De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non o facer, se entenderá practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Dependencia (rúa Concepción Arenal, nº 7-9), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.
Advírtese que contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer demanda perante a xurisdición social no prazo de trinta (30) días, contados desde a recepción deste escrito, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).
A Coruña, 28 de maio de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS210A
|
Número expediente |
DNI |
Contido do acto |
Data documento |
|
FE-127193 |
32591994M |
Resolución desestimada da reclamación previa |
9.3.2026 |
|
CO-124347 |
54704638N |
Resolución desestimada da reclamación previa |
5.3.2026 |
