DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 28 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente SC-128396).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación do acordo de inicio do procedemento de reintegro das prestacións económicas indebidamente recibidas ditado no último domicilio da persoa interesada citada no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para ser notificada do dito acto administrativo.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer para ter coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente advertíndolle que, de non o facer, entenderase efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

A persoa interesada poderá comparecer persoal ou debidamente representada no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Dependencia (rúa Concepción Arenal, nº 7-9), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada a súa publicación no BOE.

O acordo de inicio que se notifica outorga á persoa interesada un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte á recepción da notificación, efectuada por comparecencia, para presentar as alegacións o os documentos que considere convenientes.

A Coruña, 28 de maio de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

SC-128396

12244157S

Acordo de inicio de reintegro da prestación

19.1.2026