No Diario Oficial de Galicia número 74, do 22 de abril de 2026, publícase a Resolución do 31 de marzo de 2026, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Lalín, Verín e Cervo, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva (código de procedemento BS213Y).
O número 6 da cláusula M) do anexo I da dita resolución do 31 de marzo de 2026 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.
Unha vez instruído o procedemento de asignación do concerto de conformidade coas bases de selección da convocatoria, realizada a valoración segundo os criterios de selección e preferencia, e formulada a proposta de adxudicación, con data do 16 de xullo de 2026, o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 16 de xullo de 2026 ditada no procedemento BS213Y de selección das entidades prestadoras de servizos sociais para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Lalín, Verín e Cervo, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva, que se xunta como anexo á presente resolución.
Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada para cada lote.
A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.
O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.
Efectuada a formalización, as entidades concertadas estarán obrigadas a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección das entidades.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026
Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolución do 16 de xullo de 2026 pola que se seleccionan as entidades prestadoras de servizos sociais para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Lalín, Verín e Cervo, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva en cada dispositivo (código de procedemento BS213Y)
A través da Resolución do 31 de marzo de 2026, da Consellería de Política Social e Igualdade, publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Lalín, Verín e Cervo, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva en cada dispositivo (código de procedemento BS213Y).
As entidades presentadas segundo os lotes son as seguintes:
Lote 1. Punto de Encontro Familiar de Lalín.
|
Entidade solicitante |
Data de presentación |
|
Asociación Centro Trama |
18.5.2026 |
|
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
22.5.2026 |
|
Alvalop Servicios XXI, S.L. |
22.5.2026 |
Lote 2. Punto de Encontro Familiar de Verín.
|
Entidade solicitante |
Data de presentación |
|
Asociación Centro Trama |
18.5.2026 |
|
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
22.5.2026 |
|
Fundación Educativa e Social Dignidade |
22.5.2026 |
|
Alvalop Servicios XXI, S.L. |
22.5.2026 |
Lote 3. Punto de Encontro Familiar de Cervo.
|
Entidade solicitante |
Data de presentación |
|
Asociación Centro Trama |
18.5.2026 |
|
Fundación Educativa e Social Dignidade |
22.5.2026 |
|
Alvalop Servicios XXI S.L. |
22.5.2026 |
Examinada a documentación de todas as entidades presentadas, constátase que a entidade Alvalop Servicios XXI, S.L., non está ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente, polo que, de conformidade na alínea d) da cláusula F) da convocatoria, procede a súa exclusión do proceso de concertación.
Avaliadas pola Comisión de Valoración as solicitudes das entidades admitidas, e vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,
RESOLVO:
Primeiro. Seleccionar a entidade que obtén a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do Anexo I da Resolución do 31 de marzo de 2026, para levar a cabo a execución do lote 1: xestión do punto de encontro familiar de Lalín.
Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 1 do concerto:
|
Lote 1-Punto de Encontro Familiar de Lalín |
||
|
Asociación Centro Trama |
G80054760 |
70,50 puntos |
|
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
G27473677 |
71,75 puntos |
Segundo. Seleccionar a entidade que obtén a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 31 de marzo de 2026, para levar a cabo a execución do lote 2: xestión do punto de encontro familiar de Verín.
Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 2 do concerto:
|
Lote 2-Punto de Encontro Familiar de Verín |
||
|
Asociación Centro Trama |
G80054760 |
70,50 puntos |
|
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
G73038457 |
71,75 puntos |
|
Fundación Educativa e Social Dignidade |
G27473677 |
79,50 puntos |
Terceiro. Seleccionar a entidade que obtén a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 31 de marzo de 2026, para levar a cabo a execución do lote 3, xestión do punto de encontro familiar de Cervo.
Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 3 do concerto:
|
Lote 3-Punto de Encontro Familiar de Cervo |
||
|
Asociación Centro Trama |
G80054760 |
71,50 puntos |
|
Fundación Educativa e Social Dignidade |
G27473677 |
79,50 puntos |
Cuarto. Adxudicar a xestión do servizo de punto de encontro familiar de Lalín, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva, do xeito que se indica e polo importe que se sinala, á seguinte entidade:
|
NIF |
Entidade |
|
G73038457 |
Fundación Diagrama Intervención Psicosocial |
Código de procedemento: BS213Y.
Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.
Data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 22.4.2026.
Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30.6.2029.
O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:
|
Distribución de anualidades |
|
|
Anualidade |
Importe |
|
2026 (5 meses) |
54.048,55 € |
|
2027 |
139.195,96 € |
|
2028 |
145.305,60 € |
|
2029 (6 meses) |
75.243.11 € |
Quinto. Adxudicar a xestión do lote 2 do concerto social, punto de encontro familiar de Verín, do xeito que se indica e polo importe que se sinala, á seguinte entidade:
|
NIF |
Entidade |
|
G27473677 |
Fundación Educativa e Social Dignidade |
Código de procedemento: BS213Y.
Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.
Data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 22.4.2026
Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30.6.2029.
O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:
|
Distribución de anualidades |
|
|
Anualidade |
Importe |
|
2026 (5 meses) |
54.048,55 € |
|
2027 |
139.195,96 € |
|
2028 |
145.305,60 € |
|
2029 (6 meses) |
75.243.11 € |
Sexto. Adxudicar a xestión do lote 3 do concerto social, punto de encontro familiar de Cervo, do xeito que se indica e polo importe que se sinala, á seguinte entidade:
|
NIF |
Entidade |
|
G27473677 |
Fundación Educativa e Social Dignidade |
Código de procedemento: BS213Y.
Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.
Data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 22.4.2026.
Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30.6.2029.
O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:
|
Distribución de anualidades |
|
|
Anualidade |
Importe |
|
2026 ( 5meses) |
54.048,55 € |
|
2027 |
139.195,96 € |
|
2028 |
145.305,60 € |
|
2029 ( 6 meses) |
75.243.11 € |
Sétimo. Asinar o concerto social para cada un dos lotes coas entidades seleccionadas dentro dos 30 días seguintes aos da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Noveno. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Anexo I, letra J) da Resolución do 15 de xullo de 2024). Jacobo Rey Sastre.Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
