DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de xullo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de extinción e nova concesión de augas no concello de Padrón (expediente DH.A15.72820).

En cumprimento do previsto nos artigos 163 e 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción da concesión de augas que foi outorgada o día 18.1.2006, cos seguintes datos, e o outorgamento dunha nova concesión, cos mesmos datos:

Solicitante: Padronesa Industrial de Curtidos, S.A. (Picusa).

DNI: ****1326*.

Expediente: DH.A15.72820.

Volume total anual: 657.000 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 62,5 l/s.

Destino: uso industrial.

Orixe: río Ulla.

Lugar: Lapido.

Parroquia: Herbón.

Concello: Padrón

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste nunha captación directa do río Ulla mediante unha caseta de bombeo situada na súa marxe dereita, arredor das coordenadas UTM X=530.761 Y=4.731.764 (ETRS89, H29), con dúas bombas de 90 e 30 kW, e a súa condución, mediante tubaxe de fundición dúctil de 250 mm de diámetro ao longo duns 311 m, ata o depósito de rotura, de 35 m³ de capacidade, situado na parcela de referencia 15066A051009320000ZQ, do que parte outra tubaxe ao longo duns 2,8 km ata o depósito de proceso de almacenamento, de 613 m³ de capacidade, na planta industrial de Picusa no lugar da Matanza.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, que se contarán a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2026

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro