DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se somete a información pública o expediente de extinción por termo do prazo de concesión de augas (expediente DH.A15.29447).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar o expediente de extinción por transcurso do prazo da concesión indicada no anexo, correspondente ao expediente DH.A15.29447.

A persoa interesada poderá presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.29447

Pilar Sabugueiro Bargo

680 m3

Pozo

Doméstico, rega e gandeiro

L: Agro de Arriba
P: Toxos Outos (San Xusto)
C: Lousame