De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, infórmaselles aos interesados que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 14 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAI IN 2025/48.
NIF: Z0285650H.
Acto de notificación: requirimento. Execución forzosa en materia de seguridade industrial.
Concello: Cerceda.
Expediente: SAI IN 2025/60.
NIF: B15655459.
Acto de notificación: requirimento. Execución forzosa en materia de seguridade industrial.
Concello: Vimianzo.
Expediente: SAI IN 2025/35.
NIF: B67851618.
Acto de notificación: requirimento. Execución forzosa en materia de seguridade industrial.
Concello: Cambre.
Expediente: SAI IN 2024/60.
NIF: B42887471.
Acto de notificación: primeira multa coercitiva. Execución forzosa en materia de seguridade industrial.
Concello: Sada.
