |
Estrada convencional |
A Coruña |
|
AC-552 |
A Coruña (A Grela) - Cee (AC-550) |
Baio (L.T.M. Vimianzo)-Santa Irena (VG- 1.5) |
58+440 |
60+400 |
1,96 |
87,90 |
Local |
Estrada convencional |
A Coruña |
|
AC-552 |
A Coruña (A Grela) - Cee (AC-550) |
Santa Irena (VG-1.5)- Cee (AC-550) |
60+400 |
91+110 |
30,71 |
87,90 |
Estruturante |
Estrada convencional |
A Coruña |
O documento do Catálogo e as súas modificacións poden consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega
Artigo 3
En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da LEG, o Concello de Carballo deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.
Artigo 4
De acordo co establecido no artigo 9.6 da LEG, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.
Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega
Artigo 5
Correspóndelle ao Concello de Carballo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do treito transferido, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.
Disposición derradeira
Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, trece de xullo de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
