DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 28 de xullo de 2026 Páx. 41838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Touro (expediente IN407A 2023/207-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol na LMT POR809 apoio AODSLSRN//6-28-3, no concello de Touro (expediente IN407A 2023/207-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situado no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitaren a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 14 de xullo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/207-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Instalación de telecontrol na LMT POR809 apoio AODSLSRN//6-28-3.

Concello: Touro.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

1

Raxeira

Polígono: 501

Parcela: 329

Ángel Vázquez Lamas e irmáns