DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 28 de xullo de 2026 Páx. 41862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0975/2025-V e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0975/2025-V e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

A Coruña, 14 de xullo de 2026

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF

Acto que se notifica

PSC-CO-0975/2025-V

33291715C

Resolución

PSC-CO-0068/2026-PPM

32451848K

Resolución

PSC-CO-0072/2026-PRE

76469943A

Resolución

PSC-CO-0133/2026-TRA

54151258N

Resolución

PSC-CO-0134/2026-TRA

49914287D

Resolución